Cardeal (ave)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cardeal
Pyrrhula pyrrhula bl1.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Cordados
Subfilo: Vertebrados
Clase: Aves
Orde: Paseriformes
Familia: Frinxílidos
Xénero: Pyrrhula
Nome científico
Pyrrhula pyrrhula
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O cardeal ou cardeal de Eurasia (Pyrrhula pyrrhula) é un pequeno paxaro da familia dos frinxílidos.

Índice

Características [editar]

É un pequeno paxaro, duns 10 centímetros de longo, cun gran dimorfismo sexual: o macho ten a cabeza negra, o lombo gris e un rechamante peito dun vermello intenso. Porén, a femia ten o peito algo claro, cun lombo e unha cabeza grises. Tanto o macho como a femia teñen unha fita branca nas ás.

Hábitat [editar]

É un paxaro común en Europa e nas zonas tépedas de Asia. É fundamentalmente unha ave estábel, pero os exemplares que viven nas rexións máis setentrionais realizan migracións cara ao sur no verán. Vive tamén en parques e xardíns, e prefire os bosques de coníferas.

Comportamento [editar]

Femia (dereita) e macho (esquerda) de cardeal

Fai o niño en árbores e arbustos, con postas de entre catro e sete ovos. Aliméntase sobre todo de sementes e de abrochos de froiteiras.

Viven en parella ou en familias reducidas, e non forman grandes comunidades nin bandadas. Como dato curioso, os espermatozoides do cardeal son redondeados e cun acrosoma romo, feito non frecuente entre os paseriformes.

O Cardeal dos Azores, que nun comezo se crera unha subespecie deste cardeal, agora tense por unha especie de seu.

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: