Garrett Temple
| Washington Wizards – No. 17 | |
| Escolta | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de maio de 1986 (27 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
| Peso | 88 kg (195 lb) |
| Instituto | LSU Laboratory School |
| Información da carreira | |
| Universidade | LSU (2005-2009) |
| Carreira | dende 2009 |
| Historial de equipos | |
| Rio Grande Valley Vipers (2009-2010) Houston Rockets (2010) Sacramento Kings (2010) San Antonio Spurs (2010) Rio Grande Valley Vipers (2010) Erie BayHawks (2010-2011) Milwaukee Bucks (2011) Charlotte Bobcats (2011) Pallacanestro Casale (2011-2012) Erie BayHawks (2012) Reno Bighorns (2012) Washington Wizards (2012-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Garrett Temple, nado o 8 de maio de 1986 en Baton Rouge, Luisiana, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga para os Washington Wizards da National Basketball Association (NBA).
NBA [editar]
En setembro de 2009, Temple asinou cos Houston Rockets coma axente libre, xa que non foi elixido no draft. Non foi convocado no primeiro partido, e foi enviado aos Rio Grande Valley Vipers da D-League. Fixo 14.9 puntos, 3.7 rebotes e 3.4 asistencias por partido cos Vipers, e os Rockets ofrecéronlle dous contratos de dez días o 8 de febreiro do 2010.[1][2]
O 3 de marzo de 2010, Temple asinou un contrato de dez días cos Sacramento Kings.[3]
Tras expirar ese contrato, o 13 de marzo asinaría outro contrato de 10 días, pero desta vez cos San Antonio Spurs.[4] O 23 de marzo asinou cos Spurs un contrato para o resto da tempada. O 6 de abril saíu coma titular por primeira vez pola lesión de George Hill, e anotou 15 puntos, con 4 asistencias e 3 rebotes en 27 minutos de xogo. O 11 de novembro de 2010, Temple foi cortado polos Spurs.
Máis tarde asinaría outra vez cos Vipers, pero foi traspasado o 31 de decembro aos Erin BayHawks a cambio de Jeff Adrien.
O 25 de xaneiro de 2011, asinou un contrato de 10 días cos Milwaukee Bucks,[5] e asinou outro máis o 4 de febreiro cos Bucks.[6]
O 7 de marzo de 2011, Temple asinou un contrato de 10 días cos Charlotte Bobcats,[7] asinou outro o día 17,[8] e o día 28 de marzo os Bobcats lle contrataron para o resto da tempada.[9]
O 13 de setembro de 2012, Temple asinou cos Miami Heat.[10] Foi cortado o 27 de outubro de 2012,[11] e voltou ós Erie BayHawks.[12] Os BayHawks traspasaron a Temple ós Reno Bighorns.
O 25 de decembro de 2012, Temple asinou cos Washington Wizards.[13]
Notas [editar]
- ↑ "Rockets add Temple". USA Today. 8 de febreiro de 2010. Consultado o 11 de febreiro do 2010.
- ↑ "Rockets waive Cook, sign Temple to 10-day contract". USA Today. 20 de febreiro do 2010. Consultado o 20 de febreiro de 2010.
- ↑ "Kings Add Garrett Temple From D-League". RealGM. 3 de marzo de 2010. Consultado o 3 de marzo de 2010.
- ↑ Spurs Sign Garrett Temple To 10-Day Contract. NBA.com. 13 de marzo de 2010. Consultado o 14 de marzo de 2010.
- ↑ "Bucks Sign Garrett Temple to 10-Day Contract". NBA.com. 2011-01-25. http://www.nba.com/bucks/release/temple_110125.html. Consultado o 2011-01-26.
- ↑ "Bucks Sign Garrett Temple to 10-Day Contract". NBA.com. 2011-01-25. http://www.nba.com/bucks/release/temple_110125.html. Consultado o 2011-01-26.
- ↑ "Bobcats Sign Guard Garrett Temple to 10-Day Contract". NBA.com. 2011-03-07. http://www.nba.com/bobcats/release_bobcats_sign_temple_110307.html. Consultado o 2011-03-07.
- ↑ "Bobcats Sign Garrett Temple to Second 10-Day Contract". NBA.com. 2011-03-17. http://www.nba.com/bobcats/110317_release_temple.html. Consultado o 2011-03-20.
- ↑ "Bobcats Sign Guard Garrett Temple for Remainder of 2010-11 Season". NBA.com. 2011-03-28. http://www.nba.com/bobcats/release_temple_110328.html. Consultado o 2011-03-29.
- ↑ Heat sign Temple
- ↑ Miami Heat waive guard Garrett Temple
- ↑ Full List of 2012 Returning, Affiliate and Local Tryout Players Invited to NBA D-League Training Camps
- ↑ Wizards Sign Shelvin Mack And Garrett Temple