Eurocephalus anguitimens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eurocephalus anguitimens

Eurocephalus anguitimens
pousado no chan en Namibia
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Oscines
Infraorde: Corvida
Superfamilia: Corvoidea
Familia: Laniidae
Xénero: Eurocephalus
Especie: E. anguitimens
Nome binomial
Eurocephalus anguitimens
A. Smith, 1836
Subespecies
Véxase o texto
Abaixo, área de distribución de E. anguitimens

Eurocephalus anguitimens é unha especie de ave da orde dos paseriformes, infraorde dos Corvida, suborde dos oscines e familia dos lánidos, unha das dúas integradas no xénero Eurocephalus.

A especie compren de dúas subespecies de picanzos que se distribúen pola África austral.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1836 polo cirurxián, médico militar, explorador etnólogo e zoólogo escocés Andrew Smith,[2] na páxina 52 da súa obra Report of the expedition for exploring central Africa from the Cape of Good Hope.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, ver Eurocephalus.

O epíteto específico deriva do latín Anguitinens, portador da serpente, estrela da constelación Ophiuchus, ou Serpentarius (Eurocephalus).[3]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Na especie recoñécense dúas subespecies:[4]

  • Eurocephalus anguitimens anguitimens A. Smith, 1836
  • Eurocephalus anguitimens niveus Clancey, 1965

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Os hábitats deste picanzo son os bosques secos tropicais e as sabanas arboradas e arbustivas.[1]

Distribución[editar | editar a fonte]

A especie distribúese por Angola, Botsuana, Mozambique, Namibia, Suráfrica e Zimbabue.[1]
(Ver mapa á dereita).

Características[editar | editar a fonte]

Ten unha lonxitude duns 24 cm. Ambos os sexos son iguais. Na ave adulta, a coroa (parte superior da cabeza) e a fronte son de cor branca pura, e a cabeza presenta un anteface negro que se estende por encima e por debaixo do ollo até o comezo do pescozo. A caluga e as partes superiores do corpo son de cor parda concenta, e as ás e a cola, relativamente longa, son de cor parda escura. As partes inferiores son abrancazadas, e a parte superior da peituga é branca con tons algo escuros. As zonas da parte inferior do abdome son de cor parda cincenta. O bico é negro, os ollos marróns e as patas marrón escuro. Os xuvenís son similares ás aves adultas, pero a coroa é lixeiramente pencada e con bandas grises en lugar de brancas. O mento e a garganta son brancos, pero as partes restantes das partes inferiores están tinxidas de cor parda cincenta.[5]

Costumes[editar | editar a fonte]

Eurocephalus anguitimens, ao igual que o seu próximo parente Eurocephalus ruppelli, é unha especie altamente sociábel que forma pequenos grupos, estreitamente unidos, xeralmente constituídos por de tres a seis individuos, pero ocasionalmente até vinte, fóra da época da reprodución, cuxos membros participan na construción dos niños e fan quendas para chocaren os ovos e axudan na alimentación dos pitos.[6][5]

Non son, en xeral, aves agresivas, pero atacan aos depredadores, como as aves de presa. Cando se alimentan, ás veces asócianse con especies de Tockus (aves da familia dos bucerótidos), alimentándose dos insectos que encontran na súa beira mentres camiñan.[5]

Status[editar | editar a fonte]

Eurocephalus anguitimens ten unha área de dispersión moi ampla e se describe como moi común nalgúns lugares (aínda que raro noutros). Non se recoñecen ameazas particulares, e a súa poboación parece estábel. Por estas razóns, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) avaliuou o seu estado de conservación como LC (pouco preocupante).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 BirdLife International (2016): Eurocephalus anguitimens na Lista vermella da UICN. Versión 2019-1. Consultada o 12 de abril de 2019.
  2. Eurocephalus A. Smith, 1836 no ITIS.
  3. Jobling, James A. (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  4. Eurocephalus anguitimens A. Smith, 1836 no ITIS.
  5. 5,0 5,1 5,2 Lefranc 1997, pp. 175–177.
  6. Southern White-crowned Shrike Eurocephalus anguitimens Arquivado 11 de abril de 2016 en Wayback Machine. en The Internet Bird Collection (IBC).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]