Ferdinando (lúa)
| Descubrimento | |
|---|---|
| Descuberta por | Matthew J. Holman John J. Kavelaars Dan Milisavljevic Brett J. Gladman |
| Descuberta en | 13 de agosto do 2001[1][2] (confirmado no 2003[1][3]) |
| Características orbitais | |
| Radio orbital medio | 20.901.000 km[4] |
| Excentricidade | 0,3682 |
| Período orbital | 2887,21 d |
| Inclinación | 170° (respecto da eclíptica)[5] |
| é satélite de | Urano |
| Características físicas | |
| Radio medio | 10 km (estimado)[5] |
| Área superficial | ~1.300 km2 (estimada) |
| Volume | ~4.200 km³ km3(estimado) |
| Masa | ~5,4 x 1015 kg (estimada) |
| Densidade media | 1,3 g/cm3 (asumida) |
| Período de rotación | ? |
| Oblicuidade da eclíptica | ? |
| Albedo | 0,04 (asumido)[5] |
| Temperatura superficial | ~65 K (estimada) |
Ferdinando é o máis externo dos satélites irregulares retrógrados de Urano. Foi descuberta por Matthew J. Holman, John J. Kavelaars, Dan Milisavljevic, e Brett J. Gladman o 13 de agosto do 2001 e recibiu a designación provisional de S/2001 U 2.
A pesar de ser visto de novo o 21 de setembro e o 15 de novembro do 2001, e tamén o 13 de agosto e o 5 de setembro do 2002, foi considerado perdido. Finalmente sería redescuberto o 24 de setembro do 2003 por Scott S. Sheppard a partir de imaxes obtidas por el mesmo e David C. Jewitt o 29-30 de agosto e o 20 de setembro do mesmo ano. Confirmando as observacións feitas Holman o 30 setembro.
Designado tamén Urano XXIV, foi máis tarde bautizado co nome do fillo do rei de Nápoles na obra de William Shakespeare, A tempestade.
Índice |
Órbita [editar]
Ferdinando é o satélite máis exterior de Urano. Segue unha órbita retrógrada, modestamente inclinada pero extremadamente excéntrica. O diagrama ilustra os parámetros orbitais dos satélites irregulares retrógrados de Urano (en coordenadas polares) coa excentricidade das órbitas representada polos segmentos amarelos que se estenden dende o pericentro ó apocentro.
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 Daniel W. E. Green (01-10-2003). "IAUC 8213: S/2001 U 2, S/2002 N 4; C/2003 S4". IAU Circular. http://www.cfa.harvard.edu/iauc/08200/08213.html. Consultado o 19-12-2008.
- ↑ Jennifer Blue (16-10-2008). "Planet and Satellite Names and Discoverers". Working Group for Planetary System Nomenclature (WGPSN). http://planetarynames.wr.usgs.gov/append7.html#UranianSystem. Consultado o 10-12-2008.
- ↑ Scott S. Sheppard. "New Satellites of Uranus Discovered in 2003". Institute for Astronomy at the University of Hawaii. http://www.ifa.hawaii.edu/~sheppard/satellites/uranus2003.html. Consultado o 10-12-2008.
- ↑ Jacobson, R.A. (2003) URA067 (28-06-2007). "Planetary Satellite Mean Orbital Parameters". JPL/NASA. http://ssd.jpl.nasa.gov/?sat_elem#uranus. Consultado o 23-01-2008.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Scott S. Sheppard; David C. Jewitt, Jan Kleyna (2005). "An Ultradeep Survey for Irregular Satellites of Uranus: Limits to Completeness" (pdf). The Astronomical Journal 129 (1): 518–525. DOI:10.1086/426329. Arxiv:astro-ph/0410059. http://www.ifa.hawaii.edu/~jewitt/papers/2005/SJK2005.pdf. Consultado o 20-10-2009. "Table 3 ... ri (km) ... 36 ... i Radius of satellite assuming a geometric albedo of 0.04."
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ferdinand Profile by NASA's Solar System Exploration (en inglés)
- David Jewitt pages (en inglés)
- Uranus' Known Satellites (by Scott S. Sheppard) (en inglés)
- Ephemeris (en inglés)
|
|||||||||||||||||