Curuxa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Curuxa é o nome vulgar xenérico de diversas especies de aves da orde das Estrixiformes que non comparten un mesmo xénero zoolóxico. Entre as especies ás que se aplica este nome están a curuxa común (Tyto alba), a curuxa gabián (Surnia ulula), a curuxa das xunqueiras (Asio flammeus) e a curuxa moura (Asio capensis). En Galicia o xenérico curuxa é sinónimo en moitos casos de curuxa común.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa bioloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |