Cinderella (filme de 1950)

Esta páxina está semiprotexida
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cinderella»)

Cinderella
Ficha técnica
Título orixinalCinderella
DirectorClyde Geronimi
Hamilton Luske
Wilfred Jackson
ProdutorWalt Disney
GuiónKen Anderson
Perce Pearce
Homer Brightman
Winston Hibler
Bill Peet
Erdman Penner
Harry Reeves
Joe Rinaldi
Ted Sears
Baseado enCincenta de Charles Perrault
IntérpretesIlene Woods
Eleanor Audley
Verna Felton
Rhoda Williams
James MacDonald
Luis Van Rooten
Don Barclay
Mike Douglas
Lucille Bliss
MúsicaPaul J. Smith
Oliver Wallace
MontaxeDonald Halliday
EstudioWalt Disney Productions
DistribuidoraRKO Radio Pictures
Estrea1950
Duración72 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAnimación, Infantil
Orzamento$3 000 000
Na rede
http://princess.disney.com/cinderella/movies
IMDB: tt0042332 Filmaffinity: 807711 Allocine: 38826 Rottentomatoes: m/cinderella Mojo: cinderella1950 Allmovie: v9656 TCM: 70937 Metacritic: movie/cinderella-1950 TV.com: movies/cinderella-1950 Netlix: 60010233Editar o valor em Wikidata

Cinderella ou A Cincenta é un clásico filme de animación, baseado no relato de Charles Perrault: Cincenta. É o duodécimo filme producido pola Walt Disney Pictures, estreado o 15 de febreiro de 1950, e distribuído pola RKO Radio Pictures nos cines dos Estados Unidos. O filme inclúe cancións coma "A Dream Is a Wish Your Heart Makes", "Bibbidi-Bobbidi-Boo", "So This Is Love", "Sing Sweet Nightingale", "The Work Song", e "Cinderella." As cancións foron escritas e compostas por Mack David, Al Hoffman, e Jerry Livingston. O filme é dirixido por Clyde Geromini, Wilfred Jackson, e Hamilton Lusk.

Sinopse

Cincenta é unha fermosa moza que, despois da morte do seu pai é forzada a facer de serva da súa madrasta e das súas fillas que a explotan, mentres elas desbalden a fortuna do seu falecido pai. Un día, chega un convite para unha gran festa que ía ofrecer o príncipe, e Cincenta ve unha oportunidade para se poder sentir como as outras rapazas da súa idade. Coa máxica axuda da súa fada madriña consegue ir ao baile e cae namorada do príncipe, mais ás doce da medianoite vese na obriga de volver a casa deixando o príncipe. Este que tamén se namorou da bélida Cincenta realiza unha pescuda para a atopar grazas ao zapatiño de cristal que deixou esquecido na súa pronta fuxida, indo por todo o reino probándollo ás raparigas casadeiras. Após descubrir que o zapatiño pertencía a Cincenta, xa que ás outras mozas non lles serviu, ambos os dous casan e rematan felices para sempre.

Personaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas