Arbolí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista xeral de Arbolí
Localización de Arbolí na provincia de Tarragona

Arbolí é un municipio da comarca do Baix Camp, na provincia de Tarragona, na comunidade autónoma de Cataluña. Dentre do seu térmimo municipal atópase o lugarciño de Gallicant. Escasamente poboado, en 2006, contaba con 105 habitantes, sobre unha área de 20,77 km2. As súas coordenadas son 41º14'38 N e 0º56'59L.

Índice

[editar] Historia

Cóidase que a súa orixe atópase nun antigo asentamento sarraceno, mais até o 1600 no aparece en documentos a forma Arbolí. Pertenceu á baronía de Entença e máis tarde ao condado de Prades.

Logo as súas terras pasaron aos duques de Cardona, para máis adiante acabar no ducado de Medinaceli. A localidade participou de forma activa na sublevación carlista de 1827.

Até 1990 formou parte da comarca do Priorat, pero a revisión efectuada pasou o concello á do Baix Camp.

[editar] Patrimonio cultural

A igrexa parroquial està dedicada a Santo André (Sant Andreu en catalán). É un edificio de tres naves con coro, de estilo neoclásico que ten adosado o campanario. Este templo foi destruído en 1936, e até mesmo acabar fixo funcións de cortello.

Na zona de Colls áchase unha capela adicada a San Salvador. Construída no século XVII, consta dunha nave única.

Igrexa parroquial de Sant Andreu

Los Castillejos foi un acampamento militar destinado a albergar aos que realizaban milícias universitarias. Estas instalacións mantéronse en activo desde 1950 até o ano 2001.

[editar] Economía

A principal actividade económica é a agricultura de secaño, salientando o cultivo de abelairas. Hai na zona dúas minas de cobre, que están sen se explotar. Tamén desapareceron os antigos moíños de papel e de fariña.

[editar] Festas

Arbolí celebra a súa festa maior o primeiro fin de semana do mes de outubro. En xaneiro conmemora a San Paulo (Sant Pau en catalán) a festa maior do inverno.

[editar] Ligazóns externas

[editar] Fontes

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas