Festival de Salzburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O festival de Salzburgo é un importante festival de música e teatro, que se leva a cabo na cidade austríaca de Salzburgo, vila natal de Wolfgang Amadeus Mozart. Está considerado un dos festivais de música e teatro máis concorridos do mundo.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro destes festivais tivo lugar en 1877 pero logo descontinuouse en 1910.

En 1918, ao rematar a primeira guerra mundial, a idea de realizar un festival ao redor da figura de Mozart foi retomada, da man do poeta e dramaturgo Hugo von Hofmannsthal, o compositor Richard Strauss, o director Max Reinhardt e o director de orquestra Franz Schalk.

O obxectivo principal do festival durante estes primeiros anos era, non só celebrar a figura de Mozart, senón tamén xuntar fondos para a construción dun teatro do festival. En 1927 foi inaugurado o Festspielhaus (teatro do festival), un teatro de ópera.

O repertorio musical concentrábase principalmente nas obras de Mozart e Strauss, pero outros traballos como os clásicos de Viena, Fidelio de Beethoven, ou a ópera bufa italiana tamén foron representados.

Máis adiante foise agregando máis diversidade ás realizacións presentadas, como Tristán e Isolda de Wagner e tamén Falstaff de Verdi.

Desde 1934 ata 1937, Toscanini dirixiu un gran número de representacións.

Cando o partido nazi chegou ao poder en Alemaña, o festival adquiriu un novo rol, xa que recrutaba a aqueles artistas que eran perseguidos polo goberno de Hitler. Este rol viuse logo reducido entre 1938 e 1944, pois unha gran cantidade destes artistas atopábase exiliada, ou prefería non facer presentacións baixo o réxime nazi. A pesar de todo, os organizadores lograron que o festival se seguise realizando durante toda a segunda guerra mundial.

A partir de 1946, o festival de Salzburgo comezou a converterse nun símbolo da identidade cultural de Austria. Incluíndo polo menos unha ópera do século XX en todas as súas edicións, e promovendo a innovación musical a través da inclusión de novos directores e compositores nos repertorios.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]