Furaño de xardín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Furaño de xardín
Crocidura suaveolens
Crocidura suaveolens
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Soricomorpha
Familia: Soricidae
Subfamilia: Crocidurinae
Xénero: Crocidura
Especie: C. suaveolens
Nome binomial
Crocidura suaveolens
Pallas, 1811
Distribución da especie

Distribución da especie
Sinonimia
  • antipas, Matschie, 1901.
  • aralychensis, Saturnin, 1914.
  • ariadne, Pieper, 1979.
  • astrabadensis, Goodwin, 1940.
  • balcanica, Ondrias, 1970.
  • balearica, Miller, 1907.
  • bogdanowii, Tichomirov e Kortchagin, 1889.
  • bruecheri, Lehmann,1928.
  • caneae, Miller, 1909.
  • cantabra, Cabrera, 1908.
  • cassiteridum, Hinton, 1924.
  • corsicana, Heim de Balsac e Reynaud, 1940.
  • cypria, Bate, 1904.
  • cyrnensis, Miller, 1907.
  • debeauxi, Dal Piaz, 1925.
  • dinnicki, Ognev, 1922.
  • enezsizunensis, Heim de Balsac e Beauford, 1966.
  • fumigatus, dei Filipi, 1863.
  • gueldenstaedtii, (Pallas, 1811).
  • iculisma, Mottaz, 1908.
  • italica, Cavazza, 1912.
  • longicaudata, Tichomirov e Kortchagin, 1889.
  • mimula, Miller, 1901.
  • mimuloides, Cavazza, 1912.
  • minor, de Sélys Longchamps, 1839.
  • minuta, Lydekker, 1902.
  • monacha, Thomas, 1906.
  • oyaensis, Heim de Balsac, 1940.
  • pamirensis, Ognev, 1928.
  • praecypria, Reumer e Oberli, 1988.
  • sarda, Cavazza, 1912.
  • tristami, (Bodenheimer, 1935).
  • uxantisi, Heim de Balsac, 1951.

O furaño de xardín (Crocidura suaveolens) é unha especie de mamífero soricomorfo da familia Soricidae.

Descrición[editar | editar a fonte]

É un soricido de dentes brancos semellante ao furaño común, (Crocidura russula). Co lombo de cor acastañada, ventre grisáceo ás veces amarelado, coa cola cuns caracteristicos pelos longos. Na Europa continental e na Península Ibérica as súas dimensións medran de norte a sur. A poboación de Menorca é a de maior tamaño.

Distribución[editar | editar a fonte]

De ampla distribución no Paleártico, entre os 23º e os 56º N. Dende o sur da Península Ibérica até o Xapón, Corea e China oriental. Presente en numerosas illas do Canle da Mancha e do mar Mediterráneo. En España localízase desde a desembocadura do río Guadalquivir, costa onubense e de Portugal, límites do norte de Cáceres e sur de Salamanca, internandose no val do Tietar, noroeste de Zamora, gran parte de Galicia, Cornixa Cantábrica, norte Burgos, Biscaia, Álava, Guipúscoa e Navarra. Na área mediterránea está presente no nordés de Girona. Ocupa a illa de Menorca.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Na Península Ibérica ocupa diversos medios na zona de influencia atlántica, mentres que na rexión mediterránea fica relegada aos ambientes húmidos. Non parece colonizar medios antropóxenos como en Europa.

Depredación[editar | editar a fonte]

En Centroeuropa ten unha ampla relación de depredadores tanto réptiles como aves e mamíferos. Na Península Ibérica é depredado principalmente por rapaces nocturnas. En Menorca é deprededa pola curuxa e maila martaraña, (Meles meles).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Furaño de xardín
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Furaño de xardín