Aerosmith

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aerosmith
Aerosmith B.jpg
A banda en vivo no National Mall en Washington D.C. no 2003
Orixe Boston, Massachusetts, Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período 1970 - actualidade
Xénero(s) hard rock, blues-rock, heavy metal
Selo(s) discográfico(s) Columbia Records, Geffen Records, MCA Records e Sony BMG
Membros Steven Tyler
Joe Perry
Tom Hamilton
Brad Whitford
Joey Kramer
Antigos membros Ray Tabano, Jimmy Crespo, Rick Dufay
Na rede
Aerosmith.com

Aerosmith é unha banda de Hard Rock estadounidense formada por Steven Tyler (voz, teclado e harmónica), Joe Perry (guitarra e coros), Brad Whitford (guitarra), Tom Hamilton (baixo) e Joey Kramer (batería) a principios da década dos anos 70.

Influencias[editar | editar a fonte]

Musicalmente foron influenciados por bandas como Led Zeppelin, Deep Purple, Cream, The Yardbirds, The Rolling Stones e outras moitas, todas pertencentes á segunda xeración de rock británico. Podería dicirse que o que comezou con Elvis Presley, tivo o seu florecimiento intercontinental cos Beatles e os Rolling Stones. Logo bandas como Black Sabbath e Led Zeppelin levaron o concepto un pouco máis aló, e os herdeiros norteamericanos, os receptores desa devolución musical foron Aerosmith. Un son e actitude que caían nalgún lugar entre o Rock & Roll e o Heavy Metal. Eran un reflexo do que estaba ocorrendo na escena británica por aquel entón. Tyler dixo "You gotta fake it 'till you make it" (algo así como "tes que copialo ata que o logres"). É por esta razón que nos primeiros discos da banda as influencias pódense percibir facilmente. De todas as maneiras, non tardaron en crear o seu propio estilo.

Con discos como Toys in the Attic en 1975, e principalmente con Rocks en 1976 (para algúns un dos mellores discos de Hard Rock de todos os tempos) consolidaron o seu status, o que lles permitiu encabezar numerosos recitais, concertos e festivais por todo o mundo.

A época escura[editar | editar a fonte]

O grupo atravesou unha época escura por culpa das drogas, o alcohol e as continuas discusións entre algúns dos seus compoñentes. Isto último provocou a saída, primeiro do guitarrista Joe Perry e máis tarde de Brad Whitford. Con Joe Perry non soamente se perdeu o seu talento musical, senón tamén a súa fonte creativa, xa que era coautor da maioría das cancións do grupo. Joe formou The Joe Perry Project, coa que editou 3 LP's: Let The Music Do The Talking, Once a Rocker, Always a Rocker e I've Got The Rock & Rolls Again.

Todas as formacións de Aerosmith
Formación I
(1969-1970)
Formación II (clásica)
(1971-1979)
Formación III
(1979-1980)
Formación IV
(1981-1984)
Formación II (clásica) reunida
(1984-actualidade)

Brad Whitford uniuse ao guitarrista de Ted Nugent, Derek St. Holmes, con quen editou o disco Whitford/St. Holmes. Cabe destacar que a figura de Whitford quedou sempre eclipsada pola de Joe Perry. Todo isto pese a que Brad era un excelente guitarrista e ocupábase dunha gran parte dos sos nas cancións de Aerosmith.

Jimmy Crespo e Rick Dufay chegaron para encher o baleiro de guitarras deixado na banda, e en 1982 sae ao mercado un novo disco, Rock in a Hard Place, do cal non se vendieros demasiadas copias. Máis tarde Brad únese ao Joe Perry Project e tocan xuntos en varios shows en vivo. O día de San Valentin de 1985, Joe Perry e Brad Whitford visitan aos seus ex compañeiros de Aerosmith no backstage e logran unha reconciliación (en parte grazas ao traballo das súas respectivas esposas), reuníndose de novo coa banda e iniciando o Back in the Saddle Tour.

O reencontro co éxito[editar | editar a fonte]

De aí en diante, Aerosmith foi progresivamente reencontrándose co éxito comercial, que foi da man dun renacer artístico, no que a creatividade se refire. Discos como Permanent Vacation, Pump e o seu auto-versión de Walk This Way xunto RUN-DMC, volveron colocalos en postos destacables das listas de vendas.

Catro anos logo de editar Pump (1989), sae á venda Get a Grip, disco que se atopou con críticas moi diversas. O disco contiña, por unha banda, cancións como "Eat the Rich", "Fever", "Gotta Love It", "Line Up", que eran Aerosmith puro, sen adulterar, e polo outro cancións como "Crazy" e "Cryin'" que aínda que foron un éxito nas radios e listas de moitos países do mundo, non fixeron máis que relacionar eternamente á banda con esa imaxe de "grupo que compón baladas". Sen poñer en dúbida a calidade destas últimas cancións, isto fixo que unha parte dos seguidores da banda se despegaran deles. E novamente apareceu a "xeración MTV" para encher o baleiro. Nesta época, Aerosmith tivo críticas negativas alegando que se pasaran ao Pop para ser máis comerciais.

A Get a Grip seguíronlle varios discos. Nine Lives (1997), Just Push Play (2001), varias compilaciones de grandes éxitos e en 2004 Honkin' on Bobo, que é unha compilación de covers de blues máis un tema orixinal da banda ("The Grind").

En 1998 encabezaron a banda sonora orixinal da película Armageddon (coprotagonizada pola filla de Steven Tyler, Liv Tyler) coa canción "I don't want to miss a thing" (Composta por persoas alleas á banda só para a película), "What Kind Of Love Are you On" (Descarte de Nine Lives), "Come Together" e "Sweet Emotion".

Joe Perry editou a principios de 2005 un disco en solitario titulado Joe Perry, con temas e material que levaba amasando desde 1997. Este tema serviu para que Perry fose nomeado ao Grammy polo tema "Mercy". Tamén en 2005, a banda de Boston regresa ás bateas cun novo disco en vivo, titulado Rockin' The Joint, gravado no Hard Rock Hotel de Las Vegas con anterioridade ao lanzamento do disco de blues Honkin' On Bobo do 2004, polo que non inclúe ningunha canción deste.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Gems 1988
  • Pump - 1989
  • Pandora's Box - 1991
  • Get a Grip - 1993 (Geffen)
  • Big Ones - 1994
  • Nine Lives - 1997
  • A Little South Of Sanity 1998
  • Just Push Play 2001
  • Young Lust: The Aerosmith Anthology 2001
  • O yeah!: Ultimate Aerosmith Hits 2002
  • Honkin' On Bobo 2004
  • Rockin' The Joint 2005
  • Devil's Got a New Disguise (Recompilatorio) 2006

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aerosmith