Hermenegildo Capelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHermenegildo Capelo

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pt) Hermenegildo Carlos de Brito Capelo Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de febreiro de 1841 Editar o valor em Wikidata
Palmela, Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte4 de maio de 1917 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Embaixador do Reino de Portugal (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal
Reino de Portugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Naval (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoExploración, militar (pt) Traducir e Armada Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónoficial da armada , mariño , soldado , explorador , oficial Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarMarinha Portuguesa Editar o valor em Wikidata
Rango militarVicealmirante Editar o valor em Wikidata
Premios


Hermenegildo Carlos de Brito Capelo, nado en Palmela (Setúbal) o 4 de febreiro de 1841 e finado en Lisboa o 4 de maio de 1917, foi un oficial da Mariña portuguesa, explorador do continente africano durante o último cuarto do século XIX.
Participou na célebre travesía entre Angola e a costa do océano Índico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hermenegildo Carlos de Brito Capelo naceu na freguesía de Castelo de Palmela, no concello do mesmo nome, no distrito de Setúbal, onde seu pai, o maior Félix Antonio Gomes Capelo, era gobernador.
Foi o menor de seis irmáns, tres dos cales tamén se distinguiron: Félix António de Brito Capelo, biólogo (1828-1879); João Carlos de Brito Capelo, vicealmirante da Armada e enxeñeiro hidrográfico (1831-1891) e Guilherme Augusto de Brito Capelo, vicealmirante da Armada e científico (1839-1926).

Alistouse na Armada en 1855, terminando os seus cursos catro anos máis tarde. En 1860 embarcou como gardamariña para Angola a bordo da corveta D. Estefânia, ao mando do príncipe Lois, máis tarde rei, permanecendo durante tres anos na estación naval de África Occidental. En 1863 regresou a Lisboa e, o seguiente ano, foi ascendido a subtenente. Ese ano volveu a África, de onde regresou en 1866 para volver inmediatamente despois a Angola, onde permaneceu até 1869, cando foi a Mozambique, volvendo a Lisboa en 1870, para despois partir en dirección a Cabo Verde. En 1871 foi integrado nunha expedición a Guinea e, en 1872, foi enviado a China, de onde volveu a Lisboa en 1876.

As viaxes de exploración[editar | editar a fonte]

En 1875 Luciano Cordeiro fundou a Sociedade de Geografía de Lisboa, reunindo ao seu redor unha elite intelectual, civil e militar. Aínda que as súas accións non foron dirixidas exclusivamente ao continente africano, nos primeiros anos da súa existencia creou a «Comisión Nacional Portuguesa de Exploración e Civilización de África» (Comissão Nacional Portuguesa de Exploração e Civilização da África), máis coñecida como «Comisión de África» (Comissão de África), que asumiu a función de despertar o interesa da opinión pública polas cuestións de Ultramar, e que preparou as primeiras grandes expedicións de exploración científico-xeográfica, recorrendo ao seu financiamrnto por subscrición nacional, e contribuíndo así á definición dunha política colonial portuguesa en África. Estas expedicións tiñan a intención de facer o recoñecemento do río Cuango e as súas relacións co río Zaire, e tamén para comparar a conca deste río coa do Zambeze, concluíndo así a carta da África centro-austral, o famoso Mapa cor de rosa (no que se representaba a pretensión de Portugal de exercer a súa soberanía sobre os territorios entre Angola e Mozambique, nos que hoxe se sitúan Zambia, Zimbabue e Malaui).

A pesar do seu papel clave na defensa da posición portuguesa en África, fronte ao movemento expansionista europeo, a Sociedade de Geografia de Lisboa xurdiu tardiamente, no que respecta á creación de sociedades homólogas ás doutros países europeos. Estas expedicións integrábanse nun contexto político marcado por un forte gromo expansionista europeo, nos dominios do continente africano, anticipándose á histórica Conferencia de Berlín, celebrada en 1885. Exploradores de todas as grandes potencias europeas, lanzados nunha verdadeira rivalidade pola prospección de territorios, obrigou a Portugal a revisar urxentemente a súa política colonial e facer efectiva a súa presenza neses lugares, pero as pretensións portuguesas de ocupación do espazo entre Angola e Mozambique chocaron coas pretensións inglesas, que se materializaron na consecuente reclamación desa zona para o Imperio Británico mediante o ultimato británico de 1890 a Portugal.

A primeira viaxe: de Benguela ás Terras de Iaca[editar | editar a fonte]

Roberto Ivens (de pé) con Hermenegildo Capelo en Iaca.
O obxectivo

Durante a súa estancia en Angola, Brito Capelo realizou o recoñecemento científico daquela zona, o que lle fixo ser elixido, por Decreto de 11 de maio de 1877, para dirixir unha expedición científica á África Central, da que tamén formaban parte o oficial da mariña Roberto Ivens e o maior do exército Serpa Pinto. De acordo co decreto, foron nomeados «para compoñer e dirixir a expedición que debe explorar, en interese da ciencia e a civilización, os territorios que se encontran entre as provincias de Angola e Mozambique, e estudar as relacións entre as concas do Zaire e do Zambeze, segundo as instrucións que recibiran autorizadas polo meu goberno».[1] Baixo os auspicios da Sociedade Geográfica, esta expedición tiña por fin «(...) o estudo do río Cuango nas súas relacións co Zaire e cos territorios portugueses da costa occidental, así como de toda a rexión que comprende ao sur e ao sueste das orixes dos ríos Zambeze e Cunene e se prolonga ao norte, até entrar nas concas dos ríos Kwanza e Kwango...».[2]

Este obxectivo constituía unha vitoria de José Júlio Rodrigues sobre Luciano Cordeiro, xa que este último loitara por unha travesía de costa a costa, a través da rexión dos Grandes Lagos de África central.

A viaxe

O 7 de xullo de 1877 Brito Capelo, Roberto Ivens e Serpa Pinto comezaron a expedición. Feito o traxecto Benguela-Bié, as diverxencias entre Serpa Pinto e Brito Capelo levan á expedición a dividirse, xa que Serpa Pinto, pola súa propia iniciativa, trataba de lograr a travesía até Mozambique. De feito, Luciano Cordeiro, que xamais se conformara co feito de que a expedición non fuera de costa a costa, chegou a considerar a Serpa Pinto como un irmán que compartía o mesmo soño, xa que Serpa Pinto soñaba desde había moit tempo cunha empresa grandiosa en África.[3] Desde o comezo da viaxe Serpa Pinto intentou desviar os obxectivos da expedición. Capelo e Ivens rexeitaron o que consideraban como «os desvaríos de Serpa Pinto», acusárono de falsario e participaron na separación.[4] Serpa Pinto non logrou alcanzar o seu obxectivo, xa que non puido, como era a súa intención declarada, chegar a calquera lugar da costa de Mozambique. Chegou, porén, a Pretoria e, posteriormente, até Durban.[4]

Brito Capelo e Roberto Ivens permaneceron fieis ao proxecto orixinal centrando a súa atención na misión para a que foran nomeados, é dicir, nas relacións entre as concas do Zaire e do Zambeze. Máis tarde explicaron que non tiñan «o dereito a divagar nos sertões, por onde quixeramos, dirixindo o noso itinerario ao leste ou ao norte». Recorreron as rexións de Benguela até ás terras de Iaca, despois de ter delimitado os cursos dos ríos Cubango, Luando e Tohicapa.

O 1 de marzo de 1880, Lisboa recibiu triunfalmente a Brito Capelo e Roberto Ivens, sendo o éxito da expedición perpetuado no libro De Benguela às Terras de Iaca.

A segunda viaxe: de Angola á Contra-Costa[editar | editar a fonte]

Despois de dar conta da importante rota entre o Bié e o Zambeze, e superadas as cataratas Vitoria, Capelo e Ivens foron animados a continuar coas súas expedicións.

O obxectivo

Dada a necesidade de crear un atlas xeral das colonias portuguesas, Manuel Joaquim Pinheiro Chagas, o entón ministro de Mariña e de Ultramar, creou por decreto do 19 de abril de 1883 a Comisión de Cartografía, para a que designou como membros aos dous exploradores. Por outro lado, coa intención de configurar unha rota comercial que unise Angola e Mozambique, nomeounos o 5 de novembro do mesmo ano para facer os recoñecementos e exploracións necesarios. A elección de dous oficiais navais para lograr esta importante misión, relaciónase co feito de que se referían a territorios descoñecidos, non cartografados, nos que era necesario avanzar, usando os principios da navegación marítima, tan familiares a estes exploradores.

A viaxe

Entre 1884 e 1885, Capelo e Ivens realizaron unha nova exploración en África, primeiro entre a costa e a meseta de Huila e logo a través do interior até Quelimane, en Mozambique. Despois continuaron os seus estudos hidrográficos, efectuando non só rexistros xeográficos e naturais, senón tamén de carácter etnográfico e lingüístico. Ademais de estableceren a desexada conexión por terra entre as costas de Angola e Mozambique, exploraron as vastas rexións interiores situadas entre estes dous territorios, e describírona nun libro en dous volumes: De Angola à Contra-Costa. Partindo para esta misión o 6 de xaneiro de 1884, regresaron o 20 de setembro de 1885 e foron recibidos triunfalmente polo rei Lois.

Outras misións e cargos[editar | editar a fonte]

Ouras misións

Posteriormente, Brito Capelo foi nomeado para outras misións, como a de vicepresidente do Instituto Ultramarino, do que foi a primeira presidenta a raíña dona Amelia. Formaron parte da súa primeira dirección figuras eminentes da historia de Portugal, como Roberto Ivens, Andrade Corvo, Luciano Cordeiro, Pinheiro Chagas, António Enes e Oliveira Martins, o que revela tamén a importancia que as autoridades do goberno da época querían dar a esta obra social.

Outros cargos

Hermenegildo Capelo foi axudante de campo dos reis Lois I e Carlos I e xefe da casa militar do rei Manuel II, ministro plenipotenciario de Portugal ante o sultán de Zanzíbar, organizador dun mapa xeográfico da provincia de Angola, delegado do Goberno no Congreso de Bruxelas e presidente da Comisión de Cartografía.
Capelo foi ascendido ao grao de contraalmirante o 17 de maio de 1902 e a vicealmirante o 18 de xaneiro de 1906. Moi dedicado ao rei Manuel II, acompañouno ao partir ao exilio o 5 de outubro de 1910. O 24 dese mes, ao solicitar a renuncia, terminou a súa carreira militar.

Principais publicacións[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Placa conmemorativa colocada na casa na que naceu, en Palmela.

Ao longo da súa carreira, Hermenegildo Capelo recibiu, entre outras, as seguintes distincións:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mendes (1982), p. 18 «para comporem e dirigirem a expedição que há-de explorar, no interesse da ciência e da civilização, os territórios compreendidos entre as províncias de Angola e Moçambique, e estudar as relações entre as bacias hidrográficas do Zaire e do Zambeze, segundo as instruções que receberem autorizadas pelo meu Governo.»
  2. Mendes (1982), p. 18 «…o estudo do rio Cuango nas suas relações com o Zaire e com os territórios portugueses da costa ocidental, assim como toda a região que compreende ao Sul e a sueste as origens dos rios Zambeze e Cunene e se prolonga ao Norte, até entrar pelas bacias hidrográficas do Cuanza e do Cuango…».
  3. Mendes (1982), pp. 18-23.
  4. 4,0 4,1 Mendes (1982), p. 25.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]