Dodge (automoción)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dodge
Logo
Tipofabricante de automóbiles, división, empresa de capital aberto, marca comercial, marca de automóbiles e marca rexistrada
Área de operaciónAmérica do Norte, América do Sur, Europa, Oriente Medio, Angola, Exipto, Brunei e Filipinas
Data de fundación1900
Data de disolución1928
Fundador(es)John Francis Dodge e Horace Elgin Dodge
Nomeado en referencia aJohn Francis Dodge e Horace Elgin Dodge
Organización matrizChrysler
SedeAuburn Hills, Michigan
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://www.dodge.com/
Facebook: dodge Twitter: Dodge Instagram: dodgeofficial Pinterest: dodgeperu Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Dodge é un fabricante estadounidense de automóbiles, SUV e camións. Teñen a súa sede en Auburn Hills, Míchigan. É propiedade de Stellantis.

Historia[editar | editar a fonte]

Coche dos irmáns Dodge, de 1917.

Dodge foi creado polos irmáns Horace e John Dodge en 1900. Dodge foi vendido a Chrysler en 1928. A mediados do século XX Dodge produciu automóbiles en diversos estados, entre eles España ou Brasil. Nese país latinoamericano foi inaugurado un museo sobre os modelos producidos alí.[1]

En 2010, Dodge anunciou que escindiría a división Ram, converténdoa na súa propia marca.

Versión de Barreiros do Dodge Dart[editar | editar a fonte]

Vista frontal dun Dodge 3700 GT.

Desde 1965 a 1977 unhas versións do Dodge Dart foron fabricadas na fábrica Barreiros de Villaverde. Un total de 17 589 unidades foron fabricados en España.

En 1969 os irmáns Barreiros cederon o control da fábrica a Chrysler debido ás malas vendas, pero a compañía americana deixou un gran número de partes non utilizadas dos Dart acumulándonse na fábrica.

O Dodge Dart GL era un modelo básico,[2] e o Dodge Dart GT era a versión "deportiva",[3] unha versión posterior foi o Dodge 3700 GT,[4] o "3700" do nome é un número de referencia aos 3,7 litros de desprazamento.

Todos os Dart tiveron o maior motor de gasolina xamais montado nunha produción masiva de coches en España nesa época, o Chrysler Slant 6 225 in³.

Unha versión Diésel do Dart, chamada Barreiros Diésel fabricouse tamén nese tempo,[5] este modelo era moi básico, con luces traseiras parecidas ás da primeira xeración do Simca 1000.

A produción dos Dart españois finalizou en 1977. Peugeot comprou a fábrica de Villaverde, así como as operacións europeas de Chrysler en España, Francia e o Reino Unido.

A partir de 1970 moitos Dodge Dart que servían como coches oficiais foron vendidos, aínda que quedaron uns poucos en servizo. O atentado a Luis Carrero Blanco do 20 de decembro de 1973 foi realizado mentres viaxaba no seu Dodge Dart 3700 GT.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]