Spencer Treat Clark
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Spencer Treat Clark | |
|---|---|
| Nacemento | Spencer Treat Clark 25 de setembro de 1987 Nova York, Estado de Nova York, |
| Profesión | Actor (1995-presente) |
| Páxina web oficial | |
| Ficha na IMDb | |
Spencer Treat Clark, nado o 25 de setembro de 1987 en Nova York, Estado de Nova York, é un actor estadounidense que apareceu en numerosos filmes, entre os que se inclúen Gladiator, Mystic River e Unbreakable.
Índice |
Traxectoria [editar]
Foi educado en Darien, Connecticut, na escola elemental Hindley ata que asistiu e se graduou no "The Taft School" en Watertown, Connecticut. É o irmán da tamén actriz Eliza Clark.
Comezou a súa carreira como actor en 1995 aparecendo na serie de televisión Another World. O seu debut no cinema foi en Arlington Road interpretando a Grant Faraday.
Clark formouse na Universidade de Columbia en Nova York e actualmente vive n´Os Ánxeles. Como curiosidade, leva un diario para cada filme no que actúa.
Filmografía [editar]
| Filmes | |||
|---|---|---|---|
| Ano | Filme | Personaxe | Notas |
| 2011 | Riding the Pine | Pete | |
| Lawless | Nate Towne | ||
| 2010 | Camp Hope | Timothy | |
| Jolly Bankers | Conrad | ||
| 2009 | The Last House on the Left | Justin | |
| 2007 | Superheroes | Nick Jones | |
| The Babysitters | Scott Miral | ||
| 2005 | Loverboy | Paul (aos 16) | |
| 2003 | Mystic River | Ray Harris | |
| 2000 | Unbreakable | Joseph Dunn | |
| Gladiator | Lucius Verus | ||
| 1999 | Double Jeopardy | Matty (aos 11) | |
| Arlington Road | Grant Faraday | ||
| 1996 | Christmas in Cartoontown | Voz | |
| 1995 | It Was Him or Us | Jesse Pomeroy (para TV) | |
| Long Island Fever | Tom McCarty (para TV) | ||
| Series | |||
| Ano | Título | Papel | Episodios |
| 2009 | The Good Wife | Kenny Chatham | 1 episodio |
| 2004 | Law & Order: Special Victims Unit | Brian Coyle | 1 episodio |
| 1999 | Third Watch | Kyle | 1 episodio |
| 1999 / 1995 | Another World | Steven Michael Frame | 3 episodios |
Premios e Indicacións [editar]
| Premios | ||||
|---|---|---|---|---|
| Ano | Resultado | Premio | Categoría | Filme |
| 2001 | Nomeado | Blockbuster Entertainment Awards | Actor secundario - Favorito Suspense | Unbreakable |
| Nomeado | Young Artist Awards | Mellor Actuación en Filme - Actor Xove | Gladiator | |
| 1997 | Nomeado | Young Artist Awards | Mellor Actuación Dramática - Actor Xove | Another World |
| 1996 | Nomeado | Young Artist Awards | Mellor Actuación de Actor Ata 10 Anos - Televisión | Another World |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Biografía (en inglés)