Messina Chasma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Messina Chasma
Messina Chasma.jpg
O gran cráter Gertrude, na parte superior dereita e Messina Chasma, o gran canón de Titania, na parte inferior esquerda da fotografía.
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Titania
Lonxitude 1492 km[1]
Profundidade  ?
Coordenadas 33,3° S 335° E[1] (coord. centrais)
Procedencia do nome vila que aparecen na obra de William Shakespeare, Much Ado About Nothing.[1]


Messina Chasma é o canon máis grande da superficie da lúa de Urano, Titania; recibiría o nome dunha das vilas que aparecen na comedia de William Shakespeare, Much Ado About Nothing.[1]

Características[editar | editar a fonte]

O canon-depresión ten 1.492 km de lonxitude e está composto por dúas fallas normais que corren en dirección NO-SL, estas fallas levan consigo a formación de bloques na superficie chamados graben e horst, os graben serían os bloques que estarían nas depresións das fallas e os horst serían os bloques elevados entre as fallas (vésaxe o diagrama para visualiza-lo fenómeno).[2] O canon corta varios cráteres de impacto, o cal probablemente significa que a formación desta Chasma sucedeu nun estadio relativamente tardío na evolución da lúa,[3] cando o interior de Titania se expandiu e coma resultado a súa cortiza de xeo rachou.[4] A chasma ten un pouquiños cráteres superpostos, o que reafirma que está chasma é unha estrutura xeolóxica relativamente nova. Messina Chasma foi fotografada por primeira vez pola sonda espacial Voyager 2 en xaneiro do 1986.[2]

Diagrama explicativo da aparición dos Graben e Horst.


Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Titania: Messina Chasmata". Gazetteer of Planetary Nomenclature. USGS Astrogeology. http://planetarynames.wr.usgs.gov/jsp/FeatureNameDetail.jsp?feature=64039. Consultado o 25-06-2009. 
  2. 2,0 2,1 Smith, B.A.; Soderblom, L.A.; Beebe, A. e o seu equipo. (1986). "Voyager 2 in the Uranian System: Imaging Science Results". Science 233: 97–102. DOI:10.1126/science.233.4759.43. PMID 17812889. http://adsabs.harvard.edu/abs/1986Sci...233...43S. 
  3. Plescia, J.B. (1987). "Cratering history of the Uranian satellites: Umbriel, Titania and Oberon". Journal of Geophysical Research 92 (A13): 14,918–32. DOI:10.1029/JA092iA13p14918. http://adsabs.harvard.edu/abs/1987JGR....9214918P. 
  4. Conferencia a cargo de Croft, S.K. "New geological maps of Uranian satellites Titania, Oberon, Umbriel and Miranda" (1989), edición da conferencia a cargo do "Lunar and Planetary Sciences Institute" e recollida na obra "Proceeding of Lunar and Planetary Sciences" vol. 20, pax 205C

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]