Milicias confederais
As milicias confederais foron milicias populares organizadas pola CNT e a FAI durante a Guerra Civil Española. Tiveron un papel importante na Revolución Española de 1936. Tralo alzamento do exército do 18 de xullo de 1936 formáronse nas zonas onde fracasou a sublevación grupos armados de civís organizados polos partidos políticos e os sindicatos, que se uniron ós restos das unidades regulares do exército e as forzas de seguridade estatais que permaneceron fieis á República: [1]
A formación típica destas milicias espontáneas foi a columna.
Índice |
Comité Central de Milicias Antifascistas [editar]
O 21 de xullo de 1936 creouse en Barcelona o Comité Central de Milicias Antifascistas de Cataluña, organización na que participan as distintas faccións republicanas e sindicais.
En dous meses o comité conseguiu organizar a 20.000 milicianos que se repartían nunha fronte de 300 quilómetros.
As columnas [editar]
Orixe da columna como formación de combate popular [editar]
As guerrillas castelás da Guerra de Sucesión Española (1701-1715) e a guerra de guerrillas na fronteira luso-estremeña entre 1641 e 1668 poden ser dos primeiros exemplos da utilización de columnas en conflitos armados populares.
Durante a Guerra da Independencia Española formáronse columnas como conglomerados que agrupaban diversas forzas militares regulares ou de civís e servizos dunha escala modesta. As columnas constituíron unha forma básica de organización para a guerra de guerrillas pola súa mobilidade e autonomía. [2]
Organización [editar]
As columnas anarquistas organizábanse baixo principios asembleístas. As decisións tomábanse a través da democracia directa, evitándose desta xeito as xerarquías de mando. As milicias do Partido Obreiro de Unificación Marxista —un partido marxista revolucionario marcadamente anti-stalinista e que se converteu no principal aliado dos anarquistas— organizábanse dun modo semellante.
A unidade de combate máis sinxela eran vinte e cinco individuos que formaban un grupo ou pelotón, cun delegado de grupo elixido por democracia directa e revogable en todo momento. Catro grupos formaban unha centuria cun delegado de centuria. Cinco centurias formaban unha agrupación ou batallón, co seu correspondente delegado. A suma das agrupacións existentes daba lugar á columna.
Un comité de guerra asesorado por un consello técnico-militar coordinaba as operacións da columna. Á fronte do comité de guerra encontrábase o delegado xeral da columna. Tódolos delegados de tódolos escalafóns carecían de privilexios e de mando xerárquico.
Abel Paz conta en Durruti en la Revolución española como era a organización da Columna Durruti:
Consejo Técnico-militar. Estaba constituido por los militares (oficiales) que había en la Columna. Su representante era el comandante Pérez Farras. y la misión de este consejo era asesorar al Comité de Guerra. No disponía de privilegio alguno ni jerarquía de mando.
Grupos Autónomos. El Grupo Internacional (franceses, alemanes, italianos, marroquíes, ingleses y americanos) , que llegó a contar con unos 400 hombres. Su delegado general, enlazando con el Comité de Guerra, era el capitán de artillería francés llamado Berthomieu, que morirá en septiembre en una acción de guerra.
Os grupos ou pelotóns eran flexibles, podendo variar o número de milicianos encadrados neles, e polo tanto a cantidade de grupos incluídos en cada centuria:
O sistema favorecía a rápida formación de unidades: [3]
Columnas célebres [editar]
| Nome | Delegado xeral |
|---|---|
| Aguiluchos | Miguel García Vivancos |
| Ascaso | Gregorio Jover |
| Del Rosal | Francisco del Rosal Rico |
| Durruti | Buenaventura Durruti |
| Hierro | - |
| Sur-Ebro | Antonio Ortiz Ramírez |
| Tierra y Libertad | Germinal de Souza |
Cortesía do Ateneo Virtual de A las barricadas.
Los Aguiluchos [editar]
A Columna Los Aguiluchos da FAI foi a última das grandes columnas anarcosindicalistas catalás. Posteriormente sairían máis milicias de Cataluña, pero xa non o farían en forma de columna, senón de unidades de reforzo das columnas existentes. En realidade prevírase que esta columna fora unha unidade grande —duns 10.000 combatentes— pero finalmente acabou sendo un reforzo da Columna Ascaso —cuns 1.500 milicianos e 200 milicianas— e pasou a ser unha columna autónoma. Organizada nos cuarteis Bakunin de Barcelona, foi enviada á fronte de Huesca (o seu cuartel xeral estaba en Grañén) o 28 de agosto. Saíron á fronte da columna Joan García Oliver e García Vivancos co capitán José Guarner como conselleiro militar. Xa en setembro o seu xefe, García Vivancos, estaba de acordo coa militarización da columna. Posteriormente houbo que enviar un grupo a casa debido á súa oposición a militarizarse. A columna converteuse na 125 BM e participou nas batallas de Belchite e Fuentes del Ebro, así como na defensa de Cataluña, pasando a Francia trala derrota.
Durruti [editar]
A Columna Durruti saíu de Barcelona o 25 de xullo, formada por uns 2.500 milicianos, dirixíndose directamente cara Zaragoza, tendo como obxectivo a recuperación da cidade. Tivo un primeiro combate en Caspe, e cando xa se encontraba a 22 quilómetros de Zaragoza, os mandos decidiron frear o avance por medo a verse illados e rodeados. A partir dese momento a columna quedou con escasos subministraciós e non puido lanzar un novo ataque, polo que se dedicou á consolidación da fronte defensiva, así como a tarefas de propagar e construír a revolución por terras de Aragón. Instalou o seu cuartel xeral na localidade de Bujaraloz, Zaragoza.
En novembro Durruti foi chamado para colaborar na defensa de Madrid, pero non se lle permitiu levar con el máis que a unha parte da columna (uns 1.400 dos máis de 6.000 milicianos). Finalmente a columna foi decimada en Madrid e Durruti morreu alí o 20 de novembro. Substituíuno á fronte da Columna Durriti Ricardo Sanz, que acabou aceptando a militarización da mesma, converténdose así na 26ª División do Exército Popular Republicano (constituída polas Brigadas mixtas números 119, 120 e 121). Esta división combatiu na batalla de Belchite e na defensa de Cataluña en xaneiro de 1939.
Posteriormente os seus membros pasaron polos campos de concentración franceses e algúns foron incorporados á forza no Exército francés, sendo os primeiros en entrar en París en 1944 para liberar a cidade. O primeiro tanque que entrou na capital francesa trala ocupación nazi era o "Guadalajara", indo dentro del diversos membros desta Columna anarquista. Tratábase da 9ª Compañía blindada (coñecida polo seu nome en castelán La Nueve), da 2ª División blindada da Francia Libre.
Sur-Ebro [editar]
A Columna Sur-Ebro, tamén chamada "Roja y Negra", delegada polo ebanista Antonio Ortiz Ramírez (membro do grupo "Nosotros"), col tenente coronel de Infantería Fernando Salavera como conselleiro militar, saíu de Barcelona o 24 de xullo de 1936 por estrada, cuns 2.000 homes, bastantes deles ex-soldados e clases do Rexemento nº 34, e tres baterías de artillería. O seu primeiro obxectivo foi Caspe, dominada por unha compañía da Garda Civil e uns 200 falanxistas aragoneses baixo o mando do capitán Negrete. Tras vencer a tenaz resistencia do inimigo, os milicianos, que perderan uns 250 compañeiros, ocuparon a vila, seguindo cara Alcañiz, que foi tomada tras breves combates. Entón dividiuse a columna: unha parte dela quedou situada na liña Híjar-Escatrón, e a outra dirixiuse cara a Belchite, quedando atrincherada ante a súa poboación tras ocupar Sástago, La Zaida e Azaila.
A comezos de setembro á unidade de Ortiz uníuselle unha pequena columna: a Carod-Ferrer, que acababa de ocupar a vila natal de Goya, Fuendetodos, parapetándose ante Villanueva de Huerva. Saturnino Carod Lerín, aragonés de raíz, era un destacado dirixente anarcosindicalista barcelonés, mentres que o seu asesor técnico era o tenente da Benemérita José Ferrer Bonet. Xunto a este grupo encontrábase tamén outra partida que dirixía o anarquista Hilario Zamora, saída de Lleida. Estes dous grupos acabaron por unificarse coa Columna Ortiz, o que tamén fixeron pouco despois os 600 soldados chegados de Tarragona ó mando do coronel Martínez Peñalver. Este decidiu o seu regreso a Barcelona ó non entenderse, segundo el, co anarquista Ortiz. Recibirían tamén reforzos dalgunhas columnas valencianas.
O Xeneral Pozas, xefe do Exército do Leste, decidiu quitar a Ortiz do mando da 25ª división, e situou no seu lugar a García Vivancos no verán de 1937 despois das batallas de Belchite (23 de agosto - 6 de setembro) e Fuentes de Ebro, onde viu que Antonio Ortiz era pouco cooperativo.
Tierra y Libertad [editar]
Trala Columna comunista catalana "Libertad", chegada a mediados de outubro de 1936, chegaría á capital madrileña a columna "Tierra y Libertad" con 1500 voluntarios, baixo a responsabilidade de Federica Montseny e Diego Abad de Santillán. O seu delegado foi o portugués Germinal de Souza. A columna libertaria formouse con voluntarios procedentes da malograda expedición a Mallorca. Porén, ó parecer, a columna formouse sen informar ó Comité Central de Milicias. Segundo a testemuña de García Oliver, a formación desta columna foi motivo de roces e enfrontamentos entre os dirixentes da CNT no Comité Central de Milicias.
Os "tiznaos" [editar]
Ante a escasez de medios e materiais para o combate, recorreuse a protexer con pranchas de aceiro de diferentes grosores algúns vehículos como camións, autobuses ou maquinaría agrícola que empezaron a ser coñecidos como "tiznaos" polas cores de camuflaxe. A blindaxe destes vehículos acoirazados improvisados non adoitaba ser moi eficaz. Nalgunhas ocasións os "tiznaos" incluían colchóns como medida de protección. Ás veces, ó querer instalar ós vehículos pranchas dun maior grosor para aumentar a protección, prexudicábase a manobrabilidade e a velocidade. Os "tiznaos" máis improvisados eran axiña postos fóra de combate. Aqueles que foran construídos con máis coidado e contando con máis medios técnicos duraban máis, chegando algúns a sobrevivir ós tres anos de guerra. [4]
Era común que os "tiznaos" estivesen cheos de pintadas co nome da columna á que pertencían e as siglas dalgún sindicato ou organización obreira.
Guerra e revolución [editar]
Para a CNT, a FAI e o POUM, e ó contrario que o PCE, o PSUC, o PSOE e outras forzas republicanas, a guerra e a revolución eran inseparables, como se pode comprobar nestas palabras de Buenaventura Durruti:
A tal efecto as milicias axudaban á formación de colectividades nas vilas. En Aragón formáronse 450 colectividades agrícolas que afectaron a 423.000 personas. Estas colectividades constituíron unha fonte de apoio na retagarda para milicias. [5]
Véxase tamén [editar]
Notas [editar]
- Abel Paz: Durruti en la Revolución española (1996), Fundación Anselmo Lorenzo.
- Carlos Semprún-Maura: Revolución y contrarrevolución en Cataluña (1978), Tusquets
- Hans Magnus Enzensberger: El corto verano de la anarquía. Vida y muerte de Durruti (1998), Anagrama.
Notas [editar]
- ↑ http://www.alasbarricadas.org/ateneo/modules/wikimod/index.php?page=...confederales
- ↑ http://www.sbhac.net/Republica/Fuerzas/EPR/EprB/Columnas.htm
- ↑ http://www.alasbarricadas.org/ateneo/modules/wikimod/index.php?page=...agua
- ↑ http://republicaomuerte.iespana.es/tiznaos.htm
- ↑ http://www.enlucha.org/folletos/guerra.html
Artigos relacionados [editar]
- Exército Popular Republicano.
- Guerra Civil Española.
- Revolución Española.
- Confederación Nacional do Traballo.
- Federación Anarquista Ibérica.
Ligazóns externas [editar]
- Milicias e unidades militares confederais (en castelán)
- The Spanish Revolution, 1936-39(en inglés)