Vila-seca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Santo Estevo.

Vila-seca é un municipio de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona, na comarca do Tarragonès. Segundo datos de setembro de 2009 a súa poboación era de 21.550 habitantes. Componse dos núcleos urbanos de la Pineda, na costa, e la Plana, no límite do termo municipal tocando a Reus.

Ata a década de 1980 mantivo o seu nome tradicional de Vila-seca de Solcina, tomando logo o nome de Vila-seca i Salou. En 1989, Salou segregouse do municipio tras unha longa polémica.

Dentro do termo municipal atópase parte do parque temático de Port Aventura, un dos principais motores económicos do concello, xuntamente co turismo.