Hans Holbein o Novo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hans Holbein o Novo foi un pintor e gravador alemán, nado en Augsburgo en 1497 e morto en Londres o 29 de novembro de 1543.
Índice |
[editar] Traxectoria
Fillo segundo do pintor Hans Holbein o Vello (ca. 1465 - 1524), era irmán menor do tamén pintor Ambrosius Holbein (ca. 1493/94 - ca. 1519), xunto ao cal aprendeu no obradoiro paterno.
[editar] Etapa suíza
En 1515, a súa familia asentouse en Basilea, un dos núcleos do humanismo, onde se relacionou con Erasmo de Rotterdam. De 1516 a 1526, estivo a traballar para a alta burguesía de mercadores, e executa retratos, composicións de tamas relixiosos, decoracións murais, cartóns par vitrais e máis gravuras. De aí que o Kunstmuseum da cidade (Museo de arte de Basilea) posúa a máis importante colección mundil de obras da familia Holbein. En tanto, influenciado por Matthias Grünewald, o seu estilo abreuse aos conceptos novedosos da Renacemento italiano.
[editar] Etapa inglesa
En 1526, fuxindo da Reforma protestante, marchou para Londres, sendo recomendado por Erasmo a Thomas More. Esa época constituíu o apoxeo na súa carreira. Realizou de aquelas un proxecto de arco de triunfo para celebrar a entrada de Anne Boleyn en Londres e pintou o famoso cadro Os embaixadores en 1533. Este cadro de Os Embaixadores posúe características epeciais. Unha parte desta obra está realizada consonte o procedemento do anamorfismo[1]. Así, se a nosa mirada se coloca con relación á parte esquerda do cadro, vemos aparecer un cránio humano en medio dos dous persoaxes. A presencia do crçanio torna a obra nun "memento mori", unha "vanitas", que chama á humildade: o embaixadores retratados eran así convidados a lembrar que eran tan mortais como calquer.
No 1536, nomeado como pintor de cámara do rei Henrique VIII de Inglaterra, converteuse no retratista oficial da corte de Inglaterra. En 1543, en plena gloria, faleceu a causa de ter contraído a peste.
Foi un retratista que buscaba, por detrás das apariencias, as expresións significativas dos rostros. Tentou tamén de ás tradicións góticas as novas tendencias humanistas.
[editar] Anecdotario
Fiódor Dostoievski, grande admirador de Holbein, ficou impresionado cando veu en Basilea o seu cadro O corpo de Cristo morto na tumba; segundo a súa opinión «este cadro podet facer perder a fe ». Tanto o turbou a obra que fixo unha longa descrición do mesmo no O Idiota.
[editar] Obras
- Retrato de Bonifazius Amerbach, 1519, Museo de Arte de Basilea
- O corpo de Cristo morto na tumba, 1521, Museo de Arte de Basilea
- A Virxe e o Neno con a familia do Burgomaestre Meyer, 1528, retábulo, óleo sobre madeira, 146,5 X 102 cm., Schlossmuseum de Darmstadt.
- Anne Cresacre, nora de Sir Thomas More, 1528, pedra negra e pastel sobre papel, 37,9 X 26,9 cm. Biblioteca Real, Palacio de Windsor.
- Retrato de Georg Gisze, 1532, óleo sobre madeira, 96,3 X 85,7 cm., Gemäldegalerie Berlín.
- Os embaixadores, 1533 , óleo sobre taboleiro, 207 X 209 cm., National Gallery, Londres.
- Retrato de Sir Richard Southwell, 1536, óleo sobre madeira, 47,5 X 38 cm., Galería Uffizi, Florencia.
- Retrato de Cristina de Dinamarca, 1538, National Gallery, Londres.
- Retrato de Antoine de Lorraine, 1543, Gemäldegalerie, Berlín.
[editar] Galería
|
Unha versión dos Windsor dunha minitura de Catarina Howard |
Erro no código da cita: as etiquetas <ref> existen, pero non se atopou ningunha etiqueta <references/>