Community Shield 2021

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Community Shield 2021
Wembley Stadium de Londres, que albergou o encontro.
Data7 de agosto de 2021
EstadioWembley Stadium, Londres
Asistencia45.602 espectadores[1]
ÁrbitroInglaterra Paul Tierney[2]
Xogador do partidoNixeria Kelechi Iheanacho
TempoNubrado
18 °C (64.4 °F)
77% de humidade
Community Shield 2020Community Shield 2022

A Community Shield 2021 foi a XCIX edición da FA Community Shield, un partido de fútbol anual disputado polos gañadores da tempada pasada da Premier League, o Manchester City, e os vencedores da FA Cup da tempada anterior, o Leicester City.[3] Esta foi a primeira Community Shield do Manchester City dende 2019 cando lograron derrotar ao Liverpool por 5–4 nos penaltis tras empatar 1–1; e a primeira Community Shield do Leicester City dende a derrota por 2–1 ante o Manchester United na edición de 2016. O encontro tivo lugar o 7 de agosto de 2021 no Wembley Stadium de Wembley, Londres, resultando gañador o Leicester tras venceren ao Manchester City por 1–0 cun penalti decisivo no minuto 89 de partido, transformado por Kelechi Iheanacho.[4]

O Arsenal era o defensor do título grazas á súa vitoria na Community Shield 2020, pero non puido clasificarse novamente para a edición deste ano.

O partido foi televisado en directo a través de ITV. Por vez primeira, a FA Community Shield retransmitiuse en aberto (gratuitamente) en televisión dende a edición de 2012, que tamén foi retransmitida por ITV.[5]

Participantes[editar | editar a fonte]

O Leicester City gañou o seu primeiro título da FA Cup tras derrotar ao Chelsea por 1–0 na final. Foi a súa terceira aparición nunha Community Shield, tendo previamente gañado unha (1971), e perdido outra (2016).[6]

O Manchester City gañou a súa terceira Premier League en catro anos baixo o adestramento de Pep Guardiola, despois de que o Manchester United fose derrotado por 1–2 ante o Leicester City no Old Trafford o 11 de maio de 2021. Foi a súa décimoterceira aparición nunha Community Shield, tendo previamente gañado seis (1937, 1968, 1972, 2012, 2018 e 2019), e perdido outras seis (1934, 1956, 1969, 1973, 2011, 2014).[7]

Manchester City borde Campión da Premier League (2020-21)
Leicester City Leicestershire Campión da FA Cup (2020-21)

Partido[editar | editar a fonte]

Resumo[editar | editar a fonte]

Na primeira metade, Zack Steffen conseguiu parar un disparo de Jamie Vardy coa dereita mentres se internaba pola esquerda, rebotando a pelota contra o poste esquerdo. No último minuto do partido, o Leicester recibiu un penalti cando Nathan Ake derrubou na área de penalti a Iheanacho despois de non controlar axeitadamente un pase de Rodri.[8] Iheanacho anotou a pena máxima coa esquerda á dereita da rede para gañar o partido por 1-0.[9]

Detalles[editar | editar a fonte]

Leicester City 1 – 0 Manchester City 7 de agosto de 2021, 17:15 (BST) – Wembley Stadium, Londres
Asistencia: 45.602 espectadores[1]
Árbitro: Inglaterra Paul Tierney
Iheanacho Anotado no 89º minuto 89' (pen.) Informe
 
Leicester City[10]


Manchester City[10]


LEICESTER CITY F.C.
PO 1 Dinamarca Kasper Schmeichel (c)
DF 21 Portugal Ricardo Pereira
DF 18 Ghana Daniel Amartey
DF 4 Turquía Çağlar Söyüncü
DF 5 Inglaterra Ryan Bertrand Amoestado no minuto 50º 50' Sae aos 78 minutos 78'
MC 8 Bélxica Youri Tielemans Sae aos 72 minutos 72'
MC 25 Nixeria Wilfred Ndidi
MC 17 España Ayoze Pérez Sae aos 71 minutos 71'
MC 10 Inglaterra James Maddison Sae aos 71 minutos 71'
MC 7 Inglaterra Harvey Barnes Sae aos 79 minutos 79'
DC 9 Inglaterra Jamie Vardy Sae aos 71 minutos 71'
Substitucións:
PO 12 Gales Danny Ward
DF 16 Croacia Filip Benković
DF 33 Inglaterra Luke Thomas Entra aos 78 minutos 78'
MC 11 Inglaterra Marc Albrighton Entra aos 71 minutos 71'
MC 20 Inglaterra Hamza Choudhury
MC 22 Inglaterra Kiernan Dewsbury-Hall Entra aos 71 minutos 71'
MC 42 Francia Boubakary Soumaré Entra aos 72 minutos 72'
DC 14 Nixeria Kelechi Iheanacho Entra aos 79 minutos 79'
DC 29 Zambia Patson Daka Entra aos 71 minutos 71'
Adestrador:
Irlanda do Norte Brendan Rodgers
MANCHESTER CITY F.C.
PO 13 Estados Unidos Zack Steffen
DF 27 Portugal João Cancelo
DF 3 Portugal Rúben Dias Amoestado no minuto 87º 87'
DF 6 Países Baixos Nathan Aké
DF 22 Francia Benjamin Mendy
MC 80 Inglaterra Cole Palmer Sae aos 74 minutos 74'
MC 25 Brasil Fernandinho (c) Amoestado no minuto 88º 88'
MC 8 Alemaña İlkay Gündoğan Sae aos 65 minutos 65'
DC 26 Alxeria Riyad Mahrez
DC 21 España Ferran Torres Sae aos 74 minutos 74'
DC 53 Inglaterra Samuel Edozie Sae aos 65 minutos 65'
Substitucións:
PO 33 Inglaterra Scott Carson
DF 34 Países Baixos Philippe Sandler
DF 39 Brasil Yan Couto
MC 10 Inglaterra Jack Grealish Entra aos 65 minutos 65'
MC 16 España Rodri Entra aos 65 minutos 65'
MC 20 Portugal Bernardo Silva Entra aos 74 minutos 74'
MC 69 Inglaterra Tommy Doyle
MC 81 Francia Claudio Gomes
MC 96 Inglaterra Ben Knight Entra aos 74 minutos 74'
Adestrador:
España Pep Guardiola

Xogador do partido:
Nixeria Kelechi Iheanacho (Leicester City)

Árbitros asistentes:[2]
Inglaterra Ian Hussin
Inglaterra Neil Davies
Cuarto árbitro:[2]
Inglaterra Peter Bankes
Árbitro asistente de reserva:[2]
Inglaterra Nick Hopton
Árbitro VAR:[2]
Inglaterra Darren England
Árbitros asistentes do VAR:[2]
Inglaterra Dan Robathan

Regras do partido[11]

  • 90 minutos
  • Quenda de penaltis se o marcador seguise igualado
  • Máximo de nove substitutos na banca
  • Máximo de seis substitucións
Campión
Leicester City F.C.
2.° título

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Post-partido[editar | editar a fonte]

O adestrador do Leicester City Brendan Rodgers mostrou a súa satisfacción tras gañar a Community Shield por vez primeira en BBC Radio Leicester: "Houbo unha gran sensación chegando aquí hoxe. Todos os xogadores, afeccionados e membros do persoal do Leicester que vindo aquí foi unha sensación realmente especial. Queriamos trasladar todo iso no noso xogo e manter esa sensación e, afortunadamente, fixémolo". O adestrador do Manchester City Pep Guardiola felicitou ao rival tras a derrota: "Parabéns ao Leicester [City]. Estou máis que satisfeito con como xogamos. Moitas cousas estiveron ben, os xogadores novos estiveron excelente. Demos minutos a diversos xogadores, polo que en xeral houbo moitas cousas boas." Guardiola fixo debutar a varios futbolistas da canteira: Cole Palmer, Samuel Edozie e Ben Knight con Edozie e mais Palmer comezando o partido de inicio e Knight substituíndo a Ferran Torres no minuto 74.[10]

O Leicester City empezou a tempada 2021-2022 da Premier League cunha vitoria por 1-0 na casa fronte o Wolverhampton Wanderers cun único gol de Jamie Vardy no minuto 41.[14] Por contra, o Manchester City debutou na campaña como defensor do título cunha derrota por 1-0 no Tottenham Hotspur Stadium contra o Tottenham Hotspur grazas a un gol no minuto 55 de Son Heung-min, dando ao novo adestrador do Tottenham Hotspur Nuno Espírito Santo a súa primeira vitoria a cargo do club. A fichaxe récord Jack Grealish fixo o seu debut no Manchester City saíndo desde o once inicial.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "FA Community Shield (Sky Sports)". Sky Sports (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "The 2021 FA Community Shield at Wembley will be refereed by Paul Tierney and his team". TheFA.com. The Football Association. 22 de xullo de 2021. Consultado o 2 de agosto de 2021. 
  3. Murphy, Daniel (15 de maio de 2021). "Leicester City to face Man City in Community Shield following FA Cup triumph". Manchester Evening News. Consultado o 31 de xullo de 2021. 
  4. "FA Community Shield: late Iheanacho penalty hands Leicester victory over Man City". TheFA.com. The Football Association. 7 de agosto de 2021. Consultado o 7 de agosto de 2021. 
  5. "Community Shield: Man City v Leicester City on 7 August". BBC. 3 de xuño de 2021. Consultado o 16 de xullo de 2021. 
  6. McNulty, Phil (15 de maio de 2021). "Chelsea 0-1 Leicester: Foxes lift FA Cup for first time after Youri Tielemans stunner". BBC Sport. Consultado o 15 de maio de 2021. 
  7. Stone, Simon (11 de maio de 2021). "Man City Premier League champions as Leicester City beat Manchester United". BBC Sport. Consultado o 11 de maio de 2021. 
  8. "Leicester vs Man City LIVE: Community Shield result, final score and reaction today". The Independent. 7 de agosto de 2021. Consultado o 10 de agosto de 2021. 
  9. "Iheanacho punishes wasteful City to win Community Shield for Leicester". Guardian. 7 de agosto de 2021. Consultado o 10 de agosto de 2021. 
  10. 10,0 10,1 10,2 "Leicester beat Man City to win Community Shield". BBC Sport (en inglés). Consultado o 18 de agosto de 2021. 
  11. "Rules of the Football Association Community Shield" (PDF). TheFA.com. The Football Association. Consultado o 6 de agosto de 2017. 
  12. 12,0 12,1 12,2 "Leicester 1 : 0 Man City :: Match Centre :: Summary". www.whoscored.com. Consultado o 18 de agosto de 2021. 
  13. "Leicester City vs. Manchester City - Football Match Stats - August 7, 2021 - ESPN". ESPN.com (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  14. "Vardy hands Lage defeat in first game". BBC Sport (en inglés). Consultado o 18 de agosto de 2021. 
  15. "Son strike gives Spurs win without Kane". BBC Sport (en inglés). Consultado o 18 de agosto de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Community Shield 2020

Community Shield

XCIX edición
Sucesor:
Community Shield 2022