Gabeador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gabeador norteño
Gabeador norteño
Clasificación Científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Certhiidae
Xéneros
Certhia
Salpornis

Gabeador é o nome vulgar aplicado xenericamente ás aves passeriformes da familia Certhidae, formada polos xéneros Certhia e Salpornis.

Os gabeadores típicos son todos de aspecto moi semellante, e non é doado diferenciar as diferentes especies. Son aves pequenas que viven en hábitats boscosos coa plumaxe da parte superior do corpo parda e a da inferior branca. Teñen bicos finos e curvados cara abaixo, que usan para extraer insectos da casca das árbores. Na cola teñen unas plumas moi tesas que usan, ó xeito dos petos, para suxeitarse en árbores verticais.

Fan os niños en fendas dos troncos ou entre o casqueiro das árbores.

[editar] Taxonomía

Segundo as investigacións máis recentes, que teñen en conta estudos das secuencias de ADN e da estrutura do canto (Tietze et al., 2006), recoñécense as seguintes especies de gabeadores:

Estas especies forman dúas liñas evolutivas. As primeiras catro son o resultado dunha irradiación holártica, mentres que o resto de especies do xénero Certhia están distribuídas nunha área ó sur e o leste do Himalaia, sendo o gabeador de Hodgson o único representante do antigo antecesor do gabeador común presente ó sur destes montes.

A especie Salpornis spilonotus, de plumaxe manchada que a distingue claramente do resto da familia, vive na África subsahariana e no norte da India.

[editar] Notas

  • Tietze, Dieter Thomas; Martens, Jochen & Sun, Yue-Hua (2006): "Molecular phylogeny of treecreepers (Certhia) detects hidden diversity", en Ibis journal 148(3): 477-488

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas