Anamorfismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os embaixadores de Hans Holbein o Novo.
Visión lateral do cadro de Holbein mostrando a correción da figura anamórfica.

O anamorfismo é un efecto de ilusión ótica polo cal unha imaxe é proxectada sobre o plano de xeito distorsionado, de modo que o suxeito orixinal sexa recoñecíbel soamente mirando a tal imaxe desde unha posición precisa.

O suxeito orixinal pode ser unha figura nun plano ou ben un obxecto tridimensional. No segundo caso, o observador do anamorfismo percibirá a figura como tridimensional. En certos casos a visión é posíbel utilizando un espello especial, polo normal curvo ou cilíndrico.

A partir do Renacemento diversos pintores fixeron uso do anamorfismo para esconder significados alternativos nunha obra. Leonardo da Vinci debuxou nalgunhas das súas notas variados exemplos de figuras anamórficas.

Na parte inferior do cadro Os embaixadores de Hans Holbein o Novo è visíbel unha extraña figura. Observando a obra desde a dereita, tendo a cabeza cerca do plano, pódese ver claramente que a figura anamórfica é unha calaveira.

A técnica é usada no cine, no teatro e no sector publicitario. Na técnica cinematográfica CinemaScope, o anamorfismo é utilizado para rodar nun formato de pantalla cunha relación base/altura diferente do da película. Lentes especiais (lentes anamórficas) comprimen a imaxe lateralmente (compresión anamórfica) no momento da rodaxe e a reespanden durante a proxección.

Algún artistas contemporáneos están especializados en pintar sobre paredes de edificios, ou sobre beirarrúas, obras anamórficas de xeito que ao pasar ante elas, percíbense cavidades ou obxectos tridimensionais que en realidade non existen.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]