Valls

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Valls é un municipio e cidade catalá, na provincia de Tarragona, capital da comarca do Alt Camp. Cunha poboación de 24.710 habitantes (INE 2008) representa máis da metade da poboación da comarca. Atópase na área coñecida como Camp de Tarragona xunto ao río Francolí, moi preto de Reus e de Tarragona, capital da provincia homónima.

É de moito interese a igrexa gótica de San Xoán, que se remonta ao século XVI e a Capela do Roser, cun mosaico de azulexos sobre a batalla de Lepanto do século XVII.

Esta cidade é berce dun típico manxar catalán de tempada chamado calçot, unhas cebolas doces e longas coas cales celébrase a calçotada, así como das tradicionais Vella i Joves Xiquets de Valls, as dúas collas castelleras, actividade orixinaria da rexión.

Índice

[editar] Ilustres da cidade

[editar] Festas

É típico de Valls els Tres Tombs (as Tres Voltas) que se celebran en xaneiro, para a festa de San Antonio Abad, unhas semanas antes da Calçotada. A festa maior celébrase para San Xoán. Ademais, os primeiros martes e mércores de agosto organízase a Firagost; festa maior do campo catalán. Cada dez anos celébranse as Decennals, en honra á Nai de Deus da Candea. e a diada "castellera" por ontonomasia, Santa Úrsula.

[editar] Cidades irmandadas

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas