2. Bundesliga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A 2. Bundesliga ou Zweite Bundesliga é a segunda categoría da Liga de fútbol de Alemaña. Está por debaixo da máxima categoría profesional, a 1. Bundesliga, e por riba da terceira división (3. Liga) creada en 2008.

Índice

[editar] Equipos

[editar] Tempada 2010/11

Club Cidade Estadio Aforo
Alemannia Aachen Aquisgrán Novo Tívoli 21.300
Rot-Weiß Oberhausen Oberhausen Niederrheinstadion 21.318
FC Augsburg Augsburgo Impuls Arena 30.000
MSV Duisburg Duisburgo MSV-Arena 31.500
FSV Frankfurt Fráncfort del Meno Commerzbank-Arena 52.300
1860 München Múnich Allianz Arena 69.901
VfL Bochum Bochum Rewirpowerstadion 32.000
Hertha Berlin Berlín Olímpico de Berlín 76.000
FC Ingolstadt 04 Ingolstadt Audi Sportpark 15.000
VfL Osnabrück Osnabrück Osnatel-Arena 16.130
FC Erzgebirge Aue Aue Erzgebirgsstadion 16.350
Energie Cottbus Cottbus der Freundschaft 22.450
Arminia Bielefeld Bielefeld SchücoArena 28.008
Karlsruher SC Karlsruhe Wildparkstadion 32.306
Fortuna Düsseldorf Düsseldorf ESPRIT arena 51.500
SC Paderborn 07 Paderborn Energieteam Arena 15.000
SpVgg Greuther Fürth Fürth Playmobil-Stadion 15.200
1. FC Union Berlin Berlín Alte Försterei 18.100

[editar] Sistema de competición

Actualmente participan na 2. Bundesliga 18 clubs que, seguindo un calendario establecido por sorteo, se enfrontan entre si en dous partidos, un en terreo propio e outro en campo contrario. O gañador de cada partido ten tres puntos, o empate outorga un punto e a derrota, cero puntos.

O torneo despútase entre os meses de agosto e maio do seguinte ano. Ao término da tempada, os dous primeiros clasificados ascenden á 1. Bundesliga, e o terceiro clasificado desputará o seu ascenso co antepenúltimo clasificado da 1.Bundesliga. Os dous últimos son descendidos á 3. Liga e o antepenúltimo clasificado desputará a súa permanencia co terceiro clasificado da 3. Liga.

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas