Jan Bart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jan Bart
Nacemento21 de outubro de 1650
Lugar de nacementoDunkerque
Falecemento27 de abril de 1702
Lugar de falecementoDunkerque
SoterradoÉglise Saint-Éloi de Dunkerque
NacionalidadeReino de Francia
Ocupacióncorsario e militar
CónxuxeMarie Jacqueline Tugghe
FillosFrançois-Cornil Bart
PremiosKnight of the Royal and Military Order of Saint Louis
Na rede
WikiTree: Bart-66 Find a Grave: 22011 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Estatua en homenaxe a Jean Bart na Praza Jean Bart en Dunkerque. Creado por David d'Angers, no 1845
O Place Jean Bart, no centro de Dunkirk

Jan Bart (ou Jean Bart), nado en Dunkerque, foi un mariño flamengo ao servizo da mariña francesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Dunkerque no seo dunha familia de pescadores. En 1662, Bart nesa época era súbdito británico, entra ao servizo dun navío dedicado ao contrabando. En 1666 enrólase na mariña holandesa, pero cando en 1672 comezaron as hostilidades entre Lois XIV e as Provincias Unidas entrou ao servizo de Francia, en 1674 captura o seu primeiro barco inimigo, en 1676 captura 28 navíos e en 1677 está ao mando dunha pequena frota de seis navíos. A pesar da súa orixe humilde, polas súas fazañas en 1679 ascendeu ao grao de tenente, capitán en 1686 e en 1697 almirante. A paz de Ryswick puxo fin ao seu servizo activo, pero por causa da súa coraxe e fazañas arriscadas converteuse nun heroe popular.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]