Interleucina
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As interleucinas son algúns tipos de proteínas producidas principalmente polas células T, aínda que algunhas sexan sintetizadas tamén por macrófagos e células somáticas. As interleucinas posúen varias funcións, mais a maioría delas están envoltas na activación dos linfócitos e na indución da división de outras células. Estes grupos son constituíntes dos sistemas imunolóxicos dos organismos. Cada interleucina atúa sobre un grupo limitado e específico de células que expresan receptores adecuados para cada interleucina.
Lista de interleucinas[editar]
- IL-1: segregada polos macrófagos e células epiteliais.
- IL-2: segregada polas células T (linfocito T).
- IL-3: segregada polas células T e células tímicas epiteliais.
- IL-4: proliferación de células B; sintetizada por células T e mastocitos; papel importante na resposta alérxica.
- IL-5: estimulación das células B; sintetizada por células T e mastocitos
- IL-6: segregada polos macrófagos; sintetizada por células T e macrófagos
- IL-7: envoltas na sobrevivencia das células B, T e NK; sintetizada no estroma da medula ósea.
- IL-8: sintetizada por macrófagos; quimiotáticas para neutrófilos e linfocitos T.
- IL-9: estimula os mastocitos; ; sintetizada por células T.
- IL-10: inhibe a produción da citocina Th1, suprime a función dos macrófagos e activa os linfocitos B.
- IL-11: sintetizada polos fibroblastos do estroma medular
- IL-12: estimulación das células NK.
- IL-13: estimulación do crecemento e diferenciación das células B e inhibe macrófagos;; sintetizada por células T.
- IL-14: fator de crecemento para células B e inhibe a síntese de imunoglobulinas; ; sintetizada por células T e algunhas células B
- IL-17: Indución da produción de citocinas.