Eremurus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eremurus

Eremurus himalaicus
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Tracheophytes (clado)

Angiosperms (clado)

(sen clasif.): Monocots (clado)
Orde: Asparagales
Familia: Asphodelaceae
Subfamilia: Asfodeloideae
Xénero: Eremurus
Especie tipo
Eremurus spectabilis
Sinonimia[1]
  • Ammolirion Kar. & Kir.
  • Henningia Kar. & Kir.
  • Selonia Regel

Eremurus é un xénero de plantas anxiospermas perennes e deciduas da familia Asphodelaceae. Son nativas do leste de Europa (Rusia e Ucraína), e da Asia temperada, desde Turquía á China.[1][2]

A súa inflorescencia consiste nunha alta espiga floral cuxas flores estenden as anteras aredor do eixe do talo como as do xénero Callistemon. Dependendo da especie, a espiga pode constar de moitas pequenas flores densamente agrupadas de tons laranxas, amarelos, brancos, rosa claro ou vermellas-laranxas. As follas verde cincentas con forma de fita crecen nun penacho desde a coroa da raíz suculenta. Eremurus é coñecida polas súas raíces grosas como dedos, que crecen desde un punto de crecemento central. A espiga en flor é notablemente alta e relativamente estreita, erguéndose normalmente desde 0,9 a 3,0 m por riba da follaxe, dependendo da variedade. Estas plantas son principalmente nativas de Asia central e occidental, aínda que Eremurus thiodanthus é endémica de Crimea.[3]

Cultivo[editar | editar a fonte]

Entre as especies de Eremurus máis cultivadas están:

  • E. himalaicus crece ata uns 1,2 m de alto, con espigas brancas puras.
  • E. robustus pode chegar aos 2,4-3,0 m de altura con espigas de flores rosas ou brancas.
  • E. stenophyllus, unha especie anana, acada os 0,61-0,91 m de altura, con flores amarelas.

Ademais está E. × isabellinus, que é un híbrido de E. olgae e E. stenophyllus recibe o nome comercial de "Cleopatra", con espigas laranxas.[4]

O cultivar "Joanna" gañou o Award of Garden Merit da Royal Horticultural Society inglesa. [5]

As raíces tuberosas parecidas a un polbo desta planta poden danarse doadamente; recoméndase plantala nun cono de terra, coa coroa na punta e as raíces colgando. Ás plantas aféctalles axiña a podremia da raíz en inverno, polo que se recomenda poñer unha capa de area ou grava por debaixo para asegurar a drenaxe. Para protexela da xeada pode cubrirse con compost ou humus.[6][7]

Especies[editar | editar a fonte]

Existen as seguintes especies:[1]

Follas de Eremurus vendidas como alimento en Armenia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Kew World Checklist of Selected Plant Families
  2. Flora of China Vol. 24 Page 159 独尾草属 du wei cao shu Eremurus Marschall von Bieberstein, Fl. Taur.-Caucas. 3: 269. 1819
  3. "Botany.com: Eremurus". Arquivado dende o orixinal o 2008-07-20. Consultado o 2008-07-08. 
  4. CBG 2017.
  5. "Eremurus 'Joanna'". RHS. Consultado o 7 de xuño de 2020. 
  6. "Mrs Greenfingers: How to Grow Eremurus". Arquivado dende o orixinal o 2011-10-04. Consultado o 2008-07-08. 
  7. "Love to Know Garden: Eremurus". Arquivado dende o orixinal o 2008-06-25. Consultado o 2008-07-09. 
  8. PBS 2014.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]