Katy Perry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Katy Perry, 2012.

Katheryn Elizabeth Hudson, nada o 25 de outubro de 1984 en Santa Bárbara, California, é unha cantante, compositora e bailarina estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Katy Perry é a filla mediana de dous pastores evanxélicos, tendo unha irmá maior e un irmán menor.

Katy Perry comezou a cantar na súa igrexa desde os nove até os dezaseis anos. Perry, medrou escoitando música gospel. Asistiu a escolas cristiás e campamentos. Como un pícara calquera, Katy Perry, aprendeu a bailar nunha sala de Santa Bárbara. Ela estivo a cargo de bailaríns e comezou co swing, Lindy Hop, e jitterbug. Ao cabo, decidiu abandonar a escola para seguir unha carreira na música. Recibiu así mesmo clases de canto e durante un tempo estudou ópera italiana.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de Estudio
EPs
  • Ur So Gay (2004)
  • The Hello Katy Australian Tour EP (2009)
Outros Discos
  • Katy Perry (2004)
  • The Matrix (2004)
Tours
  • Hello Katy Tour (2009)
  • California Dreams Tour (2011-2012)