Proterozoico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Supereón Eón[1] Millóns de anos
  Fanerozoico 542,0 ±1,0
Precámbrico Proterozoico 2.500
Arcaico 3.800
Hadeico ca. 4.570

Na escala de tempo xeolóxico, o Proterozoico (do grego πρότερος, próteros, 'o que vai diante', 'o máis vello', e ζῶον zôon, 'animal', 'ser vivo'; é dicer: 'o da primeira vida') é o terceiro e últimno dos eóns en que se dividen os tempos precámbricos. Comprende desde hai uns 2 500 millóns de anos até hai uns 542 millóns de anos, durando, por tanto, 1 958 ± 1,0 millóns de anos.[2] [3] e 542± 1,0 millóns de anos, aproximadamente.

O eón Proterozoico sucede ao eón Arcaico e precede o eón Fanerozoico. Divídese en tres eras: Paleoproterozoico (2.500 - 1.600 millóns de ahos), Mesoproterozoico (1.600 - 1.000 millóns de anos) e Neoproterozoico (1.000 - 542,0 ±1,0 millóns de anos).

Os acontecementos mellor identrificados desta época son:

  • A transición a unha atmosfera osixenada, que se pr

oduciu probablemente durante o Mesoproterozoico, a Gran Oxidación.

  • Varias glaciacións, das que a maís severa se produciu durante o Neoproterozoico.
  • O período ediacárico, onde a evolución de organismos pluricelulares de corpos brandos acelerouse.
  • No curos deste eón, os núcleos continentais, tamén chamados escudos continentais, que apareceran durante o Arcaico, experimentan un forte crecemento. Á fin do Proterozoico, o volume da masa continental estabilízase.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Os continentes a finais do Proterozoico, hai 550 millóns de anos.

Ao principio do Proterozoico os primeiros continentes ou cratóns estaban xa formados, ao igual que a dinámica da codia terrestre representada pola súa división en placas tectónicas nas que se crea, transforma e destrúe a mesma.

Neste eón a Terra sufre cambios importantes rexistrándose un aumento da presión do osíxeno na atmosfera terrestre que deu lugar ao Grande Evento Oxidativo ou Gran Oxidación, e tamén se produciron as primeiras glaciacións.

Foi durante o Proterozoico cando se formaron os continentes e máis cando apareceron nos océanos as formas de vida eucarionte. O osíxeno formouse na atmosfera. Considérase que as algas azuis (cianobacterias) foron as principais responsables desta grande acumulación de osíxeno. Arredor de mil millóns de anos atrás moitos tipos de algas comezaron a aparecer no rexistro de fóseis, incluindo as algas verdes e vermellas.

O Proterozoico caracterízase pola presenza de grandes cratóns que darán lugar ás plataformas continentais. As cordilleiras xeradas neste eón sufriron os mismos procesos que os fanerozoicos. A intensidade do metamorfismo diminuiu neste momento xeolóxico. A Terra sofre as súas primeiras glaciacións, e rexístrase unha gran cantidade de estromatólitos que, sen dúbida, supuxeron un importante cambio na biota terrestre. O período ediacárico de finais do Proterozoico caracterízase pola evolución de abundantes organismos pluricelulares de corpo brando.

Subdivisiones[editar | editar a fonte]

O Proterozoico está dividido en tres eras:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]