Bon Jovi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bon Jovi - Logo.svg
Obraz 131.jpg
Bon Jovi nun concerto en Nijmegen, Holanda
Orixe Nova Jersey, USA Flag of the United States.svg
Período 1983 -
Xénero(s) hard rock, glam metal
Selo(s) discográfico(s) Polygram Records, Mercury Records, Island Records
Membros Jon Bon Jovi (voz e guitarra)
Richie Sambora (voz e guitarra)
David Bryan (teclados)
Tico Torres (batería)
Hugh McDonald (baixo desde 1994)
Antigos membros Alec John Such (baixo ata 1994)
Bobby Bandiera (guitarra na xira 2005-2006 e guitarra na carreira solista de Jon Bon Jovi "Destination Anywhere"-1997)
Jeff Kazzee (teclados na xira 2005-2006)
Web oficial www.bonjovi.com


Bon Jovi é unha banda estadounidense de Hard Rock, formada en Nova Jersey en 1983. Acadou sona mundial a mediados dos anos 80 con temas como "Livin' on a Prayer", "You Give Love a Bad Name", "Bad Medicine", "Wanted Dead Or Alive" ou "I'll Be There For You".

Foi formada por Jon Bon Jovi (nome artístico de John Francis Bongiovi), con Richie Sambora na guitarra, David Bryan nos teclados, Tico Torres (Héctor Torres) á batería e Alec John Such como baixista (substituído non oficialmente en 1995 por Hugh McDonald). Acadaron gran éxito nas décadas dos 80 e 90, rexurdindo no 2000 co éxito "It's My Life". Na actualidade están promocionando Lost Highway, disco que ocupou o número 1 de álbums na lista de Billboard, sendo un fito histórico para a banda, que xa conta con 24 anos de carreira e arredor de 130 millóns de discos vendidos.

Historia[editar | editar a fonte]

Formación e primeiros pasos (1978-1985)[editar | editar a fonte]

Jon Bon Jovi é fillo de Frank Bongiovi (famoso perruqueiro estadounidense, fundador da franquía Jon Anthony) e de Carol Sharkey (ex-miss e antiga coelliña de Playboy). De cativo a súa nai intentou introducilo no mundo da música, pero a el non lle interesaba e a súa nai terminou desistindo. Anos máis tarde, na adolescencia, Jon acudiu a un concerto de rock & roll e foi nese momento cando tivo claro o que quería ser, "unha estrela de rock". Antes de acadar o éxito traballou na perruquería do seu pai e limpando pisos de estudios de gravación.

Jon pasou case toda a súa adolescencia escapando do colexio para tocar rock & roll, xeralmente co seu amigo David Rashbaum (David Bryan) co que formou a banda Atlantic City Expressway, que non posuía cancións propias pero que acadou moito éxito nos clubs da zona. En 1980 mudaron o nome por "The Rest". Unha noite, cando se dispuñan a abrir un concerto para Southside Johnny e Billy Squirer no Ritz de Manhattan, foi miralos o seu curmán Tony Bongiovi, un famoso enxeñeiro e produtor de grupos como The Ramones ou Talking Heads, e que era dono dun famoso estudo de gravación no que Jon acostumaba pasar horas axudando no que fose preciso. Tony preguntoulle a Jon como ían as cousas, ó que respondeu: "Odio esta banda, odio esta música, ódiote a ti, pero se podes axudarnos, chámame por teléfono". Días máis tarde, Southside Johnny e Billy Squirer producían a primeira demo de "The Rest". Jon contou despois que iso non era o que el quería, marchando a traballar co seu curmán ós estudos de gravación "Power Station" en Nova York.

A finais dos 70 compartiu o estudio con Steven Tyler, de Aerosmith, David Bowie e Little Steven, gravando algunhas cancións, máis tarde recompiladas no álbum The Power Station Years, do ano 1982.

«Non importa quen estivese gravando no estudo, nunca lles pedín que me deixasen quedar na sesión, pero de cando en cando conectaba con eles e me deixaban quedar. Steven Tyler deixoume estar por alí e velo cantar cando Aeromisth estaba traballando en Rock in a hard place, é algo que nunca esquecerei», .

Tamén coñeceu grandes grupos como The Rolling Stones ou Queen. Estivo facendo presentacións locais, sendo teloneiro doutras bandas.

En 1981 Jon Bon Jovi gravou por primeira vez, coa canción "R2-D2 We Wish You a Merry Christmas" no álbum especial de Nadal Christmas in the Stars, producido por Tony Bongiovi na Power Station.

En 1983 Chip Hobart, director da emisora Wapp FM, lanzou un disco onde se recompilaba unha canción de cada artista novo, e Jon aproveitou para levar o seu sinxelo "Runaway" (canción escrita en 1980 e que gravara ese ano cando o estudio estaba baleiro), sendo a canción que máis destacou dese álbum. Debido á gran acollida que tivo, pedíronlle facer un concerto, pero necesitaba unha banda propia. Polygram, que xa se fixara en Jon, fíxolle un gran contrato dándolle a liberdade de contratar ós músicos que el quixese. Jon recrutou a David Bryan, co que xa tocara , o baixista Alec John Such, membro de The Message, quen chamou a Tico Torres para que se instalase na batería. Logo uniuse Richie Sambora, quen logo de ver á banda nun concerto díxolle a Jon que el sería o novo guitarrista. E así, o 21 de xaneiro de 1984 sae á venta o seu primeiro disco, Bon Jovi, co xa mencionado sinxelo "Runaway", que chegou ó top 40. Tamén incluía temas como "She Don't Know Me", "Love Lies" ou "Roulette".

En 1985 lograron o disco de Ouro co álbum 7800 Degrees Fahrenheit, do que lanzaron os sinxelos "In And Out Of Love", "Silent Night" e "Only Lonely", canción que escribiu Jon pouco despois de romper coa súa moza, cando lle deu a elixir entre a música e ela. O disco logrou certo interese, pero non o éxito que desexaban e esperaban. O desinterese manifestábase debido á presenza de baladas, calidade esta na que máis fincapé fixeron os seus detractores, dándolle unha imaxe falsa e mol do que é o Heavy Metal, xa que, nesa época o público do xénero demandaba un son e unha imaxe que reivindicase posturas de rebeldía. Só dous grupos lograran romper as barreiras entre pesados e suaves: Def Leppard e o propio Bon Jovi.

Ese mesmo ano participaron no festival "Monsters Of Rock", pero non foi suficiente para dar o salto á fama. Non conseguiron asistir ó Live Aid. Ese ano Jon Bon Jovi coñeceu a Cinderella, facendo unha xira xuntos polos Estados Unidos.

Días de gloria con Slippery When Wet e New Jersey (1986-1989)[editar | editar a fonte]

Debido a que o seu último álbum acadara un éxito moderado, puxéronse a traballar no lanzamento do seu decisivo terceiro álbum, Slippery When Wet, en 1986, que non só significou o seu lanzamento ó estrelato, senón que foi un dos álbums máis vendidos de 1986 e da década dos 80. Para este lanzamento contaron coa axuda do reputado produtor e compositor Desmond Child. O disco vendeu máis de 12 millóns de copias nos EE.UU, onde os sinxelos "You Give Love A Bad Name" e "Livin' on a Prayer" foron número un. "Livin' On A Prayer" estivo 4 semanas no primeiro lugar da revista Billboard, o álbum estivo no top 5 durante 38 semanas e 46 semanas no top 10. Tamén triunfaron as cancións "Never Say Goodbye", "Raise Your Hands", "Wild In The Streets" e "Wanted Dead Or Alive", que se converteu na insignia da banda).

En outubro o disco chegou ó número 1 nos Estados Unidos, onde estivo 8 semanas. En Canadá logrou 10 discos de platino, dous no Reino Unido, un de ouro en Alemaña, España, Italia, Finlandia, Suecia e Xapón. A fama chegou a tal punto que Jon asinaba con outro nome nos hoteis onde se aloxaban para pasar desapercibido.

En 1987 Jon participou no show de "Donnington '87" xunto a Bruce Dickinson, vocalista de Iron Maiden, Paul Stanley, vocalista de KISS, e Dee Snider vocalista de Twisted Sister.

En 1988 aparece o exitoso New Jersey. Orixinalmente se pensara nun álbum dobre, pero a idea foi descartada pola compañía discográfica. Vendéronse máis de 16 millóns de copias, editándose cinco sinxelos exitosos, chegando dous deles ó número 1: "Bad Medicine" e "I'll Be There For You". Tamén "Born To Be My Baby", "Lay Your Hands On Me" e "Living In Sin" entraron no top 10. Durante esta época foron teloneados por grupos como Cinderella ou Vixen.

En 1989 Jon Bon Jovi xunto a Richie Sambora nunha presentación interpretaron a canción "Wanted Dead or Alive" en vivo, pero armados só con dúas guitarras acústicas, nos MTV Video Music Awards. Esta presentación fascinou ós seus seguidores, e provocou a iniciativa de MTV de crear os especiais acústicos chamados MTV Unplugged, que terían moi boa acollida nos anos 90, sendo Bon Jovi pioneiros con "Evening With Bon Jovi".

Posteriormente, cando se editou o video de "Living In Sin", a banda recibiu algunhas críticas en MTV polo seu contido explícito, polo que, a pedido da cadea, a banda tivo que reeditalo. A xira do New Jersey foi tan longa (237 concertos) que acabou deteriorando fisicamente ós membros. No medio da xira Jon casou con Dorothea Hurley (á que coñecera cando estudaba) en segredo en Las Vegas.

A entrada ós anos 90[editar | editar a fonte]

Os problemas nas posteriores xiras debidos á tensión e ó desgaste físico, ocasionaron que a banda fixera unha paréntese. A súa inactividade a finais de 1989 e principios dos 90 levou a pensar na disolución da banda. Dita idea viuse alimentada cando en 1990 Jon Bon Jovi, en calidade de solista, editou o seu segundo álbum, Blaze of Glory, que constituíu a banda sonora da película Young Guns II. O director da película solicitara a Jon que presentase "Wanted Dead or Alive", éxito de Slippery When Wet, como tema principal da banda sonora, pero Jon viu mellor facer un novo álbum cunha temática do Oeste.

O seu primeiro sinxelo, "Blaze of Glory", é unha especie de segunda parte de "Wanted Dead or Alive", e foi postulado ó Oscar na categoría de "Mellor Canción orixinal", e gañou un Globo de Ouro como "Canción do Ano". Outros éxitos do álbum foron "Billy Get your Guns", "Dying Ain't Much of a Living" ou "Miracle.

Mentres tanto, Richie quixo probar como solista editando o seu primeiro álbum fóra de Bon Jovi, Stranger in this Town, que tivo unha acollida moderada.

Keep The Faith, unha renovación musical (1992-1993):[editar | editar a fonte]

En 1992 reintegrouse o quinteto, lanzando ó mercado o álbum Keep The Faith, co que a banda experimentou un cambio musical, para estar acorde cos novos tempos e manterse en boa brecha, o que provocou moitas críticas. Estas incrementáronse polo cambio radical da súa aparencia.

Ante estas críticas Jon declarou:

«En ocasións penso que é o mellor que fixemos. Keep the Faith ten un montón de temas excelentes; "I'll Sleep When I'm Dead", trata dunha rapaza que baila sobre unha mesa; "Blame it on the Love of Rock n' Roll", fala de cando eramos novos e diciamos "vou tocar no Madison Square Garden" algún día, e os teus amigos contestábante "si, claro, por suposto..."; "Keep the Faith" é un tema máis serio e recoñece o dura que é a década dos noventa. Reflexa a decepción da banda ante a indiferencia cara os problemas e trata de dar unha mensaxe positiva nestes tempos tan difíciles; "I Believe" ten un diálogo moi serio: destrúe o mito da idolatría. "If I was your Mother" trata dun tipo que está obsesionado coa relación que ten coa súa moza. Garantízovos que non é a parte dous ou tres de Slippery ou New Jersey. Non son as mesmas cancións, as mesmas estruturas, pero falamos da mesma banda».

Despois de todo arrasan novamente e amosan a súa calidade en cancións como "Keep the Faith", "Bed Of Roses", "In these arms", "I'll Sleep When I'm Dead", "I Believe" ou "Dry county" (ademais da primeira canción en castelán da banda, "Cama de Rosas"). O álbum logrou vender 10 millóns de copias a nivel mundial, e con el iniciaron outra xira mundial, que os levou por segunda vez a Latinoamérica.

Cross Road e These Days (1994-1996)[editar | editar a fonte]

En 1994 plantexouse a posibilidade de publicar un recompilatorio doble en directo, pero ó final lanzouse ó mercado o álbum recompilatorio Crossroad 14 classic grooves, que contén ademais dous temas novos: "Always" e "Someday I'll Be Saturday Night", cos que arrasaron novamente coas listas europeas e americanas. O álbum vendeu 25 millóns de copias a nivel mundial. No mesmo ano Alec John Such abandonou a banda, sendo substituído de forma non oficial por un vello amigo, o baixista Hugh McDonald, que xa gravara con Jon e a banda The All Star Review o seu primeiro éxito, "Runaway", en 1982.

En 1995 lanzaron ó mercado o álbum These Days, con temas máis escuros que nas súas anteriores producións, sobre todo as cancións "Hey God" e "Something To Believe In", cunhas letras que deron moito que falar. These Days foi un disco moi vendido en Europa, se ben nos Estados Unidos tivo un éxito moderado. Deste álbum editáronse os sinxelos "Hey god", "Something for the pain", "Hearts Breaking Even", "Damned", "These days", "This is ain't love song" ("Como Yo Nadie Te Ha Amado" na versión en castelán) e a suave "Lie to me".

En xuño dese ano a banda tocou no mítico Estadio de Wembley, en Londres. Foron os días 23, 24 e 25, con cheos absolutos de 72.000 persoas por noite. A terceira noite foi gravada e editada en video como Live From London, con 11 temas dos máis de 20 que tocaron.

Logo da emisión de These Days, cando a banda aínda non terminara a xira de Crossroad e trala saída de Alec, Jon manifestou:

"Tivemos álbums enormes, como tivemos álbums non tan enormes; con tal de que eu estivese contento con eles non me importaba. Eu estou moi contento de que o álbum dos mellores éxitos fose tan enorme; iso si é un gran placer, pero o que é importante é que a nós nos gustan as cancións e tamén ó público que as escoita; These Days é a continuación dunha aventura da banda. Ninguén sabe onde terminará, pero eu sei que non estamos retrocedendo".

En 1996 continúa a xira mundial de These Days, percorrendo case toda Europa, América e Xapón con cheos totais.

Nestes tempos Richie casou coa actriz Heather Locklear; a esposa de David tivo xemelgos e Tico, que era tamén pintor e piloto, casou coa modelo Eva Herzigova; por todo isto a banda decidiu facer unha nova paréntese, separándose despois do seu tour por Londres en 1996.

Nova aventura en solitario (1997-1999)[editar | editar a fonte]

En 1997 Jon Bon Jovi editou o seu terceiro álbum como solista, Destination Anywhere, onde aparecen bos temas de pop, como "Janie, Don't take your Love to Town", "Naked", "Midnight in Chelsea", "Destination Anywhere", "Queen of New Orleans" ou a canción en castelán "Miro a tu Ventana". Son temas escritos en distintas partes do mundo. Richie Sambora, pola súa parte, edita Undiscovered Soul, o seu segundo álbum como solista, con temas como "Hard Times Come Easy" ou "Made in America". David Bryan tamén editou nese ano o seu primeiro disco en solitario, Lunar Eclipse, con temas instrumentais (todas a piano e creadas por el), máis o éxito do 92 "In These Arms" en versión cantada por el.

Nestes anos Jon convertiuse en modelo e artista de cine, participando en películas como "Little City", "Moonlight and Valentino" e "Destination Anywhere" onde comparte o protagonismo con Demi Moore.

O 31 de xaneiro de 1998 houbo un concerto chamado "Jon Bon Jovi and Friends Come Together", en homenaxe a Patrick King, que fora asasinado o 20 de novembro de 1997. Logo Jon participou no evento humanitario "Pavarotti and Friends", onde interpreta xunto a Luciano Pavarotti a canción "Let it Rain".

En 1999 editouse o videoclip da canción "Real Life", onde aparece toda a banda xunta (a excepción de David Bryan, que sufrira un accidente onde case perdeu a man) como banda sonora da película Ed TV, e como aviso de que a banda regresaba novamente.

"It's My Life", un exitoso regreso (2000-2002)[editar | editar a fonte]

Jon Bon Jovi, 25 de maio de 2006

No 2000 lanzaron o esperado Crush, álbum que significou a reaparición da banda, gravado no estudio de Jon Bon Jovi. Foi un dos discos máis vendidos e escoitados dese ano, con sinxelos como "It's my life", que conseguiu grandes ventas e se consolidou como a canción do ano nos premios VH1. Tamén tiveron boa acollida os sinxelos "Say Isn't So", "Thank You For Loving Me" e "One Wild Night", canción que se aproveitou para titular o primeiro disco en vivo do grupo en case 20 anos de carreira. A madurez compositiva do grupo aumentou con temas tan diferentes no seu repertorio como "Next 100 years", "Two story town" ou "Just Older. O álbum vendeu máis de 13 millóns de copias a nivel mundial, e logrou doble disco deplatino nos Estados Unidos.

A banda tocou por primeira vez no teito dun edificio no programa "The Late Show with David Letterman". Recibiu as nominacións ó Grammy por "Mellor álbum de rock", "mellor interpretación de rock de grupo ou dúo" por "It´s My Life". Ese mesmo ano Bon Jovi logrou o premio "My VH-1 Award" por "O meu Video Favorito", e realizou dous concertos con cheos absolutos no Wembley Stadium de Londres, antes de que fora derrumbado.

Desde entón lanzarno discos con sinxelos de boa recepción nas radios, como "One Wild Night" (2001), unha recompilación de cancións gravadas de concertos en vivo entre 1985 e o 2001. Este disco non gustou a algúns seguidores, xa que nel se incluíron temas como "I Don't Like Mondays" ou "Rockin' In The Free World", deixando de lado clásicos como "Lay Your Hands On Me", "Born To Be My Baby" ou "Always", e sobre todo, por que o álbum reunía actuacións en vivo da banda ó longo da súa historia e non un concerto íntegro da última xira como se esperaba. A banda realizou unha xira de 54 shows por 15 países ante máis de 2 millóns de persoas.

No 2002 lanzaron o disco Bounce, inspirado nos atentados do 11 de setembro. Foi un disco exitoso, do que se despreden os sinxelos "Everyday", "Misunderstood", "Undivided" e "All about Loving you". Un disco guitarreiro e metaleiro pero que non chegou a enganchar masivamente como se esperaba en Europa, pero si en América e Xapón. Tamén se desprenden temas bos como "Bounce", "The distance" ou "Hook me up. O álbum vendeu aproximadamente 8 millóns de copias e de novo supuxo unha gran xira mundial de gran éxito, con concertos acústicos en varias cidades previos ás grandes actuacións.

O 20º aniversario da banda (2003-2004)[editar | editar a fonte]

No 2003 editouse This Left Feels Right, unha antoloxía dos seus mellores éxitos pero cun estilo totalmente diferente e, ademais, nun formato case acústico. No seu lugar pensábase realizar un disco acústico, gravado en Iocoama (Xapón) no 2003 xunto a unha orquestra, pero á hora de mezclar as cancións pensaron que o mellor era gravalas todas de novo, pero cun xiro á esquerda. Unha vez no estudio a banda considerou que un álbum acústico en directo non aportaba nada significativo a Bon Jovi naquel momento, o que os motivou a coller os éxitos e traballar sobre eles dándolles un novo punto de vista. Jon sinalou:

«Creo que a mellor definición para este álbum é "ecléctico", sabes?, o título "Esta esquerda síntese dereita" (ou correcta, ben...), isto é o que é o noso novo álbum, unha re-introdución a vellos amigos, un disco moi diferente, que ós seguidores lles gustará moito e que tentará a nova xente que nunca escoitou á banda antes a escoitarnos».

O doble DVD que recolle o concerto no Casino Borgata bateu records de ventas na súa primeira semana. Porén, o álbum non conseguiu as metas esperadas. Jon, nunha entrevista realizada a principios do 2007, deu a coñecer a súa disconformidade con este proxecto:

«Gravamos o disco de grandes éxitos e eu sentíame realmente artístico con este novo traballo, sabes? Era algo inédito, e o sacamos á venta. Foi un fracaso, un total fracaso. Os críticos dixeron: «Non xoguen cos nosos recordos nin coas nosas memorias». Foi un duro golpe sobre a miña cabeza, como un martelazo! Aquilo foi un espertar para min. Eu chamábao arte cando en realidade non o era. Os críticos cuestionábanme, onde estaba a arte? Se a verdadeiro arte estaba nos éxitos orixinais, iso foi unha crítica constructiva moi boa. Definitivamente, non o faría de novo.».

No 2004, en agradecemento á gran cantidade de seguidores, sacan o seu Box Set chamado 100'000,000 Bon Jovi Fans Can't be Wrong, unha colección de 4 CD's e un DVD como recompilación de 50 cancións inéditas, no que celebran os seus 20 anos e no que centos de fans teñen a posibilidade de escribir no booklet. Del destacan "Why aren't you dead?", "The Radio Save My Life Tonight", "Good guys don't always wear white", a versión 2004 da banda sonora da película Ed TV, "Real Life" ou "Open all night". Algunhas das cancións son demos ou versións distintas ("Temptation", "Real Life", "Someday I'll be saturday night"...) de caras B ou BSO.

Have a nice day e a xira europea (2005-2006)[editar | editar a fonte]

A comezos do 2005 dan algúns concertos en Philadelphia (xaneiro) e Las Vegas (abril). Neste último tocan por primeira vez unha canción do novo álbum, pero non foi ata xullo, no concerto benéfico "Live 8" sintonizado en Mtv, onde tocan por primeira vez o tema que daría nome ó novo disco.

Have A Nice Day editouse en setembro do 2005, un disco que mantén a frescura e o son de sempre pero dirixido a un campo máis amplo de público. Na súa semana de lanzamento acadou o número 1 en ventas en Canadá, Alemaña, Austria, Xapón, Australia e en xeral nas ventas totais de Europa, chegando ó número un do chart europeo. Nos Estados Unidos debutou no número 2 do chart, sendo o seu mellor debut en toda a súa historia.

Bon Jovi no Tour Europe 2006

Have A Nice Day vendeu máis de 9 millóns de discos en todo o mundo. Del editáronse 3 sinxelos: "Have a nice day", "Welcome to wherever you are" e "Who says you can't go home". Deste tema fíxose unha versión country coa vocalista da banda Sugarland, Jennifer Nettles, que tivo moito éxito principalmente en Estados Unidos e que acadou un premio da Música Country. Ademais, foi a primeira canción country, desde unha banda de rock, en acadar o número un nos charts country de EEUU. Neste disco tamén aparecen temas como "I Want to be Loved", "Story of my life", "I Am", "Complicated", "Dirty little secret" ou "Unbreakable".

A xira "Have a nice day Tour" convertiuse nun éxito mundial, facendo de cada concerto un show diferente onde recuperaron antigos éxitos en directo. Malia seren recibidos na casa blanca durante esta xira, non pasaron por España nin por Latinoamérica.

A xira estivo a piques de ser suspendida por problemas persoais nas familias de David e Richie. Este último, ademais de recibir unha petición de divorcio por parte da súa muller, lesionouse un brazo e recibiu anova de que o seu pai tiña cancro de pulmón. Malia a depresión que arrastraba e que a lesión lle impedía tocar en plenitude de condicións, optou por non deixar tirados ós seguidores.

O Tour "Have a Nice Day" acabou sendo un éxito de público, destacando os concertos de Dublin e Milton Keynes. O Tour terminou en Nova Jersey, no Giants Stadium, con tres actuacións con cheos o 18, 19 e 29 de xullo.

O 14 de novembro de 2006 tivo lugar a terceira ceremonia do UK Hall of fame, onde a banda, xunto a Led Zeppelin, Rod Stewart, James Brown e Brian Wilson, pasou a formar parte das lendas da música ó entrar no Salón da Fama do Reino Unido, sendo a banda máis xoven en formar parte deste selecto grupo.

Días despois Bon Jovi foi nominado ó Grammy polo dueto country "Who says you cant go home?" con Jennifer Nettles (Sugarland), premio que acabaron conseguindo, sendo a primeira banda de Rock en gañar premios nesa categoría e permanecer primeiros nos rankings Country.

Novo Álbum, novos horizontes: Lost Highway (2007)[editar | editar a fonte]

Décimo disco, cun toque country que lle dá frescura á banda. As guitarras slide e pedal steels soan en todo o álbum, destacando en temas como "Whole lot of leavin", "Lost highway" (2º sinxelo) ou "I love this town". Tamén ten baladas suaves como "(You want to) Make a memory" (1º sinxelo), "Everybody's broken" e "Till we ain't strangers anymore" xunto a Lee Ann Rinnes (3º sinxelo), a banda demostra que sen acordes moi complicados, é posible facer temas de moitísima calidade lirica e vocal. É un disco que fala moi ben do aspecto creativo da banda, que trata de sorprender co toque típico de rock que acostuma con "Any Other Day". A canción máis potente do disco é "We got it goin' on", tema rockeiro por excelencia, interpretado xunto a Big & Rich.

Lost Highway lanzouse o 19 de xuño, e a banda comezou a realizar pequenas presentacións en distintos lugares arredor do mundo. O 6 de xuño gravaron un unplugged para MTV, VH1 e CMT, espectáculo que iniciaran nos "MTV Video Music Awards" de 1989. A banda interpretou os seus mellores éxitos en formato acústico, que xa é bastante usual na banda ultimamente. Porén, a presentación foi algo decepcionante debido a que Richie non se encontraba en condicións para tocar e durante o espectáculo estivo bastante desanimado e sen forzas. Logo deste concerto decidiu internarse e comezar unha desintoxicación das súas adiccións, das que non se falou nin se especificaron. Saíu rehabilitado ós poucos días, tocando o 24 de xuño no concerto inaugural no O2 Arena de Londres.

O vocalista, xunto con Fito Páez e Aleks Sintek, deu un concerto a beneficio do Bosque de Chapultepec no Antigo Colexio De San Ildefonso, en México D.F. o 19 de xullo de 2007.

Recentemente o álbum Lost Highway acadou o 1º posto en álbums, algo que non acadaran desde 1988 co New Jersey. A xira deste disco iniciouse en xaneiro de 2008 cunha serie de 10 concertos en Nova Jersey, no Prudential Center, para seguir por terras canadenses. A banda mudaba a lista de temas en cada concerto, e e Richie Sambora xa estaba plenamente recuperada, polo que a xira prometía. En novembro confirmouse a presenza do grupo en España o 1 de xuño no Estadi Olímpic de Barcelona, concerto que xa ten as entradas esgotadas.

Bon Jovi volveron ser nominados para os premios Grammy: á mellor interpretación vocal a dúo ou en grupo por "(You Want To) Make a Memory" e ó mellor álbum pop (malia que, segundo os propios membros da banda, ten un aire country).

Datos Adicionais, Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • Recentemente, nunha enquisa da VH1 "Livin´On A Prayer" resultou ser a canción máis exitosa dos anos 80.
  • Jon escribiulle "You Give Love A Bad Name" a Diane Lane.
  • O primeiro álbum da banda íase chamar "Tough Talk".
  • Jon e Richie tiveron un choque instantáneo cando Richie chegou a facer a audición para ser o guitarrista da banda, pois Jon dixo: "ha, ha, ¿quen é ese idiota?", pero despois de 10 minutos de tocar con el, mudou de idea.
  • Richie Sambora é daltónico.
  • Richie Sambora fixo audicións para formar parte de Kiss, unha das bandas máis importantes da historia do rock, pero foi rexeitado, o que tampouco lle afectou demasiado ó non sentirse cómodo coa formación.
  • A banda tivo problemas legais con Sebastian Bach (vocalista de Skid Row), que abriu unha demanada contra Jon Bon Jovi e Richie Sambora alegando abuso financieiro, demanda gañada por Bach, terminando así a relación Jon Bon Jovi/Sebastian Bach; curiosamente, en 1995, Skid Row pediu abrir os cocnertos da xira do "These Days" de Bon Jovi, pero Jon negouse para evitar problemas futuros.
  • Jon Bon Jovi e Richie Sambora son co-propietarios do equipo de fútbol americano Philadelphia Soul.
  • Jon escribiu o tema "Bed Of Roses" para a súa esposa, Dorothea.
  • O tema "Novocaine", de Have A Nice Day, está baseado no malestar da banda e sobre todo de David Bryan, a raíz do seu divorcio.
  • Richie está considerado o mellor guitarrista de tódolos tempos segundo unha enquisa realizada por VH1
  • O tema "I Got The Girl", do disco Crush, foi escrito por Jon Bon Jovi para a súa filla, Stephanie Rose.
  • Bon Jovi compuxo en 1994 o tema "Good Guys Don't Always Wear White" para a pelicula The Cowboy Way.
  • "I'll Be There For You" foi escrita por Jon Bon Jovi tras unha forte discusión coa súa muller.
  • "Last Man Standing" é unha homenaxe ós "próceres" da música que aínda están vivos, entre eles, Bob Dylan ou Paul McCartney.
  • O día que Jon Bon Jovi cortou o pelo, nos anos 90, deixando atrás a melena dos 80, está considerado o momento nº 24 na lista dos 100 peores momentos do Heavy Metal de VH1.
  • Jon Bon Jovi inspirouse na película Meet Joe Black ó escribir a canción "Thank you for Loving me".
  • Na gravación do video "Real Life" David non apareceu, pois xusto antes sufrira un accidente no que se viu afectado a súa man dereita. No seu lugar Tico Torres aparece cun cartel coa foto e forma de David.
  • Jon inspirouse na película Sixth Sense para compor a canción e facer o video de "(You Want to) Make a Memory".

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums da banda completa[editar | editar a fonte]

Como solistas[editar | editar a fonte]

Jon Bon Jovi

Richie Sambora

David Bryan

Álbums de edición limitada[editar | editar a fonte]

  • Sing the Hits of Bon Jovi (Karaoke álbum) 1994
  • Fields on Fire 1995
  • Best Ballad 1998
  • Bounce B-Sides 2002

EPs[editar | editar a fonte]

  • Borderline 1986
  • Tokio Road (Japan) 1986
  • In The Still of the Night 1986
  • Wanted Dead or Alive (Japan) 1986
  • Never Say Goodbye 1987
  • Wild in the Streets 1987
  • Wanted Dead or Alive 1987
  • Love is War 1990
  • Miracle 1990
  • Bed of Roses 1993
  • I Believe 1993
  • Dry County 1994
  • Always 1994
  • Always (Germany) 1994
  • This Ain't a Love Song 1995
  • Something for the Pain 1995
  • Hey God 1996
  • Say Isn't So 2000
  • Thank You For Loving Me 2001
  • Misunderstood 1 (Ltd Ed) 2002
  • The Distance 2002
  • Everyday/Misunderstood 2003
  • All About Loving You 2003
  • Misunderstood 2 2003
  • Have a Nice Day (Japan) (Ltd Ed) 2005
  • Welcome to Wherever you Are (Germany) 2006
  • Who Says You Can't Go Home 2006
  • Lost Highway2007

Álbums Mixtos[editar | editar a fonte]

Son os álbums onde aparece polo menos unha canción extra da banda.

  • Christmas in the Stars 1980 "R2-D2 We Wish You a Merry Christmas"
  • The Best of WAPP 1983 "Runaway"
  • Disorderlies 1987 "Edge of a Broken Heart"
  • A Very Special Christmas 1 1987 "Back Door Santa"
  • Stairway To Heaven 1989 "The Boys are Back in Town"
  • A Very Special Christmas outubro 1990 "I Wish Everyday Could Be Like Christmas"
  • Harley Davidson & The Marlboro Man 1991 "Wanted Dead or Alive"
  • Memphis 1992 "Memphis Lives In Me"
  • A Very Special Christmas 2 outubro 1992 "Please Come Home For Christmas"
  • Feel the Love 1993 "When I Look Into your Eyes"
  • The Cowboy Way maio 1994 "Good Guys Don't Always Wear White"
  • Stars in Spanish 1995 "Cama de Rosas"
  • Null 1996 "Como yo Nadie te ha Amado"
  • Armageddon 1998 "Mister Big Time"
  • EDtv marzo 1999 "Real Life"
  • A Very Special Christmas 4 1999 "Please Come Home for Christmas (Live)"
  • Trigger Happy TV 2001 "Wanter Dead or Alive 2001"
  • A Very Special Christmas 5 2001 "Blue Christmas"

Outras cancións da banda[editar | editar a fonte]

sinxelos, caras-B ou Unreleased

  • "Ain't No Cure for Love"
  • "Alive"
  • "American Dream"
  • "Another Reason To Believe"
  • "Backdoor To Heaven"
  • "Better Think Twice"
  • "Blood Money"
  • "Borderline"
  • "Breath"
  • "Broken Promises (Only Lies)"
  • "Cadillac Man"
  • "Cats in the Cradle"
  • "Deep Cuts The Knife"
  • "Diamond Ring"
  • "Does Anybody Really Fall In love Anymore"
  • "Do It To Ya"
  • "Don't Do That To Me"
  • "Drive"
  • "Edge Of A Broken Heart"
  • "Fields On Fire"
  • "Funky Santa"
  • "Game of the Heart"
  • "Gimme Some"
  • "Good Ain’t Good Enough"
  • "Good Guys Don’t Always Wear White"
  • "Growin' Up The Hard Way"
  • "Have a nice day"
  • "Heart of America"
  • "Homebound Train"
  • "House of Fire"
  • "Hush"
  • "I Don't Want To Live Forever"
  • "I Talk To Jesus"
  • "I Wish Every Day Could Be Like Christmas"
  • "I'll be Gone"
  • "If I Can’t Have Your Love (RIchie Sambora en primera voz)"
  • "Is There Love"
  • "Judgement Day"
  • "King Of The Heart"
  • "Let It Rain (Featuring Pavarotti)"
  • "Let´s Make Baby"
  • "Life’s Too Short For Days Like These"
  • "Lonely At The Top"
  • "Lonely Is The Night"
  • "Long Way Around* Love Ain't Nothing But a Four Letter Word"
  • "Love Hurts"
  • "Love Is War"
  • "Lucky"
  • "Maybelline (Forever Mine)"
  • "Mr Big Time"
  • "Noname"
  • "Nothing"
  • "Never Enough (Too Much Too Soon)"
  • "Never Enough (Too Much Too Soon)" (Letra alternativa)
  • "Never Say Goodbye 2nd demo version"
  • "Now And Forever"
  • "Older"
  • "One (Undivided)"
  • "One Last Goodbye"
  • "Ordinary People"
  • "Pessimistic Man"
  • "Please Come Home for Christmas"
  • "Prostitute"
  • "Put The Boy Back In Cowboy"
  • "Real Life" (Primeira versión 1999)
  • "River Of Love"
  • "Right Side Of Wrong"
  • "Rosie"
  • "Sad Song Night"
  • "Save A Prayer"
  • "Social Disease" (Letra Alternativa)
  • "Stand Up"
  • "Standing"
  • "Starting All Over Again"
  • "Stay"
  • "Stick To Your Guns"
  • "Take Me Home (Take Me All)"
  • "Take Me On"
  • "Temptation"
  • "The Ballad Of Alice Cooper"
  • "The End"
  • "The Promise"
  • "The Sole Truth"
  • "There Is No Answer (Love on the Wrong Side)"
  • "This Time"
  • "This Woman Is Dangerous"
  • "Tonight"
  • "Walk Don't Run"
  • "Walk Like A Man"
  • "We All Sleep Alone"
  • "We Can Dance"
  • "Wedding Day"
  • "Welcome To the Good Times"
  • "When I Look Into your Eyes"
  • "When She Comes"
  • "Wild In The Streets (Acoustic Demo)"
  • "Without Love"
  • "You Can't Lose At Love"
  • "You Never Really Know"

Versións[editar | editar a fonte]

  • 634-5789
  • "(You've Got To) Hide Your Love" (por Richie Sambora)
  • "A Hard Day's Night" (por Richie Sambora)
  • "All Right Now"
  • "America the Beautiful"
  • "Baby What Do You Want Me To Do"
  • "Back In The USSR"
  • "Backdoor Santa"
  • "Badlands"
  • "Bang Bang"
  • "Because The Night"
  • "Blue Christmas"
  • "Bridge Over Troubled Water"
  • "Bring It On Home"
  • "Brother Louie"
  • "Brown Sugar"
  • "Can't Help Falling In Love"
  • "Celluloid Heroes"
  • "Chanukah Song"
  • "Christmas (Baby Please Come Home)"
  • "Crazy"
  • "Crossroads"
  • "Dancing In The Streets"
  • "Drift Away"
  • "Feeling Like Making Love"
  • "Fever"
  • "Foxy Lady"
  • "Free Bird"
  • "Get Back"
  • "Gimme Some Lovin'"
  • "Give Peace A Chance"
  • "Gloria"
  • "Glory Days"
  • "Goin' Back"
  • "Good Golly Miss Molly"
  • "Good Lovin'"
  • "Hallelujah"
  • "Have A Little Faith In Me"
  • "Havin' A Party"
  • "Heartbreak Hotel"
  • "Hearts of Stone"
  • "Heaven Help Us All"
  • "Help"
  • "Helter Skelter"
  • "Here Comes the Sun"
  • "Heroes"
  • "Hey Jude"
  • "Hippy Hippy Shake"
  • "Honky Tonk Women"
  • "House Of The Rising Sun"
  • "How Long Has This Been Going On?"
  • "I Don't Like Mondays"
  • "I Don't Want to Fade Away"
  • "I Don't Want To Go Home"
  • "I Need Love"
  • "I Shall be Released"
  • "I Shot The Sheriff"
  • "I Should Have Known Better"
  • "I Thank You"
  • "I Wanna Take You Higher"
  • "If Lovin' You Is Wrong (I Don'T Want To Be Right)"
  • "I'm Down"
  • "Imagine"
  • "It's All Over Now"
  • "It's My Life"
  • "It's Only Make Believe"
  • "It's Only Rock'N Roll"
  • "I've Been Working Too Hard"
  • "Jailbreak"
  • "Jersey Girl"
  • "Johnny B. Good"
  • "Jumpin' Jack Flash"
  • "Just Like A Woman"
  • "Knockin' On Heaven's Doors"
  • "Layla"
  • "Lean On Me"
  • "Let It Bleed"
  • "Levon"
  • "Like A Rolling Stone"
  • "Little Drummer Boy"
  • "Midnight Rider"
  • "Mrs Robinson"
  • "Not Fade away"
  • "One"
  • "Papa Was A Rolling Stone"
  • "Piece Of My Heart"
  • "Please Come Home For Christmas"
  • "Pretty Woman"
  • "Proud Mary"
  • "R2-D2 We Wish You A Merry Christmas"
  • "Respect"
  • "Rockin' All Over The World"
  • "Rockin' In the Free World"
  • "Run Run Rudolph"
  • "Save The Last Dance For Me"
  • "Seven Days"
  • "Shattered"
  • "Shooting Star"
  • "Shout"
  • "Signed Sealed Delivered"
  • "Silent Night"
  • "Smokin' In the Boys Room"
  • "So You Want To Be A Rock 'N' Roll Star"
  • "Strutter"
  • "Summertime Blues"
  • "Suspicious Minds"
  • "Sylvia's Mother"
  • "Sympathy For The Devil"
  • "That's All Right, Mama"
  • "The Boys Are Back In Town"
  • "The Fever"
  • "The Joker"
  • "The Wind Cries Mary"
  • "Train Kept A-Rollin'"
  • "Travellin' Band"
  • "Treat Her Right ( Hey, Hey, Hey, Hey)"
  • "Try A Little Tenderness"
  • "Tumblin' Dice"
  • "Twist And Shout"
  • "Walk Away Renee"
  • "Walking The Dog"
  • "Walk This Way"
  • "Waltzing Matilda"
  • "We Gotta Get Out Of This Place"
  • "We Will Rock You"
  • "We're An American Band"
  • "What A Wonderful World"
  • "When A Blind Man Cries"
  • "With A Little Help From My Friends"
  • "You Belong To Me"
  • "You Keep Me Hangin'"


Premios[editar | editar a fonte]

Ano Premio Categoría
1987 MTV Video Music Awards Mellor Actuación en Escenario nun Video por "Livin' on a Prayer"
1988 American Music Awards Mellor Banda de Rock
1990 Globo de Ouro Mellor Canción por "Blaze of Glory" (Soundtrack de Young Guns II)
1991 American Music Awards Mellor Sinxelo por "Blaze of Glory"
1991 MTV Video Music Awards Premio "Video Vanguardista"
1992 Libro Guiness dos Records Disco de Ouro máis rápido dos anos 90
1993 Libro Guiness dos Records A banda máis ruidosa en vivo
1995 World Music Awards Banda do Ano
1995 MTV Europe Music Awards Mellor Rock
1996 Brit Awards Mellor Banda Internacional
1997 MTV Europe Music Awards Mellor Artista Masculino (Jon Bon Jovi)
1998 Brit Awards Artista Internacional Masculino (Jon Bon Jovi)
2001 VH1 Music Awards Vídeo do ano por "It's My Life"
2001 Banco de Alimentos de Monmouth e Condados del Océano Humanitario do ano polo seu traballo caritativo de parte da xente de Nova Jersey.
2002 VH1 Music Awards Mellor espectáculo en Vivo
2002 MTV Asia Awards Mellor Artista Rock
2004 American Music Awards Honor ó Mérito
2005 World Music Awards Premio Diamante por vender 100 millóns de discos
2006 Country Music Television Awards Mellor Canción Country por "Who Says You Can't Go Home"
2006 UK Music Salón da Fama
2007 People's Choice Awards mellor canción de rock por "Who Says You Can't Go Home"
2007 GRAMMY Mellor dueto country por "Who Says You Can't Go Home"

Videografía[editar | editar a fonte]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Bandas sonoras[editar | editar a fonte]

  • Light of Day 1987 (canción "Only Lonely")'
  • Spaceballs 1987 (canción "Raise Your Hands")
  • Disorderlies 1987 (canción "Edge of a Broken Heart")
  • Mtv Music Awards 1989 (cancións "Livin' On a Prayer" e "Wanted Dead or Alive")
  • Navy SEALS 1990
  • Young Guns II 1990 (BSO feita por Jon Bon Jovi, coa colaboración de grandes músicos como Little Richard, Elton John ou Aldo Nova. Cancións: "Blaze of Glory", "Miracle", "Santa Fe", "Dyin' Ain't Much For a Livin'")
  • The 63rd Annual Academy Awards 1991 (TV) (canción "Blaze of Glory")
  • Harley Davidson and the Marlboro Man 1991 (canción "Wanted: Dead Or Alive")
  • The Cowboy Way 1994 (canción "Good Guys Don't Always Wear White")
  • Destination Anywhere 1997 (canción "Destination Anywhere")
  • Armageddon 1998 (canción "Mister Big Time")
  • Ed Tv 1999 (canción "Real Life")
  • Rock Star 2001 (canción "Livin' on a Prayer")
  • Jay and Silent Bob Strike Back 2001 (canción "Bad Medicine")
  • America the Beautiful 2001 (TV) (canción "America the Beautiful")
  • Avenging Angelo 2002
  • The Very Best of Cher: The Video Hits Collection 2004 (V) (canción "We All Sleep Alone")
  • Wild Hogs 2006 (V) (cancións "Lost Highway" e "Wanted dead or alive")

Películas[editar | editar a fonte]

  • The Return of Bruno 1988
  • "Young guns II" 1990
  • Moonlight & Valentino 1995
  • The Leading Man 1996
  • Destination Anywhere 1997
  • Homegrown 1998
  • Little City 1998
  • No Looking Back 1998
  • Row your Boat 1998
  • U-571 2000
  • Pay it Forward 2000
  • Vampires: Los Muertos 2002
  • Cry Wolf 2006
  • Pucked 2006

Series de Tv[editar | editar a fonte]

  • Ally McBeal (Jon Bon Jovi foi coprotagonista desta serie na súa última tempada (2002), co personaxe de Victor Morrison).
  • Sex and the City (Jon Bon Jovi apareceu como un de tantos amoríos equivocados de Carry (Sarah Jessica Parker. O seu personaxe foi Seth no capítulo Games People Play (1999))
  • ' (Jon Bon Jovi aparece no capítulo Centennial (2005).
  • ' (Jon Bon Jovi aparece no capítulo Welcome to Wherever You Are (2006) facendo del mesmo. O nome do capítulo vén dun dos temas do álbum Have a Nice Day.

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Ano Canción EUA US Main Rock AUS Reino Unido US AC LAT Álbum
1983 "Runaway" 39 18 - - - 8 Bon Jovi
1984 "She Don't Know Me" 48 29 - - - 5 Bon Jovi
1985 "In And Out Of Love" 69 37 - - - - 7800 Degrees Fahrenheit
1985 "The Hardest Part Is the Night" 94 56 40 68 78 29 7800 Degrees Fahrenheit
1985 "Only Lonely" 54 28 - 24 - 17 7800 Degrees Fahrenheit
1986 "Silent Night" - 24 - - - - 7800 Degrees Fahrenheit
1986 "You Give Love a Bad Name" 1(2sem.) 1(2sem.) 2 4 3 2 Slippery When Wet
1986 "Wanted Dead or Alive" 1(2sem.) 3 2 3 7 - Slippery When Wet
1987 "Livin' On a Prayer" 1(8sem.) 1(4sem.) 1(4sem.) 1(5sem.) 1(6sem.) 1(4sem.) Slippery When Wet
1987 "Never Say Goodbye" 28^ 11 1(2sem.) 2 - 1 Slippery When Wet
1987 "Edge of a Broken Heart" 38^ 23 45 - 2 - Disorderlies Soundtrack
1988 "Bad Medicine" 1(4sem.) 1(3sem.) 4 2 2 1(2sem.) New Jersey
1988 "Born to Be My Baby" 1(3sem.) 7 3 2 3 18 New Jersey
1989 "I'll Be There For You" 1(6sem.) 12 1(5sem.) 1 1 1(3sem.) New Jersey
1989 "Lay Your Hands On Me" 7 20 23 18 2 2 New Jersey
1989 "Living In Sin" 9 37 10 35 10 10 New Jersey
1992 "Keep The Faith" 9 1(3sem.) 1(5sem.) 3 3 2 Keep The Faith
1993 "Bed Of Roses" 1(5sem.) 10 1(3sem.) 1(4sem.) 2 1(9sem.) Keep the Faith
1993 "In These Arms" 2 3 10 2 2 2 Keep the Faith
1993 "I'll Sleep When I'm Dead" 7 9 4 7 10 5 Keep the Faith
1993 "I Believe" 23 2 40 11 2 9 Keep the Faith
1994 "Dry County" 2 1(6sem.) 1(2sem. 1(2sem.) 33 1(3sem.) Keep the Faith
1994 "Always" 2 45 1(4sem.) 1(3sem.) 1(2sem.) 1(12sem) Cross road
1994 "Someday I'll Be Saturday Night" 23 12 10 7 12 9 Cross Road
1994 "Please Come Home for Christmas" 98 87 23 7 70 43 A Very Special Christmas, Vol. 2
1995 "This Ain't a Love Song" 14 1 4 1 22 1 These Days
1995 "Something For The Pain" 26 11 14 8 98 89 These Days
1995 "Lie to Me" 28 3 10 10 4 4 These Days
1996 "These Days" 2 2 38 1 1 1(2sem.) These Days
1996 "Hey God" 70 2 5 13 6 2 These Days
1999 "Real Life" - - 52 21 - - EDtv (banda sonora)
2000 It's My Life 3 1(2sem.) 1(4sem.) 1(3sem.) 1(4sem.) 1(8sem.) Crush
2000 "Say It Isn't So" - - 9 10 - 12 Crush
2000 "Thank You for Loving Me" 57 40 34 12 15 2 Crush
2000 "One Wild Night" 23 23 35 10 2 1 Crush
2002 "Everyday" 3 31 5 1 1 1 Bounce
2002 "Misunderstood" 23 2 33 21 64 17 Bounce
2003 "All About Lovin' You" 56 88 31 9 12 1 Bounce
2003 "Bounce" 3 39 4 2 3 1 Bounce
2005 "Have A Nice Day" 53 38 8 6 24 1 Have A Nice Day
2005 "Who Says You Can't Go Home" 1(2sem.) 2 1(2sem.) 1 1 1(2sem.) Have A Nice Day
2005 "Welcome To Wherever You Are" 43 - 12 - - 4 Have A Nice Day
2007 "(You Want To) Make A Memory" 27 - 32 3 5 3 Lost Highway

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]