Baden-Baden
| Baden-Baden | |
|---|---|
| Escudo | Mapa |
| Situación | |
| Topónimo oficial | {{{topofi}}} |
| País | |
| Estado federal | Baden-Württemberg |
| Rexión administrativa | Karlsruhe |
| Comarca (Landkreis) | Distrito Urbano de Baden-Baden |
| Xeografía | |
| Altitude | 181 m |
| Área | 140,18 km² |
| Poboación (2007) | 54.853 hab. |
| Densidade | 391 hab./km² |
| Política | |
| Alcalde (Bürgermeister) | Wolfgang Gerstner |
| Partido gobernante | CDU |
| Páxina web | www.baden-baden.de |
Baden-Baden é unha cidade alemá situada ao oeste do Land de Baden-Württemberg.
A cidade é famosa polos seus balnearios e as augas termais. Se cadra é por iso que se converteu nun importante destino de vacacións e de descanso, sobre todo para xente adiñeirada. Os seus balnearios atraen xubilados, e o seu casino, xente de gran poder adquisitivo.
Até 1931, a cidade chamábase unicamente Baden, mais para diferenciala da rexión de Baden, duplicáronlle o nome. A cidade ten 54.853 habitantes (decembro de 2007).
Índice |
Historia [editar]
Dise que o emperador romano Caracalla frecuentaba o lugar; na súa lembranza, unhas das termas levan actualmente o seu nome.
No século XIX, a burguesía europea comezou a tomar Baden-Baden como un lugar de descanso. Xurdiron grandes estabelecementos termais, teatro, hipódromo e o casino, un dos máis luxosos do mundo. Tamén aquí está un dos últimos castelos habitados de Europa.
Tras a fin da Segunda Guerra Mundial, Baden-Baden foi sede do comando central das forzas de ocupación francesas en Alemaña.
Persoeiros [editar]
- Fiódor Dostoyevski (1821-1881), escritor ruso residente
- Johannes Brahms (1833-1897), pianista e compositor alemán, residente entre 1863 e 1874
- Wilhelm Furtwängler, director de orquestra (1886-1954)
- Pierre Boulez, compositor francés residente.
Cidades irmandadas [editar]
Menton en Francia, dende 1961.
Moncalieri en Italia, dende 1990.
Freital en Saxonia, dende 1990.
Karlsbad (Karlovy Vary) na República Checa, dende 1998.
Yalta en Ucraína, dende 2000.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||