MBC Dinamo Moscova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
MBC Dinamo Moscova
МБК Динамо Москва
Competición PBL
Fundado 1923-1997
2001 (refundación)
Cidade Flag of Russia.svg Moscova (Rusia)
Pavillón Krylatskoe Sport Palace (5.000)
Cores           Azul e branco
Historia Dinamo Moscova (dende 1923)
Presidente Evgeny Gomelsky
Adestrador Sergei Bazarevich
ULEB Cup 1 (2006)
Liga URSS 2 (1937, 1948)
Sitio Web www.dynamobasket.com

O MBC Dinamo Moscova (en ruso: МБК Динамо Москва) é un club profesional de baloncesto da cidade de Kazán, Rusia. Actualmente compite na PBL, a máxima competición do baloncesto ruso. Disputa os seus partidos como local no Complexo Deportivo Krylatskoe, cunha capacidade para 5.000 espectadores. O club foi fundado en 1923, aínda que por motivo económicos desapareceu en 1997. Finalmente foi refundado en 2001, chegando a gañar a ULEB Cup en 2006.

Historia[editar | editar a fonte]

Evgeny Voronov, xogador do MBC Dinamo Moscova.

Fundado en 1923, dentro da Unión Soviética, o Dinamo é un dos máis antigos clubs deportivos do país. O seu nome foi elixido porque Dínamo significa "poder en movemento". O club foi apoiado pola Dirección Política do Estado (GPU), un aparello policial da URSS. É por iso que o equipo sempre foi coñecido como o club da policía, mentres que o seu eterno rival da cidade, o CSKA Moscova era o club do Exército Vermello. Con todo, a conexión entre a policía e os deportistas do Dinamo é inexistente dende hai anos. O Dinamo gañou rapidamente unha reputación fóra das fronteiras da Unión Soviética debido ao seu éxito nos principais deportes como fútbol, balonmán, hóckey xeo e, por suposto, o baloncesto. O Dinamo de Moscova de baloncesto gañou o Campionato da URSS en 1937 e 1948, chegando a disputar tamén a final en 1944 e 1990.

En 1997 o Dinamo Moscova desapareceu debido a problemas financeiros pese haber xogado por primeira vez na Euroliga. Non foi senón até 2001 cando o Dinamo reapareceu na escena do baloncesto ruso. O MBC Dinamo de Moscova foi refundado ese mesmo ano baixo o apoio da sociedade Dinamo e o seu presidente Vladimir Pronichev. No ano 2006 o club gañaría o seu primeiro título europeo, a ULEB Cup, tras vencer na final por 73–60 ao Aris BSA grego no Spiroudome de Charleroi (Bélxica).

Palmarés[editar | editar a fonte]

Estatal[editar | editar a fonte]

  • Campionato de baloncesto da Unión Soviética: 2

Europeo[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: MBC Dinamo Moscova

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]