Albert Dalmau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Albert Dalmau
Información persoal
Nome Albert Dalmau Martínez
Nacemento 16 de marzo de 1992 (32 anos)
Lugar de nacemento provincia de Xirona
Altura 1,73 m
Posición Defensa
Información de club
Club actual Córdoba
Carreira xuvenil
Sils CF
2005–2011 Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2010–2011 Barcelona B 3 (0)
2011–2013 Valencia B 47 (1)
2013–2014 Cádiz 14 (1)
2014–2015 Lugo 23 (0)
2015– Córdoba 0 (0)
Selección nacional
2008 España sub-16 3 (1)
2008–2009 España sub-17 23 (0)
2010 España sub-19 3 (0)
Na rede
FIFA: 313382 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 20 de abril de 2015editar datos en Wikidata ]

Albert Dalmau Martínez, nado o 16 de marzo de 1992 en Sils, Xirona, é un futbolista profesional catalán que xoga de lateral dereito no Club Deportivo Lugo da Segunda División.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Albert Dalmau, nado en Sils, Cataluña, comezou a xogar ao fútbol no equipo da súa vila natal, trasladándose con 13 anos a La Masia, polo que pasou formar parte das categorías inferiores do FC Barcelona. Alí permaneceu onde permaneceu até o ano 2011, debutando como júnior no FC Barcelona B da Terceira división o 9 de maio de 2010, nun partido ante o Orihuela CF, que rematou con vitoria blaugrana por 1–2. Ese mesmo ano o Brcelona B regresaría á Segunda División B logo dunha ausencia de 11 anos. Entre 2008 e 2010 foi internacional coa selección española en categorías inferiores (Sub-17, Sub-18 e Sub-19), onde conseguiu acadar o terceiro posto no Mundial Sub-17 de 2009 de Nixeria.

Nos seus primeiro anos Damau xogaría na posición de central, aínda que posteriormente sería trasladado á posición de lateral dereito con vocación ofensiva.[1] Foi ademais convocado co primeiro equipo do "Barça", entón adestrado por Josep Guardiola, dúas xornadas de Liga de Primeira División, fronte o Getafe CF e o Atlético de Madrid. Debutou co primeiro equipo finalmente nun amigábel en Wembley en 2009, facendo a pretempada dese ano e despois a do seguinte curso por Asia.[2] Con todo, a titularidade de Martín Montoya, levou ao xogador catalán a cambiar de aires e fichar polo Valencia CF B, onde pasou dúas temporadas xogando na Segunda División B. No ano 2013 Dalmau asinaría co Cádiz CFda mesma categoría, onde pasaría un ano máis. Na tempada 2014-15, asina contrato por dous anos na Segunda División co CD Lugo. Tras non gozar de protagonismo co equipo galego, club e xogador deciden rescindir o contrato, asinando libre polo Córdoba CF.

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Categoría Ano PX Goles
FC Barcelona B Segunda B 2009-2010 1 0
FC Barcelona Primeira 2009-2010 0 0
FC Barcelona B Segunda 2010-2011 2 0
Valencia CF B Segunda B 2011-2012 15 0
Valencia CF B Segunda B 2012-2013 32 1
Cádiz CF Segunda B 2013-2014 14 1
Lugo Segunda 2014-2015 23 0
Córdoba Segunda 2015-2016

Títulos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Albert Dalmau, un fichaje de lujo para el lateral derecho
  2. "Fichaje de albert Dalmau". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2014. Consultado o 19 de xuño de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]