Cuartos de dólar do Distrito de Columbia e dos territorios dos Estados Unidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cuarto de dólar dos 50 estados
Anverso común

Retrato de perfil George Washington cara á esquerda. Marcas de gravador (JF e WC) e marca de ceca.

Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / LIBERTY / IN GOD WE TRUST / QUARTER DOLLAR.

  • Data: 2009.
  • Cecas e marcas: Filadelfia (P) e Denver (D).
  • Deseño do anverso: John Flanagan e William Cousins.
  • Tiraxe total: 636.200.000 exemplares.
  • Aliaxe: Cu bañado en Cu-Ni.
  • Diámetro: 24,26 mm.
  • Pesos: 5,67 g.
  • Espesor: 1,75 mm.
  • Canto: estriado.

Os cuartos de dólar do Distrito de Columbia e dos territorios dos Estados Unidos constitúen unha serie de seis moedas emitidas en 2009 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos, a modo de continuación do programa de cuartos de dólar dos 50 estados constituíntes do país, vixente entre 1999 e 2008.[1]

As moedas desta serie están dedicadas ao Distrito de Columbia e ás zonas insulares non incorporadas de Porto Rico, Guam, as Illas Virxes estadounidenses, a Samoa Americana e as illas Marianas do Norte.[1] Este programa non abrangue outras illas, ás que se lles atribúe adoito a denominación de Illas Periféricas Menores dos Estados Unidos, xa que a lei que autoriza a emisión limitou o ámbito da palabra "territorio" ás zonas mencionadas.[2]

O anverso das moedas desta serie coincide co das da anterior dedicada aos 50 estados, creado por John Flanagan en 1923 e adaptado polo gravador da US Mint William Cousins, en tanto que o reverso é específico para cada territorio.[1][3]

Proceso lexislativo[editar | editar a fonte]

Carta do congresista por Virxinia Ed Schrock en resposta á pregunta dun cidadán sobre o programa proposto (2008).

Aínda que a lei de 1997 que aprobara o programa anterior de moedas dun cuarto de dólar prevía a inclusión unicamente dos cincuenta estados dos EEUU, a finais de 2007 promulgouse unha nova lei para incluír tamén outras entidades territoriais distintas, chamada Lei do Programa de Cuartos de Dólar Circulantes do Distrito de Columbia e dos territorios dos Estados Unidos. Aquela lei de 1997 prevía xa que no caso de que o Distrito de Columbia ou calquera outro territorio ou comunidade se convertese en estado antes de 2009, ese territorio entraría no programa de moedas dun carto de dólar dos 50 estados.[4]

Anteriormente, presentárase no congreso en catro ocasións —nos Congresos 106º, 107º, 108º e 109º— un proxecto de lei para ampliar un ano máis o programa das moedas dos 50 estados, co fin de abranguer tamén o resto dos territorios. Estes proxectos de foran xa aprobados pola Cámara de Representantes e mesmo tiveran 34 patrocinadores no Senado, mais en ningunha das catro ocasións chegara a ser aprobado por esta última cámara.[5]

A delegada demócrata do Distrito de Columbia Eleanor Holmes Norton presentou o 10 de xaneiro de 2007 ante o 110º Congreso o proxecto de lei H. R. 392, que foi aprobado pola Cámara de Representantes o 23 de xaneiro.[6] O 10 de decembro de, 2007, o representante demócrata por Nova York José Serrano, nado en Porto Rico, xuntou o texto dese proxecto de lei ao da Lei de Gastos Xerais H. R. 2764, que tamén aprobou a Cámara de Representantes.[7] Finalmente, este proxecto de lei foi aprobado tamén polo Senado o día 6 de setembro, e asinado polo presidente George W. Bush o 26 de decembro para o converter na Lei Pública 110-161.[2]

Pretendíase que as seis moedas deste programa que se cuñarían en 2009 renovasen o interese xa espertado pola serie dos 50 estados. Estimábase que se xeraría un ingreso adicional de 400 millóns de dólares para o Tesouro e que moitos fabricantes e editores producirían novos produtos para que os coleccionistas dispuxesen as seis moedas novas. A mesma lei pola que se aprobou este novo programa de moedas dun cuarto de dólar creou tamén o programa da moeda dun dólar presidencial.[2]

Á parte da emisión ordinaria das seis novas moedas, destinada á súa posta en circulación, que se levou a cabo na Ceca de Denver (marca de ceca D) e na Ceca de Filadelfia (P), a Ceca de San Francisco (S) produciu as respectivas versións proof de cada unha destas moedas, tanto en prata como coa composición habitual revestida en cuproníquel, para o coleccionismo numismático.[1][3]

Distrito de Columbia[editar | editar a fonte]

O 1 de febreiro de 2008, Adrian M. Fenty, alcalde do Distrito de Columbia, creou un consello asesor para o desenvolvemento dun concepto de deseño do reverso da moeda conmemorativa dun cuarto de dólar que resultase representativo do distrito, para o que debería solicitar, recoller e canalizar as achegas da poboación. A continuación presentou estes conceptos de deseño á Casa da Moeda dos Estados Unidos, consonte un calendario previsto para o efecto.[8][9]

O 25 de febreiro de 2008, o Goberno do distrito presentou na Casa da Moeda tres propostas de deseño para o seu cuarto de dólar: un coa bandeira do distrito, outra coa imaxe de Benjamin Banneker e outro coa de Duke Ellington.[10][11]

O distrito suxeriu que cada un dos tres deseños incluíse a expresión Taxation Without Representation ("Imposto sen representación") ou ben No Taxation Without Representation ("Non hai imposto sen representación"), en referencia aos esforzos do distrito por obter unha representación plena no Congreso.[10][11] A Casa da Moeda dos Estados Unidos rexeitou ambas as mensaxes acolléndose á prohibición de incluír nas moedas inscricións comprometidas.[12] Os seus representantes declararon que, aínda que non se pronunciaba acerca do dereito a voto do distrito no Congreso, consideraba que as mensaxes xeraban controversia ao "non haber un consenso nacional" sobre a cuestión.[11]

Logo da negativa da Casa da Moeda, o Goberno do Distrito revisou os seus deseños presentados para o cuarto de dólar e substituíu o texto rexeitado pola expresión Justice for all ("Xustiza para todos"),[13][14] que é unha tradución ao inglés do lema do distrito, en latín, Justitia Omnibus, que aparece no seu selo oficial.[11][15] O distrito tamén cambiou un dos deseños presentados, que representaba a bandeira, por outro cunha imaxe de Frederick Douglass, e revisou as inscricións das outras dúas propostas: a de Banneker e a de Ellington.[13][14][16] Logo destes cambios nas propostas, a US Mint puxo en coñecemento da poboación os tres deseños.[17]

Logo dunha votación das persoas residentes no Distrito de Columbia, o alcalde Fenty recomendoulle á Casa da Moeda que seleccionase a proposta que representaba a Duke Ellington, ao tempo que expresaba a decepción do distrito ante o rexeitamento das inscricións relativas aos impostos.[18] Finalmente, o secretario do Tesouro aprobou o deseño o 31 de xullo de 2008.[9]

Porto Rico[editar | editar a fonte]

O Senado de Porto Rico aprobou en xuño de 2008 unha resolución, copatrocinada polo presidente da cámara, Kenneth McClintock, e polo líder da minoría, José Luis Dalmau, pola que se instaba a Casa da Moeda dos Estados Unidos a seleccionar unha imaxe do Observatorio de Arecibo para o cuarto de dólar conmemorativo de Porto Rico. O 15 de decembro de 2008, o membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos José Serrano, de Nova York, deu a coñecer o deseño gañador, que era a segunda das opcións desenvolvidas pola Casa da Moeda.[19][20] Este deseño representa unha garita de sentinela e unha vista do océano desde castelo de San Filipe no vello San Xoán, así como unha "flor de maga" e o lema Isla del Encanto. Este cuarto de dólar de Porto Rico é a primeira moeda dos Estados Unidos que amosa unha inscrición en castelán.[21]

Moedas[editar | editar a fonte]

2009
Imaxe do reverso Territorio Tiraxe Data emisión Deseñador/a
Ceca de Denver Ceca de Filadelfia
Delaware quarter
Washington, D.C. Washington, D.C. 88.800.000 83.600.000 26-I-2009 Don Everhart
Descrición: Duke Ellington, recoñecido músico e compositor, sentado ante un piano de cola.[9][22]
Lendas: DISTRICT OF COLUMBIA / DUKE ELLINGTON / JUSTICE FOR ALL / E PLURIBUS UNUM 2009 [9][22]
 
Porto Rico 86.000.000 53.200.000 30-III-2009 Joseph F. Menna
Descrición: garita de sentinela no Castelo de San Filipe (un forte español do século XVI), co mar ao fondo, e unha flor á dereita.[23][24]
Lendas: PUERTO RICO /ISLA DEL ENCANTO / E PLURIBUS UNUM 2009 [23][24]
 
Guam Guam 42.600.000 45.000.000 26-V-2009 Jim Licaretz
Descrición: contorno do mapa da illa, embarcación típica de vela e pedra latte.[25][26]

Lendas: GUAM / GUAHAN I TANÓ MANCHAMORRO ("Guam, terra dos Chamorros") / E PLURIBUS UNUM 2009 [25][26]

 
'Samoa Americana Samoa Americana 39.600.000 42.600.000 27-VII-1999 Charles S. Vickers
Descrición: en primeiro plano, cunca de ava, batedor e bastón (símbolos da autoridade tradicional), cunha palmeira ao fondo, na beira.[27] [28]
Lendas: AMERICAN SAMOA SAMOA MUAMUA LEATUA / WISDOM, JUSTICE, MODERATION / 1999 / E PLURIBUS UNUM [27][28]
 
Illas Virxes Estadounidenses 41.000.000 41.000.000 28-IX-2009 Joseph F. Menna
Descrición: contorno do mapa das tres illas principais: Santa Cruz, San Tomé e San Xoán. Debaixo un paxaro (Coereba flaveola), unha flor (Tecoma stans) e unha árbore (Coccothrinax alta), que son as oficiais do territorio.[29][30]

Lendas: U.S. VIRGIN ISLANDS / UNITED IN PRIDE AND HOPE / E PLURIBUS UNUM 2009 [29][30]

Illas Marianas do Norte 37.600.000 35.200.000 30-XI-2009 Phebe Hemphill
Descrición: pedra latte á beira dunha praia, con tres palmeiras. No mar, unha canoa do pobo carolino. No ceo, dúas aves (Sterna Nereis). Debaixo de todo isto, un colar tradicional.[31][32]

Lendas: NOTHERN MARIANA ISLANDS / E PLURIBUS UNUM 2009 [31][32]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "DC and U.S. Territories Quarters Program". United States Mint.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Public Law 110-161 - DEC. 26, 2007". Govinfo.gov
  3. 3,0 3,1 "District of Columbia and United States Territories Quarters Program". Numista.com
  4. "Public Law 105-124 - DEC. 1, 1997". Govinfo.gov
  5. "H.R.3885 - District of Columbia and United States Territories Circulating Quarter Dollar Program Act". Congress.gov
  6. "H.R.392 - District of Columbia and United States Territories Circulating Quarter Dollar Program Act". Congress.gov
  7. "H.R.2764 - Consolidated Appropriations Act, 2008". Congress.gov
  8. "Design of the District of Columbia Qarter Dollar Coin" Governement of the District of Columbia.
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 "District of Columbia Quarter". United States Mint.
  10. 10,0 10,1 Carta do alcalde do Distrito de Columbia ao director da US Mint(25 de febreiro de 2008). Governement of the District of Columbia.
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 Duggan, P. (2008). "Mint Rejects Voting Rights Message". En The Washington Post. 28 de febreiro. Páxina B03.
  12. "Breaking: U.S. Mint Rejects D.C. Quarter Design". Dcist.com. 27 de febreiro de 2008.
  13. 13,0 13,1 Carta do alvcalde do distrito de Columbia ao director da US Mint (28 de febreiro de 2008). Governement of the District of Columbia.
  14. 14,0 14,1 "District of Columbia Quarter Dollar Coin Narrative". Governement of the District of Columbia.
  15. "iustitia omnibus". En Merriam-Webster Online Dictionary.
  16. "District of Columbia Proposed Designs Arquivado 09 de abril de 2022 en Wayback Machine.". Quarterdesigns.com
  17. "Washington DC Quarter Design Images Released, Public Asked to Vote for Favorite". En CoinNews.net. 4 de xuño de 2008.
  18. Carta do alcalde do Distrito de Columbia ao director da US Mint (19 de xuño de 2008). Governement of the District of Columbia.
  19. "La peseta boricua". En Elnuevodia.com. 16 de decembro de 2008.
  20. "Puerto Rico Proposed Designs Arquivado 30 de outubro de 2022 en Wayback Machine.". Quarterdesigns.com
  21. "Puerto Rico Gets Some Change: U.S. Mint Unveils Coin with Spanish Inscription". En New York Daily News. 3 de abril de 2009.
  22. 22,0 22,1 "2009 District of Columbia Quarter". Statequarterguide.com
  23. 23,0 23,1 "Puerto Rico Quarter". United States Mint.
  24. 24,0 24,1 "2009 Puerto Rico Quarter". Statequarterguide.com
  25. 25,0 25,1 "Guam Quarter". United States Mint.
  26. 26,0 26,1 "2009 Guam Quarter". Statequarterguide.com
  27. 27,0 27,1 "American Samoa Quarter". United States Mint.
  28. 28,0 28,1 "2009 American Samoa Quarter". Statequarterguide.com
  29. 29,0 29,1 "U.S. Virgin Islands Quarter". United States Mint.
  30. 30,0 30,1 "2009 US Virgin Islands Quarter". Statequarterguide.com
  31. 31,0 31,1 "Northern Mariana Islands Quarter". United States Mint.
  32. 32,0 32,1 "2009 Nothern Mariana Islands Quarter". Statequarterguide.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Cuartos de dólar dos 50 estados

Cuarto de dólar estadounidense

2009
Sucesor:
Cuartos de dólar America the Beautiful