Orde de Avis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Símbolo da 'Orde de San Bieito de Avis': en campo de prata, cruz flordelisada de verde.

A Orde de San Bieito de Avis, ou de Avís, (inicialmente chamada de Milicias de Évora ou Freires de Évora) foi unha orde relixiosa militar de cabaleiros portugueses. Esta Orde parece ter tido orixe en España, como ramo da Orde de Calatrava, aínda que moitos historiadores afirman a súa creación en Portugal, no século XII, por D. Afonso Henriques.