Batedor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batedor.

Un batedor eléctrico, batedeira, batedor de man ou batedor de brazo, tamén chamado mixer ou minipimer é un electrodoméstico de cociña que permite moer ingredientes no mesmo recipiente no que se preparan. Pódese utilizar para facer diferentes tipos de purés, mollos e sopas. É a evolución do batedor de claras ou manual.

Descrición[editar | editar a fonte]

O batedor eléctrico foi inventado en Suíza por Roger Perrinjaquet, quen patentou a idea en 1950 e chamou á su creación bamix, unha contracción de "bat et mixe" (bate e mestura). O 24 de abril de 1955 presentouse por vez primeira o novo batedor Bamix na Feira de Hannover.

Mais a versión máis popular foi a inventada polo enxeñeiro Gabriel Lluelles (Barcelona, 1923) para a empresa española Pimer (acrónimo de Pequenas Industrias Mecánico Eléctricas Reunidas[1]), e que foi chamada de Minipimer, comercializada en 1959. A empresa foi posteriormente comprada pola alemá Braun GmbH, que mantivo o nome orixinal do aparello, que se converteu no nome común deste tipo de batedor.[2]

Diferénciase dos batedores de vaso e dos robots de cociña en que non require que os alimentos sexan colocados nun recipiente especial para procesalos. Á súa vez, diferénciase do batedor mesturador (manual ou eléctrico) en que este último non tritura os ingredientes e do liquidificadores en que estes teñen as fibras dos ingredientes na cesta centrífuga separándoas da parte líquida.

Contén o motor, prolongado por un accesorio no que se aloxan as coitelas dispostas en cruz. O accesorio triturador/mesturador pode ser de plástico ou de metal, e en moitos modelos pódese desmontar para limpalo sen risco de mollar o motor. Úsase mergullando as coitelas na preparación que se quere mesturar ou triturar e algúns modelos poden empregarse directamente nas tixolas, potas e olas, mentres están no lume. Poden dispor de 15 velocidades e accesorios para montar nata, a xeito do batedor mesturador.

Como curiosidade en portugués recibe o nome de varinha mágica. En España coñécese coma batidora de brazo, mais en Latinoamérica coma Licuadora de brazo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]