Bié
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bie.
Bié é unha das 18 provincias de Angola. Ten unha superficie de 70.314 km² e unha estimación de 1.350.000 habitantes (2006). A súa capital é Kuito.
Índice |
[editar] Xeografía
A provincia atópase no centro de Angola e limita polo norte coa provincia de Malanje, polo nordeste coa provincia de Lunda Sul, polo leste coa de Moxico, polo sur coa de Cuando Cubango e polo oeste coas provincias de Huila, Huambo e Cuanza Sul.
O seu clima fresco e con abundantes choivas, que fan posible o cultivo de millo, cana de azucre, arroz, café e cacahuete.
A meseta de Bié, na que se sitúa a provincia, está conectada por ferrocarril co océano atlántico.
Morfoloxicamente, o territorio caracterízase polo ser un altiplano cunha altitude máxima de 1.852 msnm. A terra é da máis fértil de Angola e ten polo leste e polo norte o río Cuanza, que nace nesta provincia, que ao discorrer para o norte marca parte da fronteira con Malanje. Polo sudoeste discorre o río Cuchi, un afluente do río Cubango.
As principais poboacións da provincia son: Kuito (114.791 hab.), Camacupa (19.347 hab.), Catabola (19.281 hab.), Catumbela (17.369 hab.) e Chisamba (7.755 hab.).
[editar] Demografía
A poboación da provincia en 1992 estimábase de 1.119.000 habitantes. De acordo coas estatísticas do goberno estadounidense de 1988, a poboación da provincia era de 1.044.000.[1] Estímase que 201.600 persoas desta provincia vivían en zonas urbanas e que 843.400 en zonas rurais.[2]
A provincia contaba con 1.125.000 de habitantes en 1991, estimándose no 2006 de 1.794.387 persoas.[3]
[editar] Linguas
Nesta provincia, a lingua nacional que predomina é o umbundo.[4]
[editar] Municipios
Os municipios desta provincia son:
- Andulo
- Nharea
- Cunhinga
- Chinguar
- Chitembo
- Catabola (Nova Sintra)
- Camacupa (General Machado)
- Cuemba (Neves Ferreira)
- Kuito (Silva Porto)
[editar] Comunas
As comunas desta provincia son:[5]
|
|
|
|
[editar] Personaxes ilustres
O actual presidente da UNITA, Isaías Samakuva, é de Kunji.
[editar] Notas
|
|||||