Interleucina-2
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
Interleukin 2
|
|
| Identificadores | |
| Símbolo | IL2 |
| Símbolos alt. | IL-2; TCGF; lymphokine |
| Entrez | 3558 |
| HUGO | 6001 |
| OMIM | 147680 |
| PDB | 1irl, |
| Outros datos | |
| Locus | Cr. 4 q26-27 |
A IL-2 (interleucina-2) é unha proteína integrante das citocinas do sistema inmune, composta por 133 aminoácidos e de masa 15,4 kDa. Actúa coma factor de crecemento dos linfócitos T, induce todos os tipos de subpoboacións de linfócitos e activa a proliferación de linfócitos B. O seu xene localízase no cromosoma 4 (4q26-28).
Funcións [editar]
A IL-2 tamén regula a resposta inmunitaria, intervén na reacción inflamatoria estimulando a síntese de interferón, induce á liberación de IL-1, TNF-alfa e TNF-Beta. IL-2 é preciso para o establecemento da memoria inmunitaria celular, ademais de para o recoñecemento de autoantíxenos e antíxenos foráneos.