Arturo Toscanini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arturo Toscanini
Toscanini5.jpg
Nome completo Arturo Toscanini
Naceu 25 de marzo de 1867
Orixe Parma, Reino de Italia Flag of Italy (1861-1946).svg.
Morreu 16 de xaneiro de 1957
Riverdale (Nova York), Estados Unidos Italia
Ocupación (s) Director de orquestra
Xénero Ópera e música sinfónica
Relacionado con Teatro alla Scala, Metropolitan Opera
Tempo en activo 1886 - 1954

Arturo Toscanini, nado en Parma o 25 de marzo de 1867 e finado o 16 de xaneiro de 1957, foi un músico italiano, considerado por moitos dos seus contemporáneos como un dos meirandes directores de orquestra da época.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Toscanini iniciou a súa formación musical en Parma ao gañar unha bolsa para o conservatorio local, no que estudou cello. Tras os seus estudos, uniuse á orquestra dunha compañía de ópera coa que realizou unha xira por Sudamérica. Mentres representaban Aida en Río de Janeiro en 1886, o director da orquestra foi apupado polo público e obrigado a abandonar o escenario. Toscanini, afortunadamente, colleu a batuta animado polo resto de músicos comezando así, con 19 anos, a súa carreira como director.

En 1898, converteuse en director residente de A Scala de Milán, onde permaneceu ata 1908 e á que volvería nos anos 20. Ademais pasou polo Metropolitan Opera de Nova York (1908 - 1915) e Bayreuth (1930 - 1931), dirixindo tamén a New York Philharmonic Orchestra (1926 - 1936) e no Festival de Salzburgo (1934 - 1937).

Radicalmente oposto aos réximes fascistas de Alemaña e Italia, abandonou Europa para dirixirse aos Estados Unidos. Alí fundouse en 1937 a Orquestra Sinfónica da NBC para el e con ela actuou con regularidade ata 1954 na Radio Nacional. As súas actuacións convertérono no primeiro director de orquestra estrela dos modernos medios de comunicación de masas. A súa actividade como director de actuacións en directo para a radio continuou ata a súa retirada.

Toscanini era famoso polas súas interpretacións de Beethoven e Verdi. Realizou numerosas gravacións, especialmente cara ao final da súa carreira, a maioría delas publicadas, a máis diso, as numerosas gravacións dispoñibles das súas interpretacións para a radio.

Obra[editar | editar a fonte]

Para a maioría das recompilacións da súa obra, as súas mellores gravacións son as seguintes:

  • Beethoven, Sinfonía nº 3 (1953, NBC Symphony; algúns prefiren a gravación de 1939).
  • Beethoven, Sinfonía nº 7 (1936, Philharmonic-Symphony of New York)
  • Beethoven, Sinfonía nº 9 (1952, NBC Symphony)
  • Berlioz, Romeo e Xulieta (1947, NBC Symphony)
  • Brahms, Sinfonía nº 1 (1951, NBC Symphony)
  • Brahms, Sinfonía nº 2 (1952, NBC Symphony)
  • Brahms, Sinfonía nº 4 (1951, NBC Symphony)
  • Debussy, La Mer (1950, NBC Symphony)
  • Dvořák, Sinfonía nº 9 (1953, NBC Symphony)
  • Puccini, La Boheme (1946, NBC Symphony)
  • Mozart, A frauta máxica (1937, Festival de Salzburgo; pobre calidade sonora)
  • Schubert, Sinfonía nº 9 (1953, NBC Symphony; algúns prefiren a gravación de 1941, Philadelphia Orchestra)
  • Verdi, Requiem (1940, NBC Symphony; o son é mellor na gravación de 1951, NBC)
  • Verdi, Falstaff (1937, Festival de Salzburgo; o son é mellor na gravación de 1950, NBC)
  • Verdi, Otelo (1947, NBC Symphony; considerada por moitos como a máis perfecta gravación dunha ópera xamais realizada)
  • Wagner, Die Meistersinger (1937, Festival de Salzburgo; pobre calidade sonora)