Ein deutsches Requiem

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Johannes Brahms en torno a 1866.

Ein deutsches Requiem, Op. 45 (en galego Un Requiem alemán) é unha grande obra de Johannes Brahms para orquestra, coro e solistas, composta entre 1865 e 1868. Está composta de sete partes e ten unha duración de entre 65 e 80 minutos, o que a converten na obra máis longa do compositor alemán. Ein deutsches Requiem é unha obra sacra, mais non litúrxica, e a diferenza da longa tradición de Réquiems escritos en latín, Ein deutsches Requiem está escrito en lingua alemá.

Historia[editar | editar a fonte]

No seu propio catálogo, Brahms indica unha única etapa de composición do seu Requiem: «Verán de 1866, Zuric e Baden-Baden»[1]. Non obstante, a xénese da obra foi longa, prolongándose dende 1854 ata 1868.

A nai de Brahms morreu en febreiro de 1865, unha perda que provocou nel moita dor e ben puido ter inspirado Ein deutsches Requiem. Os prolongados sentimentos despois da morte de Robert Schumann en xullo de 1856 puideron ser tamén motivacións, aínda que a súa reticencia sobre estes feitos faino incerto.[2]

A súa idea orixinal era a dunha obra de seis movementos; de acordo cos seus lugares eventuais na versión final, estes eran os movementos 1–4 e 6–7.[3] A finais de abril de 1865, Brahms rematara xa o primeiro, segundo e cuarto movementos. O segundo movemento empregaba algo de material musical abandonado que escribira en 1854, o ano do colapso mental e intento de suicidio de Schumann, e o traslado de Brahms a Düsseldorf para axudar a Clara Schumann e os seus fillos pequenos.[2]

Brahms rematou toda a obra agás o que agora é a quinta parte en agosto de 1866.[4] Johann Herbeck dirixiu os tres primeiros movementos en Viena o 1 de decembro de 1867. Esta estrea parcial foi mal dibido a un malentendido coa puntuación da partitura de timbal. As seccións marcadas como pf foron tocadas como f ou ff, afogando ao resto da orquestra na sección fugada do terceiro movemento.[5] A primeira interpretación dos seis movementos foi estreada na Catedral de Bremen seis meses despois no Venres Santo, o 10 de abril de 1868, baixo a dirección do propio compositor e con Julius Stockhausen como barítono solista.[4] A interpretación foi un grande éxito e marcou un punto de inflexión na súa carreira.[2]

En maio de 1868 Brahms compuxo un movemento adicional, que se convertería no quinto movemento na versión final. O novo movemento, que foi escrito para soprano solista e coro, foi cantado por primeira vez o 12 de setembro de 1868 en Zürich por Ida Suter-Weber, baixo a batuta de Friedrich Hegar á fronte da Tonhalle Orchester Zürich. A versión final de sete movementos de Ein deutsches Requiem foi estreada en Leipzig o 18 de febreiro de 1869 pola Gewandhausorchester Leipzig e coro, dirixidos por Carl Reinecke e con Emilie Bellingrath-Wagner e Franz Krükl como solistas.[4] Posteriormente interpretouse por toda Europa, e Brahms comezou a ser considerado como un compositor de importancia.[6]

A partitura foi publicada por Rieter-Biedermann en Leipzig en novembro de 1868.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Trátase dun híbrido entre a cantata e o oratorio, onde a sensibilidade está moi próxima á misericordia, a compaixón e o optimismo,[7] o que a afasta do réquiem no sentido litúrxico, así como da Misa de defuntos ou dunha intencionalidade sacra. Neste sentido, Brahms afástase da tradición católica, e se sitúa na órbita das ensinanzas do luteranismo ao seleccionar textos bíblicos que eluden referencias á vida eterna, ao xuízo final ou a un Deus castigador.

Instrumentación[editar | editar a fonte]

Ademais da utilización de coro e soprano e barítono solistas, a partitura de Brahms require da utilización de:

Instrumentación de Ein deutsches Requiem
Madeiras
2 frautas, piccolo, 2 óboes,2 clarinetes, 2 fagots e contrafagot (contrafagot ad libitum).
Metais
4 trompas, 2 trompetas, 3 trombóns e tuba.
Percusión
Timbais.
Cordas
16 violíns primeiros, 16 violíns segundos, 12 violas, 12 violonchelos e 8 contrabaixos

arpa (unha parte, preferiblemente dobrada)

Teclado
Órgano

Partes[editar | editar a fonte]

Gravacións de The Holden Consort Orchestra and Choir.

Título Solo Tonalidade Tempo Compás Fonte Tradución
I  
Selig sind, die da Leid tragen Fa Maior Ziemlich langsam und mit Ausdruck
(Moi lento e expresivo)
Matthew 5:4 Benaventurados os que soportan o sufrimento
Die mit Tränen säen, werden mit Freuden ernten D-flat major Psalm 126:5–6 Os que sementaron con bágoas, con alegría segarán
Selig sind, die da Leid tragen Fa Maior Benaventurados os que soportan o sufrimento
II  
Denn alles Fleisch, es ist wie Gras Si bemol menor Langsam, marschmäßig (Lento, como unha marcha) 3/4 1 Peter 1:24 Para toda carne, é como a herba
So seid nun geduldig Sol bemol Maior Etwas bewegter (Un pouco máis movido) James 5:7 Así ser paciente
Denn alles Fleisch, es ist wie Gras Si bemol menor Tempo I Para toda carne, é como a herba
Aber des Herrn Wort bleibet in Ewigkeit Si bemol Maior Un poco sostenuto 1 Peter 1:25 Mais a palabra do Señor permanece para sempre
Die Erlöseten des Herrn werden wiederkommen Allegro non troppo Isaiah 35:10 Os rescatados do Señor volverán
Freude, ewige Freude Tranquillo Alegría, eterna alegría
III  
Herr, lehre doch mich Bar Re menor Andante moderato Psalm 39:4 Señor, esíname
Ach, wie gar nichts Bar 3/2 Psalm 39:5–6 Ah, como en balde
Ich hoffe auf dich Re Maior Psalm 39:7 A iña esperanza está en ti
Der Gerechten Seelen sind in Gottes Hand 4/2 Wis 3:1 As almas dos xustos están na man de Deus
IV  
Wie lieblich sind deine Wohnungen Mi bemol Maior Mäßig bewegt (Moderadamente movido) 3/4 Psalm 84:1,2,4 Que bonitas son as túas moradas
V  
Ihr habt nun Traurigkeit Sop Sol Maior Langsam (Lento) John 16:22 Agora tes tristeza
Ich will euch trösten Isaiah 66:13 Eu vos consolarei
Sehet mich an Sop Si bemol Maior Sirach 51:27 Mírame
Ich will euch trösten Eu vos consolarei
Ihr habt nun Traurigkeit Sop Agora tes tristeza
Ich will euch trösten Sol Maior Eu vos consolarei
VI  
Denn wir haben hie keine bleibende Statt Dó menor Andante Hebrews 13:14 Porque aquí non temos un lugar duradeiro
Siehe, ich sage euch ein Geheimnis Bar Fa díese menor 1 Cor 15:51–52 Velaquí, dígovos un misterio
Denn es wird die Posaune schallen Dó menor Vivace 3/4 1 Cor 15:52 Porque a trompeta (literalmente trombón) soará
Dann wird erfüllet werden Bar 1 Cor 15:54 Entón será cumprido
Der Tod ist verschlungen in den Sieg 1 Cor 15:54–55 A morte ten sido devorada na vitoria
Herr, du bist würdig Dó maior Allegro 4/2 Rev 4:11 Señor, ti es digno
VII  
Selig sind die Toten F major Feierlich (Solemne) Rev 14:13 Benaventurados os mortos
Ja, der Geist spricht, daß sie ruhen A major Si, o espírito di que eles descansan
Selig sind die Toten F major Benaventurados os mortos

Gravacións[editar | editar a fonte]

Ano Director Soprano Barítono Coro Orquestra Selo
1947 Herbert von Karajan Elisabeth Schwarzkopf Hans Hotter Wiener Singverein Wiener Philharmoniker EMI
1954 Bruno Walter Irmgard Seefried George London Westminster Choir New York Philharmonic Sony
1955 Rudolf Kempe Elisabeth Grummer Dietrich Fischer-Dieskau Chor der St. Hedwigs-Kathedrale Berliner Philharmoniker EMI
1957 Sergiu Celibidache Agnes Giebel Hans Hotter Chor des Kölner Rundfunks Orchester des Kölner Rundfunks Audiophile Classics
1960 Sergiu Celibidache Agnes Giebel Hermann Prey Coro di Milano delta RAI Orchestra Sinfonica di Milano delta RAI IDIS
1961 Otto Klemperer Elisabeth Schwarzkopf Dietrich Fischer-Dieskau Philharmonia Chorus Philharmonia Orchestra EMI
1967 Ernest Ansermet Agnes Giebel Hermann Prey Chorale de la Suisse Romande Orchestre de la Suisse Romande Decca
1977 Lorin Maazel Ileana Cotrubas Hermann Prey New Philharmonia Chorus New Philharmonia Orchestra Sony
1985 Georg Solti Kiri Te Kanawa Bernd Weikl Chicago Symphony Chorus Chicago Symphony Orchestra Decca
1964 Herbert von Karajan Gundula Janowitz Eberhard Waechter Wiener Singverein Berliner Philharmoniker Deutsche Grammophon
1976 Herbert von Karajan Anna Tomowa-Sintow José van Dam Wiener Singverein Berliner Philharmoniker EMI
1978 Carlo Maria Giulini Ileana Cotrubas Dietrich Fischer-Dieskau Edinburgh International Festival Chorus London Philharmonic Orchestra BBC Music
1983 Giuseppe Sinopoli Lucia Popp Wolfgang Brendel Prager Philharmonischer Chor Tschechische Philharmonie Deutsche Grammophon
1983 Herbert von Karajan Barbara Hendricks José van Dam Wiener Singverein Wiener Philharmoniker Deutsche Grammophon
1987 Carlo Maria Giulini Barbara Bonney Andreas Schmidt Konzertvereinigung Wiener Staatsopernchor Wiener Philharmoniker Deutsche Grammophon
1991 Helmuth Rilling Donna Brown Gilles Cachemaille Gächinger Kantorei Stuttgart Bach-Collegium Stuttgart Hänssler Classic
2010 Nikolaus Harnoncourt Genia Kühmeier Thomas Hampson Arnold Schoenberg Chor Wiener Philharmoniker RCA Red Seal

Gravacións doutras versións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Guide de la musique sacrée et chorale profane — de 1750 à nos jours, sld. François-René Tranchefort, Fayard, 1993, páxs. 113-120
  2. 2,0 2,1 2,2 Steinberg, 69. GoogleBooks partial preview Retrieved 1 September 2011.
  3. McCorkle, Margot L (1990). Bozarth, George S, ed. Brahms Studies: Analytical and Historical Perspectives. Oxford: Clarendon. pp. 306–307. ISBN 0-19-311922-6. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Steinberg, 68
  5. Thuleen, N. "Ein deutsches Requiem: (Mis)conceptions of the Mass." Retrieved 1 September 2011.
  6. Cf. Roberto L. Pájares Alonso, Historia de la música en 6 bloques. Bloque 1. Músicos y contexto, Aebius, Madrid, s.f., páx. 351.
  7. Cf. José Carlos Carmona, «Más allá del sonido y la muerte», en VV.AA., Símbolos estéticos, Universidad de Sevilla, 2001, páx. 143.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]