La Secuita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLa Secuita
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°12′12″N 1°16′46″L / 41.203226, 1.279376Coordenadas: 41°12′12″N 1°16′46″L / 41.203226, 1.279376
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
ProvinciaProvincia de Tarragona
Ámbito funcional territorialCamp de Tarragona
ComarcaTarragonès Editar o valor em Wikidata
CapitalLa Secuita (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.800 (2023) Editar o valor em Wikidata (101,12 hab./km²)
Número de fogares30 (1553) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie17,8 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude169 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of La Secuita (en) Traducir Editar o valor em WikidataEudald Roca Gracia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal43765 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE43144 Editar o valor em Wikidata
Código territorial IDESCAT431444 Editar o valor em Wikidata

Sitio weblasecuita.cat Editar o valor em Wikidata

La Secuita é un concello da provincia de Tarragona, en Cataluña, situado na comarca do Tarragonès. Inclúe os núcleos de L'Argilaga, Les Gunyoles, Sant Roc, La Secuita e Vistabella.

Historia[editar | editar a fonte]

A repoboación da zona que hoxe ocupa La Secuita foi encargada polo mosteiro de Santes Creus a Guillem de Claramunt. O termo municipal seguiu en mans do cenobio que foi adquirindo os diversos masos da zona; compra que se completou no século XIII coa adquisición de Vistabella. O alcalde era nomeado desde o propio mosteiro.

Trala desaparición das señorías, os distintos núcleos de poboación uníronse para formar un único municipio. O último en integrarse foi o de Les Gunyoles que o fixo en 1842.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1920 1940 1960 1981 2000 2012
980 1.069 931 825 914 1.131 1.607

Economía[editar | editar a fonte]

A principal actividade económica é a agricultura, destacando o cultivo da viña. Outros cultivos importantes son as alfarrobeiras, abeleiras e oliveiras.

Cultura[editar | editar a fonte]

Igrexa de Vistabella

No núcleo antigo de La Secuita atópase a igrexa parroquial dedicada a Santa María. Ten tres naves laterais construídas en diferentes períodos mentres que a nave central é de estilo gótico.

A igrexa de L'Argilaga está dedicada a San Roque e é de construción recente xa que se edificou logo da Guerra Civil. Aí atópase tamén o edificio coñecido como Casa dels Frares construído no século XVIII. As festas maiores celébranse no mes de agosto e como festa de inverno celébrase a festividade de San Paulo, copatrón do pobo.

O arquitecto modernista Josep Maria Jujol edificou en Vistabella unha igrexa dedicada ao Sagrado Corazón. As obras iniciáronse en 1918 por encargo dos habitantes do lugar que non dispoñía de igrexa. O templo foi construído cun certo aire rústico utilizando materiais sinxelos como a pedra ou a madeira.

A festa maior de La Secuita ten lugar no mes de agosto. Teñen tamén tradición as festas de San Sebastián no mes de xaneiro e as de San Cristovo en xullo.

Transporte[editar | editar a fonte]

O 26 de decembro de 2006 inaugurouse, a medio camiño entre Perafort e La Secuita, a estación de Camp de Tarragona, pertencente á liña de alta velocidade Madrid-Barcelona-Fronteira francesa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]