Salou
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salou é un municipio costeiro de 25.754 habitantes (INE 2008) situado na provincia de Tarragona (Cataluña, España), na Costa Daurada, a 10 km da cidade de Tarragona. É considerada a capital da Costa Dourada, ao ser o destino turistico máis importante.
Fundada polos gregos o século VI aC, a cidade constituíu un destacado porto comercial durante a Idade Media e a Idade Moderna.
Ao longo do século XX, Salou converteuse nun importante centro turístico, condición que mantén na actualidade.
Nas proximidades da localidade atópase o parque temático Port Aventura.