Avenida de Monelos (A Coruña)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°20′52″N 8°24′08″O / 43.347779948687, -8.4022928303682

Avenida de Monelos
Tipoloxíaavenida
Localización
InicioRúa Cabaleiros
FinEstrada de Eirís

A avenida de Monelos é unha rúa da Coruña situada no barrio homónimo da cidade.

Historia[editar | editar a fonte]

Monumento ao río de Monelos, situado nun extremo da avenida

A avenida foi na súa orixe o camiño a Santiago.[1] Entre 1931 e 1936 denominouse avenida dos Mártires de Carral,[2] ata que se cambiou polo nome actual polo núcleo de poboación e o río que atravesaba.

Nesta rúa naceu e residiu o médico Rodríguez.[3]

No número 23 tivo a súa sede o Liceo de Artesanos de Monelos.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Na avenida de Monelos localízanse os edificios coñecidos como Torres dos Mariñeiros.[4]

A rúa bordea o Barrio das Flores.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]