Ananás
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa botánica que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
O ananás (
pronunciación (axuda · info)) ou piña (Ananas comosus) é unha planta tropical da familia bromoliaceae e o seu froito, orixinario de Brasil, Bolivia e Paraguai. A palabra ananás procede do tupí e significa froito excelente, mentres que se denomina tamén piña por recordar o seu froito o do piñeiro.
A planta ten 30 ou máis follas espiñentas e acabadas en punta arrodeando un talo groso. Os seus polinizadores naturais son os colibrís.
Os holandeses foron os primeiros en cultivalos en Europa no século XVII e os portugueses levan o seu cultivo á India e Xava, propagándose por toda Asia Oriental. En Hawaii introdúcese en 1790, e hoxe é o principal produtor do mundo.