Úrsula (cráter)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Úrsula
Titania (moon) labeled.jpg
Titania cos nomes dos accidentes xeolóxicos que posúe, o cráter Úrsula está na parte inferior da imaxe.
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Titania
Diámetro 135 km[1]
Profundidade  ?
Coordenadas 12,4° S 45,2° E[1]
Procedencia do nome personaxe da obra de William Shakespeare, Much Ado About Nothing.[1]

Úrsula é un gran cráter da superficie da lúa do planeta Urano, Titania. Ten ó redor de 135 km de ancho, e está cortado pola Belmont Chasma.[1] O seu nome está tomado da comedia de William Shakespeare, Much Ado About Nothing.[1][nota 1]

Úrsula ten un foso central dun diámetro aproximado de 20 km. É probablemente o cráter máis recente de entre os grandes cráteres que posúe Titania. O cráter está rodeado de suaves planicies, as cales amosan a densidade máis baixa de cráteres de impacto de entre tódolos accidentes xeolóxicos de importancia de Titania, exceptuando que están cortadas pola Belmont Chasma. Estas planicies poden ser depósitos de material expulsado no impacto que produciu o cráter Úrsula ou tamén poderían ser produto do criovulcanismo.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Os accidentes xeolóxicos de Titania reciben nomes de personaxes femininos das obras de Shakespeare.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Titania:Ursula". Gazetteer of Planetary Nomenclature. USGS Astrogeology. http://planetarynames.wr.usgs.gov/Feature/6245?__fsk=-151450137. Consultado o 11-08-2011.
  2. Plescia, J.B.. "Cratering history of the Uranian satellites: Umbriel, Titania and Oberon". Journal of Geophysical Research 92 (A13): 14,918–32. DOI:10.1029/JA092iA13p14918. http://adsabs.harvard.edu/abs/1987JGR....9214918P.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]