Francisco Rodríguez Araya
Francisco Rodríguez | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Francisco José Rodríguez Araya | ||
Nacemento | 14 de setembro de 1995 | ||
Lugar de nacemento | Zürich | ||
Altura | 1,76 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | FC Schaffhausen | ||
Número | 44 | ||
Carreira xuvenil | |||
–2011 | Schwamendingen | ||
2011–2012 | Winterthur | ||
2012–2014 | Zürich | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2014–2015 | Zürich | 28 | (2) |
2015–2017 | VfL Wolfsburg II | 11 | (4) |
2015–2017 | VfL Wolfsburg | 1 | (0) |
2016 | → Arminia Bielefeld (cedido) | 9 | (0) |
2016–2017 | → FC Luzern (cedido) | 25 | (6) |
2017–2019 | FC Luzern | 33 | (5) |
2019–2020 | Lugano | 10 | (1) |
2020– | FC Schaffhausen | 31 | (4) |
Selección nacional | |||
2013–2014 | Suíza sub-19 | 7 | (0) |
2014–2016 | Suíza sub-20 | 3 | (0) |
2014–2016 | Suíza sub-21 | 8 | (1) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 19 de maio de 2021. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Francisco José Rodríguez Araya, nado en Zürich o 8 de febreiro de 1995, é un futbolista suízo de orixes galega e chilena. Xoga de centrocampista no FC Schaffhausen.
É o irmán máis novo do internacional Ricardo Rodríguez e do extremo Roberto Rodríguez.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Orixes[editar | editar a fonte]
Naceu en Zürich, sendo fillo de José Manuel Rodríguez, un emigrante galego de Crecente, e de Marcela, unha chilena de Viña del Mar.[1][2]
FC Zürich[editar | editar a fonte]
Criouse futbolisticamente na canteira do FC Zürich, debutando co primeiro equipo na Superliga suíza o 20 de xullo de 2014 no derbi contra o Grasshopper, gañando por 1-0.[3] En agosto debutou en competición europea, xogando contra o Spartak Trnava na previa da Europa League 2014/15. Xa na fase de grupos xogou cinco dos seis encontros do seu equipo, contra Borussia Mönchengladbach, Villarreal e Apollon Limassol, sen poder clasificarse para a seguinte rolda.
VfL Wolfsburg[editar | editar a fonte]
Despois dun ano no primeiro equipo do Zürich, mudouse a Alemaña no verán de 2015, para xogar xunto a seu irmán Ricardo no VfL Wolfsburg, onde asinou un contrato de tres anos. Alí xogou no equipo filial e debutou co primeiro equipo na Bundesliga na xornada 17 fronte ao VfB Stuttgart.[4] Foi ademais convocado para un encontro da Liga de Campións, pero non chegou a saír do banco.
En xaneiro saíu cedido ao Arminia Bielefeld e xogou na segunda división alemá ata o final de tempada.[5] Ao remate desta o Wolfsburg volveuno ceder, esta vez ao FC Luzern, da Super Liga suíza.[6]
FC Luzern[editar | editar a fonte]
En xuño de 2017, despois dunha tempada cedido no Luzern, foi traspasado ao club branquiazul, xogando neste ata a tempada 2018/19.
FC Lugano[editar | editar a fonte]
En xuño de 2019 fichou xunto a Olivier Custodio polo FC Lugano, tamén da Super Liga.[7] Con este club volveu disputar a Europa League, xogando contra Malmö na fase de grupos.
FC Schaffhausen[editar | editar a fonte]
En maio de 2020 incorporouse ao FC Schaffhausen, da Challenge League (segunda división suíza), xunto ao seu irmán Roberto.[8][9]
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Foi internacional coa selección suíza sub-19 en 2013, e despois foino coas sub-20 e sub-21. En agosto de 2014, o adestrador Jorge Sampaoli convocouno para xogar coa selección chilena dous amigables contra México e Haití, pero rexeitou a invitación.[10] Volveu ser convocado en agosto de 2015 para un partido contra Paraguai, aceptando inicialmente,[11] pero retractándose uns días despois, para continuar na selección sub-21 de Suíza.[12]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Gómez, Pablo (23 de novembro de 2009). "«Es un orgullo para Suiza que seamos hijos de emigrantes»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 19 de maio de 2021.
- ↑ Bernardo, J. (8 de abril de 2016). "Sangre gallega para batir a Navas". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 19 de maio de 2021.
- ↑ "Zürich vs. Grasshopper 1 - 0". soccerway.com (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2021.
- ↑ "Stuttgart vs. Wolfsburg 3 - 1". soccerway.com (en castelán). Consultado o 19 de maio de 2021.
- ↑ "Arminia leiht Wolfsburgs Rodriguez aus" (en alemán). 22 de xaneiro de 2016. Consultado o 19 de maio de 2021.
- ↑ "FCL: Jantscher geht in die Türkei, Rodriguez kommt leihweise". luzernerzeitung.ch (en alemán). 31 de agosto de 2016. Consultado o 19 de maio de 2021.
- ↑ "Olivier Custodio und Francisco Rodriguez wechseln ins Tessin, Salah Aziz Binous in die Innerschweiz." (en alemán). 18 de xuño de 2019. Consultado o 19 de maio de 2021.
- ↑ "Rodriguez-Brüder verstärken den FC Schaffhausen" (en alemán). 9 de setembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2021. Consultado o 18 de maio de 2021.
- ↑ "FC Schaffhausen holt gleich zwei Rodriguez-Brüder" (en alemán). 9 de setembro de 2020. Consultado o 18 de maio de 2021.
- ↑ "Francisco Rodríguez declina convocatoria de Chile y seguirá jugando con Suiza". Mundo Deportivo (en castelán). 21 de agosto de 2014. Consultado o 19 de maio de 2021.
- ↑ "Francisco Rodriguez soll für Chile spielen" (en alemán). 16 de agosto de 2015. Consultado o 19 de maio de 2021.
- ↑ "Francisco Rodriguez überraschend aufgeboten" (en alemán). 24 de agosto de 2015. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2021. Consultado o 19 de maio de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en Soccerway (en castelán).
- Datos do xogador Arquivado 19 de maio de 2021 en Wayback Machine. no sitio web oficial do FC Schaffhausen (en alemán).