Elefante asiático

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elefante asiático

O elefante asiático (Elephas maximus) é o mamífero máis grande que se pode atopar na actualidade en Asia. A súa distribución orixinal estendíase dende o sur da China e Indonesia occidental, até as costas do golfo Pérsico e o sur de Mesopotamia, de onde desapareceu xa no Neolítico. Hoxe podémolo atopar polas terras de Sri Lanka, sur e nordés da India, Bangladesh, Indochina, Malaca, Sumatra e nordeste de Borneo; tanto en estado salvaxe como domesticado, e é moi frecuente en zoos e circos. Está considerada como unha especie en perigo de extinción.

[editar] Subespecies

Existen catro subespecies de elefantes asiáticos:

É probábel que as poboacións presentes en Oriente Próximo e China, as que xa foron extintas, pertencesen a subespecies diferentes ás enriba mencionadas. A primeira era de gran tamaño, máis grande que a subespecie existente de Sri Lanka, segundo fontes clásicas, desaparecido no ano 100 a. C. En canto á subespecie china, denomínase Elephas maximus rubridens e é descrito en fontes chinas como de cor moi escura e molares dunha cor lixeiramente rosada. Extinguiuse no século XV.

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Elefante asiático

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas