Gandesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°3′10″N 0°26′21″E / 41.05278°N 0.43917°E / 41.05278; 0.43917

Gandesa
Escut de Gandesa.svg
Catalonia-Terra Alta-Gandesa.jpg
Vista da vila de Gandesa
Situación xeográfica
Gandesa en Cataluña
Gandesa
Gandesa
Gandesa en Provincia de Tarragona
Gandesa
Gandesa
País España España
Comunidade autónoma Cataluña Cataluña
Provincia Diputació copy.jpg Tarragona
Comarca Terra Alta
Xeografía
Altitude 368 msnm
Superficie 71,2 km²
Poboación
Poboación 3 091 hab. (2014)
Densidade 43,41 hab./km²
Xentilicio Gandesà, gandesana
Información
Código postal 43780
Alcalde Carles Luz Muñoz (CIU)
Páxina web Páxina oficial

Gandesa é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona, e é a capital da comarca da Terra Alta, situada no centro desta. Ata 1923 foi distrito electoral (xunto a Tortosa e Roquetes) escollendo un deputado a Cortes.

Como cabeza comarcal é sede do Consello Comarcal e duns xulgados de primeira instancia. Posúe tamén un instituto e unha escola de capacitación agraria.

Demografía[editar | editar a fonte]

1900 1930 1950 1970 1981 1986 2006
3.767 3.250 3.094 2.807 2.831 2.736 3.090

Economía[editar | editar a fonte]

Unha actividade económica importante do municipio é a produción vinícola. A localidade é a sede do Consello regulador da denominación de orixe Terra Alta. Tamén se cultivan cereais de secaño, amendoeiras e oliveiras (o aceite da Terra Alta goza do recoñecemento dunha denominación de orixe protexida).

Cabe destacar que hoxe en día perdeu importancia a actividade agrícola, gañando importancia a industria, principalmente a de manipulación de papel e cartón.

Historia[editar | editar a fonte]

Gandesa foi o escenario de combates das guerras carlistas, durante as cales chegou a ser cercada ata sete veces polo xeneral Ramón Cabrera, e da batalla do Ebro durante a Guerra Civil Española.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

  • Sitio arqueolóxico do Coll do Mouro. Trátase dun asentamernto da tribo ibérica dos ilercavones situado nos arredores da poboación.
  • Igrexa da Asunción, con elementos románicos.
  • Palacio do Castelán, con elementos arquitectónicos dos ss. XIII e XIV.
  • Cooperativa agrícola. De estilo modernista, é unha das mellores obras do arquitecto Cèsar Martinell xunto á cooperativa agrícola de o Pinell de Brai e foi declarada Ben de Interese Cultural na categoría de monumento pola Generalitat de Cataluña.
  • Centro de Estudos da Batalla do Ebro.
  • A Fontcalda, a 13 km do pobo. É unha paraxe natural de gran beleza, a beiras do río Canaletas.
  • Sierra de Pandols. Lugar desde onde se pode gozar dunha magnifica vista e contemplar o Monumento á Paz que se construíu para recordar aos combatentes que morreron nestas paraxes durante a Batalla do Ebro da Guerra Civil (1938-1939).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gandesa Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]