Pazo de Oca
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Pazo de Oca | |
|---|---|
| Concello: | A Estrada |
| Provincia: | Pontevedra |
| Comunidade Autónoma: | Galicia |
| Estilo arquitectónico | |
| Estilo orixinario: |
(século XVII) |
| Estilo actual: | |
| Estado actual: | en bo estado |
| Véxase tamén: Pazos de Galicia | |
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Oca (homónimos).
O Pazo de Oca é unha casa señorial galega construída entre os séculos XVII e o XVIII.
Índice |
[editar] Situación
Está situado na parroquia de San Estevo de Oca, no concello da Estrada, na provincia de Pontevedra, (Galicia). Encontrase no val do río Ulla, a uns 30 quilómetros ao sudeste da cidade de Santiago.
[editar] Historia
O pazo foi rematado no século XVIII, xunto a unha vella fortaleza medieval. Está composto polo propio pazo, a capela e as vivendas dos traballadores.
[editar] Familias propietarias
A primeira familia propietaria do pazo foi a de Don Suero de Oca. Na actualidade pertence ao Ducado de Medinaceli.
[editar] Os xardíns
O Pazo é un dos mais famosos de Galicia polos seus fermosos xardíns, que teñen pontes, árbores pouco frecuentes e, entre outras moitas cousas máis, un estanque con patos e ocas.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes do Pazo de Oca.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Pazo de Oca, na web do patrimonio cultural galego.