Antíxeno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un antíxeno (do grego ἀντί antί oposto ou contrario e γένο- géno xerar, producir) é unha substancia que desencadea a formación de anticorpos e pode causar unha resposta inmunitaria. A definición moderna abarca todas as substancias que poden ser recoñecidas polo sistema inmunitario adaptativo, ben sexan propias ou alleas.

Os antíxenos son usualmente proteínas ou polisacáridos.