Tomás González Ahola
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tomás González Ahola, nado en Vilaboa o 14 de febreiro de 1981, é un tradutor e editor galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Estudou filoloxía clásica na Universidade de Santiago de Compostela. É tradutor de linguas inglesa e finesa a galega. Traduciu títulos para Rinoceronte editora e sobre todo para Urco, empresa editorial da que foi cofundador en 2007. No ano 2011 foi tamén un dos fundadores de Contos Estraños Editora.
É fillo de Tuula Ahola.
Obra [editar]
Narrativa [editar]
- Galiza mutante: poder nuclear, 2013, Contos Estraños, Urco.
Traducións [editar]
- O bosque dos raposos aforcados: ouro, delincuentes e belezas, de Arto Paasilinna, 2006, Rinoceronte.
- O corvo, de Edgar Allan Poe, 2007, Urco.
- O muiñeiro ouveador, de Arto Paasilinna, 2007, Rinoceronte.
- Conan, a filla do xigante de xeo, de Robert E. Howard, 2008, Urco.
- A casa no confín, de William Hope Hodgson, 2009, Urco.
- Contos das illas extraordinarias do Atlántico, de T. W. Higginson, 2009, Urco.
- A gorida do verme branco, de Bram Stoker, 2009, Urco.
- O monstro metálico, de Abraham Merritt, 2009, Urco.
- Nun vidro misterioso, de Sheridan Le Fanu, 2009, Urco.
- A praga escarlata, de Jack London, 2009, Urco.
- Se o socialismo chegase, de Edward Bellamy, 2009, Urco.
- O horror de Dunwich, seguido de O que murmuraba na escuridade, de H.P. Lovecraft, 2010, Urco.
- Nas montañas da loucura, de H. P. Lovecraft, 2010, Urco.
- Conan I, de Robert E. Howard, 2011, Urco.
- Conan II, de Robert E. Howard, 2012, Urco.
- A sombra sobre Innsmouth, de H. P. Lovecraft, 2012, Urco.
Obras colectivas [editar]
- A chamada de Cthulhu e outros relatos de terror cósmico, de H.P. Lovecraft, 2010, Urco. Cotradutor, con Fran Morell e Rodrigo Vizcaíno.
Premios [editar]
- Premio ao mellor tradutor do 2012 en Redelibros.