Distrito de Setúbal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDistrito de Setúbal
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 38°31′28″N 8°53′33″O / 38.52431, -8.89261Coordenadas: 38°31′28″N 8°53′33″O / 38.52431, -8.89261
EstadoPortugal Editar o valor em Wikidata
CapitalSetúbal Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación788.459 Editar o valor em Wikidata (155,7 hab./km²)
Xeografía
Superficie5.064 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2PT-15 Editar o valor em Wikidata


O distrito de Setúbal é un distrito portugués, dividido entre as provincias tradicionais da Estremadura e do Baixo Alentexo. Limita ao norte co Distrito de Lisboa e co Distrito de Santarém, ao leste co Distrito de Évora e o Distrito de Beja, ao sur co Distrito de Beja e ao oeste co océano Atlántico. Abrangue unha área de 5064 km², que o converte no 8º maior distrito portugués. A súa poboación total son 815.858 habitantes (2006) e a súa capital é a cidade de Setúbal. Actualmente, é o distrito con maior crecemento e desenvolvemento nas áreas de saúde, traballo, economía, turismo, demografía e educación, grazas á súa proximidade ao mar, rede de escolas e facilidade de captación de investimentos.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

O distrito de Setúbal integra trece concellos:

Relevo e hidrografía[editar | editar a fonte]

O relevo do distrito de Setúbal é maioritariamente chan. As principais serras do distrito son a serra da Arrábida e a serra de Grândola, ambas de moi pouca elevación.

O distrito de Setúbal está atravesado polo río Sado e os seus afluentes. O estuario do río Sado ofrece paisaxes de grande beleza na súa beira sur.

Creación[editar | editar a fonte]

O distrito de Setúbal é o máis recente de Portugal. Inicialmente non foi creado pola reforma de Mouzinho da Silveira (1835). Daquela o seu territorio incluíuse no distrito de Lisboa.

O goberno da Ditadura Militar outorgoulle a autonomía ao distrito de Setúbal o 22 de decembro de 1926, en virtude do seu gran crecemento económico.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]